Blogia

vgomez

DETECTAN UNHA FORTE EXPLOSIÓN DUNHA ESTRELA VAMPIRO

 

A primeira explosión da estrela nova RS Ophiuchi aconteceu o 8 de agosto de 2021. Dende ese momento, investigadores do CSIC activaron un amplo dispositivo de seguemento da erupción. O 9 de agosto comezaron as observacións da nova mediante o sistema de telescopios cherenkov da colaboración MAGIC, ubicados no Observatorio del Roque de los Muchachos (La Palma).

A erupción de RS Ophiuchi é un evento moi raro no ceo en raios gamma: é a nova máis luminosa e co fluxo máis alto detectada en raios gamma ata a data, e observámola xusto a tempo”, comenta Rubén López-Coto, investigador do CSIC no Instituto de Astrofísica de Andalucía e un dos líderes do estudio publicado en Nature Astronomy. Tanto as observacións na Palma, a rapidez coa que reaccionaron os investigadores e a colaboración MAGIC, como a alta sensibilidade dos seus telescopios, foron de gran axuda na detección da nova a cen mil millóns de veces maiores que a luz visible.

As novas son fenómenos estelares explosivos que se producen en sistemas binarios de estrelas nos que unha das compoñentes é unha anana branca (o denso núcleo dunha estrela de tipo solar que se expulsou da súa atmosfera). Esta anana branca ‘vampiriza’ o material da súa estrela compañeira, que se acumula e forma unha capa de hidróxeno superficial.

Ao alcanzar certa masa crítica, desencadéase unha explosión que fai aumentar en miles de veces o seu brillo e expulsa as capas externas a velocidades de miles de kilómetros por segundo. Cando pasa un tempo, o sistema estabilízase e o proceso de acumulación de materia sobre esta anana branca retómase. Este proceso aconteceu na nova recurrente RS Ophiuchi, cuxa última explosión mostra unha inédita emisión en raios gamma moi enerxéticos.

O grupo de investigación comprobou que a explosión foi tan enerxética que puido producir fortes ondas de choque no medio que rodeaba o sistema estelar, encargadas de acelerar as partículas subatómicas do medio interestelar ata velocidades cercanas ás da luz.

No caso específico da nova RS Ophiuchi 2021, as observacións de MAGIC e doutros telescopios revelaron que os raios gamma de moi alta enerxía son producidos por protóns, partículas cargadas positivamente que consitúen os núcleos de átomos de hidróxeno. A pesar de que as erupcións de novas son menos enerxéticas que as das supernovas, nas que a estrela morre na explosión, tamén son máis frecuentes. Os resultados do grupo da colaboración MAGIC e os seus compañeiros, indicaron que a maioría dos raios cósmicos que permean na Vía Láctea, xéranse noutras forntes, as novas poden ser aceleradores de protóns moi eficientes.

FONTE: gciencia.com

DÍA DA TERRA

Día da Terra, 22 de abril de 2022 / ucsp.edu.pe

Hoxe, e dende o 22 de abril de 1970, celebrase o Día da Terra, sendo unha boa ocasión para reflexionar sobre a situación do noso planeta e a imperiosa necesidade de restablecer o equilibrio ecolóxico perdido.

A primeira reflexión é de Gary Sherman Snyder (San Francisco, 1930), poeta e activista estadounidense.

 “A natureza non é un lugar para visitar. É o fogar

A segunda reflexión é Mahatma Gandhi (Porbandar, 1869 - Nova Delhi, 1948), líder pacifista indio.

A terra prové o suficiente para satisfacer as necesidades de cada home, pero non a avaricia de cada home

A terceira reflexión é de Thomas Fuller (Northamptonshire, 1609 - Londres, 1661), clérigo e historiador inglés,

 “Nunca recoñeceremos o valor da auga ata que o pozo estea seco

A cuarta e última, de Félix Rodríguez de la Fuente (Poza de la Sal, 1929 - Alaska, 1980), naturalista español.

 “Hai que facer algo para protexer a unha Nai que non se queixa, que nos deu todo o que temos, e á que estamos a matar!"

O futuro da Terra está nas nosas mans!

XEROGLÍFICO XXXI

A solución do xeroglífico do día anterior é: CADEIRA DE RODAS.

CADEIRA + (son D) DE + RODA + S

E imos coa proposta de hoxe!

Mañá a solución e un novo xeroglífico!

FONTE: Adaptación propia de ogalego.eu

#DígochoEu: Non digas liñas *discontinuas

 

Se estás preparando o carné de conducir, toma nota deste concepto!

