Blogia

vgomez

#DígochoEu: Como se escribe

 

Unha seguidora pregúntanos como se escribiría correctamente "padiante". Aí vai a explicación de Esther estévez!

#DígochoEu

XEROGLÍFICO XXXIII

A solución do xeroglífico do día anterior é: A ROSA.

(imaxe) ARO + S + (vogal) A

E imos coa proposta de hoxe!

Mañá a solución e un novo xeroglífico!

FONTE: Adaptación propia de ogalego.eu

ECLIPSE SOLAR EN MARTE

 

O rover Perseverance da NASA, a través do seu sistema de cámaras Mastcam-Z, acaba de capturar un vídeo de Fobos, unha das dúas lúas de Marte, eclipsando o Sol. Segundo a axencia estadounidense é o vídeo máis ampliado dunha eclipse solar de Fobos ata o momento, e coa velocidade de fotogramas máis alta da historia.

O vídeo capturouse o 2 de abril e durou pouco menos de 40 segundos, moito menos do que adoita durar un eclipse solar que involucre á Lúa da Terra. Estas observacións poden axudar os científicos a comprender mellor a órbita do satélite e como a súa gravidade atrae a superficie marciana, o que dá forma á cortiza e o manto do planeta vermello.

As imaxes son as últimas dunha longa historia de naves espaciais da NASA que capturan eclipses solares en Marte. En 2004, os rovers xemelgos da NASA, Spirit e Opportunity, tomaron as primeiras fotografías de Fobos con lapso de tempo durante unha eclipse solar. Curiosity continuou a tendencia con vídeos tomados polo seu sistema de cámara Mastcam.

FONTE: gciencia.com

#DígochoEu: Imos de concerto! (Concurso)

 

Moito artista hai no CEIP Plurilingüe San Clemente de Caldas! Falamos de orquestras e de concertos con eles para aprender unha chea de palabras!

#DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO C

VERTICAIS: 1. Ferrol 3. Albacora 5. Zugspitze 9. Maside.

HORIZONTAIS: 2. Torrada 4. Enol 6. Braga 7. Sístole 8. Arraianos 10. Camberra.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO C

VERTICAIS: 1. Cidade galega, da provincia da Coruña, onde o Venres Santo, se celebra a procesión dos caladiños 3. Peixe mariño da familia dos escómbridos, semellante ao bonito, pero de menor tamaño, carne máis branca e aletas pectorais de maior lonxitude, do que existen varias especies e de nome científico Thunnus alalunga 5. Nome da montaña máis alta de Alemaña, con 2.962 metros, situada na cadea dos Alpes, no macizo de Wetterstein, nos Alpes bávaros  9. Apelido do pintor galego, nado en San Xulián (Pontecesures) o 16 de marzo de 1897 e finado en Santiago de Compostela o 10 de xuño de 1958, que conxugou na súa obra o cubismo, o realismo máxico e o expresionismo, polo que rematou sendo unha importante referencia para as vangardas pictóricas galegas.

HORIZONTAIS: 2. Rebanda de pan empapada en leite e ovo, frixida e azucrada, que foi un dos doces típicos da pasada Semana Santa 4. Nome dun pequeno lago de montaña do norte de España, localizado nos Picos de Europa, na cordilleira Cantábrica 6. Nome da cidade portuguesa situada no norte do país, sendo a terceira cidade máis poboada do país tras de Lisboa e Porto 7. Contracción do tecido muscular do corazón 8. Título da novela de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicada en 1991, situando a súa trama na raia (fronteira con Portugal) 10. Capital de Australia.

XEROGLÍFICO XXXII

A solución do xeroglífico do día anterior é: REMANDO

(nota musical) RE+ MAN + (nota musical) DO

E imos coa proposta de hoxe!

Mañá a solución e un novo xeroglífico!

FONTE: Adaptación propia de ogalego.eu

#DígochoEu: Non digas *garantízocho

 

En galego non podemos *garantizar nada porque ese verbo é incorrecto.

#DígochoEu