Blogia

vgomez

#DígochoEu: Non digas que o neno anda *a gatas

 

Andar *a gatas é un castelanismo que hai que evitar! Neste episodio, Esther Estévez cóntanos como dicilo correctamente.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? IX

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Un voitre e unha cobra que simbolizan a soberanía sobre o Alto Exipto e o Baixo Exipto, respectivamente. Tutankamón (c. 1342-c. 1325 a. C.),​ chamado en vida Tutanjatón,​ foi faraón do Antigo Exipto, último monarca da súa familia real no final da dinastía XVIII que gobernou entre 1334 e 1325 a. C.

 E imos coa pregunta de hoxe!

 

9. Que cidade exerceu como capital de Exipto durante o Imperio Antigo?

- Tebas

- Karnak

- Menfis

- Amarna

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org e jotdown.es  Imaxe: jotdown.es

ÓPTICA MEDIEVAL

 

Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.

Neste caso Óptica medieval polo físico Javier Santaolalla.

A Idade Media sentou as bases de dúas importantes leis da óptica: a reflexión e a refracción. Javier explica a través de demostracións cal é o comportamento da luz ante estes dous fenómenos, descritos polo físico e matemático medieval Ibn Sahl describiu 637 anos antes de que fose enunciada a Lei de Snell. E iso non é todo: atendendo ao principio da reflexión, podería considerarse que na Idade Media sentaron as bases do funcionamento da fibra óptica.

Moi interesante!

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 27)

 

Esther Estévez segue cos vídeos máis virais do TikTok do #DígochoEu!

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? VIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Osiris é a figura de verde sentada no trono e Ramsés I a segunda figura pola dereita, co nemes escuro. De Osiris falamos o día anterior. Men-pehty-Ra Ra-mesesu, ou Ramsés I,​ foi o fundador da XIX dinastía, pertencente ao Imperio Novo de Exipto. As datas so seu curto reinado estímanse de c. 1295 a 1294 a. C.

 E imos coa pregunta de hoxe!

 

8. A máscara funeraria de Tutankamón, probablemente o obxecto máis coñecido do Antigo Exipto... Que son son e que significan eses ornamentos que hai no nemes ou tocado funerario?

- Un voitre e unha cobra que simbolizan a soberanía sobre o Alto Exipto e o Baixo Exipto, respectivamente.

- O ibis sacro e a ra de peito henchido, é dicir, unha especie benefactora que podía devorar ás especies venenosas, neste caso a unha ra.

- Un falcón e un gato, símbolos da civilización exipcia e da felicidade, respectivamente.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, orientaeduc.com e es.wikipedia.org  Imaxe: sobreegipto.com

CHEGOU O COMETA LEONARD

Imaxe do cometa Leonard tomada polo observatorio de Calar Alto (Almería) o pasado día 7 de decembro na súa tracectoria de aproximación á Terra / ESA/elpais.com

O Cometa Leonard (C/2021 A1 (Leonard)) é un cometa de traxectoria case hiperbólica descuberto por GJ Leonard no Observatorio Mount Lemmon o 3 de xaneiro diste ano. A súa máxima aproximación á Terra (perixeo) foi onte, 12 de decembro, a unha distancia de 0,233 UA. O próximo sábado, 18 de decembro, pasa a una distancia de 0,0283 UA de Venus. O máximo achegamento ao Sol está previsto para o 3 de xaneiro de 2022. 

File:Animation of C/2021 A1’s orbit around Sun - 2021 close approach.gif

Animación de C/2021 A1 na súa órbita arredor do Sol no seu achegamento de 2021
       C/2021 A1 ·       Sol ·       Mercurio  ·       Venus ·       Terra ·       Marte

O cometa Leonard viaxa a uns 47 quilómetros por segundo e nestes momentos está a tan só, en termos astronómicos, 35 millóns de quilómetros de distancia. Os cálculos actuais reflicten que esta é a última oportunidade de velo, xa que será expulsado do sistema solar.

As súas orixes atópanse nos restos xeados das primeiras fases da formación dos planetas exteriores. Nas súas traxectorias, emiten partículas e gases que se quentan pola radiación solar e xeran a característica cola. A procedencia concreta de Leonard é a nube de Oort, un depósito de varios centos de miles de millóns de cometas situado no bordo do complexo celeste que vira ao redor do Sol.

Para situar a traxectoria do cometa Leonard, o máis práctico é centrarse entre a constelación da Osa Maior e Arturo (a terceira estrela máis brillante do ceo nocturno na constelación do Boyero).

No amencer de hoxe, 13 de decembro, será cando poida ser observado en mellores condicións. Entre hoxe e o vindeiro xoves, será máis visible canto máis alta sexa a súa traxectoria en relación coa estrela.

Bo avistamento!

AS PERNAS MÁIS LONGAS DO MUNDO: RÉCORD GUINES



A muller coas pernas máis longas é, desde o 21 de febreiro de 2020, Maci Currin, de Cedar Park Texas, en Estados Unidos. A súa perna esquerda medía 135,2 cm e a súa perna dereita 134,3 cm. Esta moza mide 205,7 cm e espera seguir os pasos da que continúa sendo, polo momento, a modelo máis alta do planeta, Ekaterina Lisina de Rusia, cos seus 206 cm.

Xesús!

FONTE: muyinteresante.es

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? VII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Deuses exipcios. Anubis é o nome grego do deus asociado coa morte e co Alén na relixión do Antigo Exipto. Mestre das necrópoles e patrón dos embalsamadores . Adoitaba ser representado como un cánido ou como un home con cabeza de cánido. Isis era máis prominente mitoloxicamente como a esposa e irmá de Osiris e a nai de Horus e adorábaselle como a esposa e nai arquetípica. O seu nome exipcio é Ast ("trono"), representado polo emblema que porta sobre a súa cabeza. Coñéceselle tamén como A Gran Maga, A Gran Deusa Nai, Raíña dos Deuses, A Forza Fecundadora da Natureza, Deusa da Maternidade e do Nacemento e como Señora das Pirámides en Gizeh. Osiris probablemente é o deus máis importante do panteón exipcio. Ao deus da resurrección, da rexeneración do Nilo e da fertilidade, habitualmente represéntaselle momificado, coa pel verde ou negra e cos atributos da realeza.

 E imos coa pregunta de hoxe!

 

7. Onde está Osiris e onde está o defunto Ramsés I nesta pintura mural?

- Osiris é a primeira figura ergueita á esquerda, con cabeza de falcón, e Ramsés I é o que hai inmediatamente despois, co nemes dourado.

- Osiris é a figura de verde sentada no trono e Ramsés I a segunda figura pola dereita, co nemes escuro.

- Osiris é a figura de verde e Ramsés I a figura co nemes dourado.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, orientaeduc.com e es.wikipedia.org   Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es