Blogia

vgomez

A CREATIVIDADE É IR POLA VIDA PENSANDO COMO MELLORAR AS COUSAS

 

A mellor herdanza que un avó pode deixar aos seus netos é explicarlles que aprendeu da vida”, sentencia o creativo barcelonés Luís Bassat. Para este mítico publicitario español, a clave da existencia resúmese en que “o verdadeiramente importante é axudar aos demais, especialmente a aqueles que non coñeces”. Aos 79 anos, Luís Bassat está considerado un dos maiores expertos mundiais en creatividade e unha das persoas máis influentes no ámbito da publicidade en España, onde recibiu máis de 400 premios e distincións, entre eles o ‘Premio ao Mellor Publicitario español do século XX’ e o ‘Premio Nacional de Publicidade’ en 2008. A pesar de todo o seu éxito, asegura: “Os valores humanos, como a lealdade e a honestidade, tamén son esenciais na vida profesional”.

En 1975, Luís Bassat Coen fundou a axencia de publicidade Bassat & Asociados, que anos máis tarde se convertería no importante grupo de comunicación ‘Bassat Ogilvy’. É coleccionista e promotor de arte contemporánea, doutor ‘Honoris Causa’ pola Universidade Europea de Madrid e autor de case unha decena de libros de cabeceira sobre publicidade e marcas, como ‘O libro vermello da publicidade’ (1993) ou ‘Confesións persoais dun publicista’ (2008). En 2020 publicou o libro inspiracional ‘Soña como Luther King, fala como Obama, manda sen mandar e se ti mesmo’.

CANTO SABES SOBRE APICULTURA? II

Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.

A contestación correcta á pregunta de onte é 15 días. A abella raíña é unha das tres castes que teñen as abellas melíferas. É a única femia fértil que pon ovos fecundados que dan orixe a abellas obreiras infértiles e pon ovos non fecundados que dan orixe a abellóns fértiles, por un mecanismo denominado partenoxénese.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. As abellas "gaiteiras" son...

- As que guían á raiña dentro da colmea

- As que emiten un son que organiza a saída dun enxame

- As que coidan da cría en estado de larva

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: apiculturaymiel.com          Imaxe: es.wikipedia.org

XEROGLÍFICO XIX (FIN DA PRIMEIRA PARTE)

A solución a o último xeroglífico: CUARTO MINGUANTE

E así remato esta primeira serie de xeroglíficos sinxelos. Pronto unha segunda serie cunha dificultade engadida.

Ata a próxima serie!

FONTE: Adaptación propia, cocolisto.com e epasatiempos.es

#DígochoEu: Non digas que isto é o colmo!

 

Colmo é correcto en galego, pero para queixarte debes usar outras formas!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE APICULTURA?

CANTO SABES SOBRE APICULTURA?

A apicultura é unha actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas. En Europa a abella máis empregada é a do xénero Apis, normalmente Apis mellifera, con diferentes subespecies ou variantes rexionais. A cría e explotación de melipónidos (abellas sen aguillón produtoras de mel) que se da nas rexións tropicais e subtropicais denomínase meliponicultura.

A apicultura é unha actividade fascinante na que nunca se deixa de aprender. Cando alguén cre que xa sabe moito, descobre outra faceta desta actividade que lle resulta completamente nova e pode penetrarse nun territorio totalmente inexplorado. E ti, canto sabes? Propóñoche averigualo! Animaste? Si, pois empezanos!

1. Cantos días tarda en nacer unha raíña?

- 8 días

- 12 días

- 15 días

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: apiculturaymiel.com e expertoanimal.com

SISTEMA NERVIOSO

 

Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.

Neste caso O sistema nervioso polo biólogo especializado en neurociencia Xurxo Mariño. El explícanos explica o funcionamento do sistema nervioso, encargado de regular o comportamento a partir da información que obtén tanto do mundo exterior como do noso propio corpo. Xurxo fálanos do sistema nervioso central (SNC); o sistema nervioso autónomo, que controla as accións involuntarias do noso corpo, como a respiración, a frecuencia cardíaca ou a secreción das glándulas; e os sistemas simpático e parasimpático. A través dunha demostración cun electromiograma, o colaborador calcula a velocidade de condución nerviosa de Edu.

XEROGLÍFICO XVIII

A solución a o último xeroglífico: MIOPE (MI + O + PE)

E imos coa proposta de hoxe! Tamén sinxelo!

O próximo día a solución e remate desta serie!

FONTE: Adaptación propia, cocolisto.com e epasatiempos.es

#DígochoEu: Non iremos a Sevilla, pero temos onde ir

 

Non! Non podemos traducir literalmente e dicir ’quen foi a Sevilla perdeu a cadeira’. Pero en galego hai refráns moi similares que podes empregar no seu lugar e que ata compartimos coa lusofonía!

 #DígochoEu