Blogia

vgomez

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS LXXXIX

Partes do corpo humano!

SOPA DE LETRAS LXXXIX

GORXA          NOZ           ORELLA

CALUGA        QUEIXO     MANDÍBULA

BEIZOS         NARIZ        MEIXELA

FAZULA         TESTA        CARRELO

#DígochoEu: Quen foi a Sevilla perdeu a cadeira?

 

Quen foi a Sevilla, que perdeu? A cadeira?

#DígochoEu

XEROGLÍFICO XVII

A solución a o último xeroglífico: ARMARIO (ARMA + RIO)

E imos coa proposta de hoxe! Tamén sinxelo!

O próximo día a solución e un novo xeroglífico!

FONTE: Adaptación propia, cocolisto.com e epasatiempos.es

XEROGLÍFICO XVI

A solución a o último xeroglífico: DEPORTES (D + POR + TES)

E imos coa proposta de hoxe! Tamén sinxelo!

O próximo día a solución e un novo xeroglífico!

FONTE: Adaptación propia, cocolisto.com e epasatiempos.es

SISTEMA CIRCULATORIO

 

Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.

Neste caso O sistema circulatorio polo físico Javier Santaolalla. El explícanos como funciona desde o punto de vista da física o noso sistema circulatorio humano, onde xoga un papel crave a mecánica de fluídos. O colaborador fala do circuíto pulmonar, que conecta o corazón cos pulmóns, e o circuíto sistémico, que conecta o corazón co resto do corpo. A través de varias demostracións, Javier mostra a relación entre o corazón, o circuíto pulmonar e o periférico, e explica o efecto Windkessel, responsable de que o noso fluxo sanguíneo sexa continuo.

CANCRO

 

Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.

Neste caso Cancro pola Biología, Bioquímica e doutora en Biomedicina, especializada mecanismos moleculares de repa­ración do ADN, epixenética do cancro Helena González Burón.

As nosas células levan programadas instrucións para “quitarse do medio” se acumulan mutacións, polo ben do resto das células: este “suicidio celular” coñécese como apoptose. Cando a célula que acumula mutacións inhibe a súa capacidade de “suicidarse”, empeza a dividirse con fallos no seu ADN: isto é o comezo dun tumor. Helena explica o proceso de crecemento e división incontrolada das células tumorales, a anxioxénese e a metástase.

Actualmente, están a desenvolverse tratamentos que acaban coa capacidade do tumor de replicarse, reactivando a apoptose. Para coñecer máis sobre estes tratamentos, Helena recibe ao Doutor Mariano Barbacid, bioquímico, oncólogo e descubridor do oncoxén KRAS xunto ao seu grupo de investigación de CNIO.


XEROGLÍFICO XV

A solución a o último xeroglífico: ÁSPERA (AS + PERA)

E imos coa proposta de hoxe! Tamén sinxelo!

O próximo día a solución e un novo xeroglífico!

FONTE: Adaptación propia, cocolisto.com e epasatiempos.es