#DígochoEu

O ACHADO DUN NOVO PTEROSAURIO RESOLVE O MISTERIO DAS SÚAS PLUMAS

Recreación dun xénero de pterosaurio, o pterodactylus / GETTY/rtve.es

Un equipo internacional de paleontólogos descubriu novas e importantes probas de que os pterosaurios, os parentes voadores dos dinosauros, tiñan plumas e eran capaces de controlar a cor das mesmas utilizando  pigmentos de melanina.

O estudo, publicado na revista Nature, baséase na análise dun cranio fosilizado de 115 millóns de anos de antigüidade do pterosaurio Tupandactylus imperator, procedente do nordés de Brasil.

Esta especie de pterosaurio é famosa pola súa estraña e enorme crista. Nela, os investigadores acharon un bordo difuso de plumas, con algunhas curtas e  peludas e outras  ramificadas e  esponxosas.

"Non esperabamos ver isto en absoluto", recoñeceu unha das paleontólogas que dirixiu o estudo, Aude Cincotta. Durante décadas, os expertos discutiron sobre se estes animais tiveron ou non plumas, pero agora o novo espécime pechou definitivamente o debate, "xa que están claramente ramificadas ao longo de toda a súa lonxitude, como as aves actuais".

O equipo estudou as plumas con microscopios electrónicos de alta potencia, grazas aos que atopou melanosomas conservados, gránulos do pigmento melanina. Inesperadamente, o novo informe mostra que os melanosomas dos distintos tipos de plumas teñen formas diferentes.

"Nas aves actuais, a cor das plumas está fortemente ligado á forma dos melanosomas", explica, pola súa banda, a tamén coordinadora Maria McNamara. Por iso, e como as dos pterosaurios eran de distintas formas, "debían ter a maquinaria xenética para controlar as cores das súas plumas".

Os pterosaurios poderían usar esta característica para exhibirse diante de compañeiros e rivais. Así mesmo, e segundo os científicos, o fósil demostra que a orixe das plumas atópase nun devanceiro tanto dos dinosauros como dos pterosaurios.

Os pterosaurios, que conviviron cos dinosauros hai entre 230 e 66 millóns de anos, atópanse entre os seus parentes máis próximos e son os primeiros vertebrados coñecidos en lograr un voo propulsado.

Crese que as primeiras plumas evolucionaron nalgún momento do Triásico Inferior, cando a vida recuperábase da peor extinción de todos os tempos e pola necesidade de manter a temperatura corporal. De acordo con estudos anteriores, os devanceiros das aves e os dinosauros volvéronse endotérmicos durante o Pérmico e o Triásico Inferior.

FONTE: rtve.es

XEROGLÍFICO XXX

A solución do xeroglífico do día anterior é: MALETA.

(a conta está mal 3x2 non son 7, son 6) MAL + E + TA

E imos coa proposta de hoxe!

Mañá a solución e un novo xeroglífico!

FONTE: Adaptación propia de  lamochililla.blogspot.co

A NEUROCIENCIA DA MEDITACIÓN



A mente de Nazareth Casteláns quedou prendada da idea que “o pai da neurociencia”, Santiago Ramón e Cajal, deixábanos nas súas investigacións: “Todo home pode ser se o propón escultor do seu propio cerebro”. O que ben podería entenderse como un xogo entre a arxila e o seu escultor: observar, moldear, construír e  deconstruir. Coñecer de que está feita a masa do cerebro, cales son os seus hábitos e como funciona “o bosque de neuronas”; son algúns dos seus grandes retos, e probablemente, un dos enigmas do noso tempo: comprender como tan só “un quilo e pouco” fainos diferentes de calquera outro ser vivo sobre o planeta.

A súa obra ‘O espello do cerebro’, reflicte os resultados da práctica meditación que mostran os cambios cerebrais que suceden cando temos unha actitude contemplativa, amable e consciente. Conclusións ás que chega a través da súa experiencia científica en laboratorios, e a súa continua procura de coñecemento en áreas interconectadas como a medicina, a filosofía e a espiritualidade.

Casteláns é Física teórica e doutora en Neurociencia pola Universidade Autónoma de Madrid. Estuda a relación cerebro-corpo, os mecanismos neuronais implicados na atención, a regulación emocional e a práctica da meditación. Así como a influencia do exercicio físico na  microbiota intestinal. Desde hai varios anos dirixe a investigación do laboratorio Nirakara e a Cátedra extraordinaria de Mindfulness e Ciencias Cognitivas da Universidade Complutense de Madrid, e compaxina o seu labor de investigación coa divulgación científica creando espazos de diálogo entre Oriente e Occidente, para promover a unión entre a comunidade científica e a contorna espiritual.

#DígochoEu: Palabras con AEIOU e UOIEA

 

Estivemos na busca de palabras con A E I O U nesa orde e viceversa. Cantas coñecías ti?

#DígochoEu