Blogia

vgomez

TAL DÍA COMO HOXE: 9 DE MARZO...

1796 Casan en Francia Napoleón Bonaparte e Xosefina de Beauharnais.

1831 En Francia créase a Lexión Estranxeira.

1842 Estréase a ópera de Giuseppe Verdi Nabucco, na Scala de Milán.

1873 En Canadá fúndase a Real Policía Montada.

1959 Ponse en venda Barbie, a boneca máis famosa do mundo.

1961 O Sputnik 9 leva á cadela Chernushka ao espazo.

FONTE: hoyenlahistoria,com    Imaxes: bbc.com e bogue.mx

HUMOR REAL: ESTAMOS OU NON ESTAMOS?

A viñeta de Davila (Luis Davila, Bueu-Pontevedra, 1972), publicada no Faro de Vigo, saca punta da situación bélica no conflito do Oriente Próximo e na participación de España neseconflito. 

Pero estamos ou non estamos? Esa é a cuestión!

CANTO SABES DE NEPAL? V

Continúo coa serie adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.

A contestación correcta á pregunta de onte é 30 millóns de habitantes. Exactamente 29,629,409 millones de habitantes (2025).

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal destas bandeiras é a de Nepal?

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e populationpyramid.net/es   Imaxes : populationpyramid.net/es e es.wikipedia.org

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo de 2026, únete a mulleres e nenas de todo o mundo para esixir igualdade de dereitos e tamén unha xustiza que garanta que estes dereitos cúmpranse, exerzan e gocen.

Hoxe en día, ningún país pechou as brechas legais entre homes e mulleres. Actualmente, as mulleres só teñen o 64% dos dereitos xurídicos dos que gozan os homes en todo o mundo. En áreas fundamentais da vida, como o traballo, o diñeiro, a seguridade, a familia, a propiedade, a mobilidade, os negocios e a xubilación, a lei prexudícaas sistematicamente.

É algo polo que homes e mulleres temos que loitar!

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXCIV

VERTICAIS: 1. TEHERÁN 2. CHIPRE 3. MONLLO 6. CHEDEIRO.

HORIZONTAIS: 4. REXO 5. ALFOZ 6. COPERNICIO 8. TENCA 9. ADELFA 10. ORMUZ.

Máis cultura xeral!

TAL DÍA COMO HOXE: 8 DE MARZO...

1126 En España, Alfonso VII é proclamado rei de Castela e de León, tras a morte da súa nai Pega.

1820 Fernando VII, xura a Constitución española de 1812 e suprime a Inquisición.

1921 Á saída do Congreso dos Deputados (en Madrid) é asasinado o presidente do Goberno, Eduardo Dato.

1933 No Teatro Beatriz de Madrid, Federico García Lorca estrea o seu drama Vodas de sangue.

1943 Desde Roma, Juan de Borbón e Battenberg, herdeiro do trono español, escribe unha carta ao xeneral Franco na que expresa o seu desexo dun rápido retorno á monarquía, simbolizada na súa persoa.

1971 En Nova York, Cassius Clay é derrotado polo campión do mundo de boxeo dos pesos pesados, Joe Frazier.

1977 A ONU proclamou o 8 de marzo como Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: eldebate.com e historia.com

CANTO SABES DE NEPAL? IV

Continúo coa serie adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.

A contestación correcta á pregunta de onte é 150.000 km². Exactamente 147.181 km². A modo comparativo, para que teñas unha idea, unha extensión similar a de Bangladés (148.460km²) e menos do dobre de Castilla-A Mancha (79.500 km²).

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é, aproximadamente, a poboación de Nepal?

- 25 millóns de habitantes

- 30 millóns de habitantes

- 35 millóns de habitantes

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes :mapas-del-mundo.net e guiaparaviajeros.com

CANTO SABES DE NEPAL? III

Continúo coa serie adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.

A contestación correcta á pregunta de onte é Katmandú. Localízase no val de Katmandú no Nepal central, próxima ao río Vishnumati, a 1370 metros de altitude. É a única cidade do país co status administrativo de Mahanagar (cidade metropolitana). En 2025 tiña unha poboación de 1,5 millones habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é, aproximadamente, a extensión de nepal?

- 100.000 km2

- 125.000 km2

- 150.000 km2

- 175.000km2

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: mundo-albergues.com e greattibettour.com