Blogia

vgomez

A ORIXE E O SIGNIFICADO DESTE SÍMBOLO: FEMININO

Do mesmo xeito que coa contraparte masculina, o símbolo feminino tamén foi asociado a un deus mitolóxico; neste caso a unha deusa, Afrodita ou  Venus. O círculo lémbranos a natureza inclusiva do noso universo ou o útero da muller. A cruz investida, posteriormente engadida no século XVI e situada na base do círculo, indica igualmente a fertilidade, o feminino.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXXXIII

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXXXIII

 

VERTICAIS: 1. Zêzere 2. Mula 3. Treviño 4. Cabaqueiro 6. Nauru.

HORIZONTAIS: 5. Ervellaca 7. Tabarca 8. Kabul 9. Coitado 10. Choupa.

Máis cultura xeral!

#DígochoEu: Cal non é un animal?

 

Esther Estévez pon a proba a Xosé R. Gayoso, e que ben o pasan! Cal destas opcións non é un animal? E ti, acertache?

#DígochoEu 

A ORIXE E O SIGNIFICADO DESTE SÍMBOLO: MASCULINO

Orixinalmente, o símbolo masculino representa a Ares ou Marte, o deus da guerra. É unha representación dun círculo cunha frecha que emerxe del, apuntando cara á esquina superior dereita. En esencia, é unha representación do escudo e a lanza deste bélico deus.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

ENCRUCILLADO LXXXIII

ENCRUCILLADO LXXXIII

 

VERTICAIS: 1. Segundo maior río portugués, que nace na serra da Estrela, e que conflúe co rio Texo ao oeste da localidade de Constância, despois dun curso de cerca de 242 quilómetros 2. Animal de carga de sexo femia, que nace do cruzamento entre un cabalo e unha burra ou entre unha egua e un burro 3. Enclave burgalés (Castela e León) situado no interior da provincia de Álava (País Vasco) cuxas terras rodéano completamente 4. Telleiro que se adicaba a facer tellas a man, é dicir, de forma tradicional 6. Terceiro estado máis pequeno do mundo, situado no océano Pacífico central, que comprende unha soa illa xusto ao sur da liña do ecuador e que ten por capital Yaren.

HORIZONTAIS: 5. Planta rubideira da familia das leguminosas, anual, de follas paripinnadas, flores de cor púrpura e de nome científico Vicia sativa 7. Nome da illa máis grande da Comunidade Valenciana, é tamén a única habitada, que se atopa a uns 22 quilómetros da cidade de Alacante, a uns 8 km do porto de Santa Pola 8. Capital de Afganistán 9. Desventurado, que é vítima da sorte adversa 10.  Molusco da clase dos cefalópodos de aparencia semellante á da lura, pero coa cabeza máis voluminosa e de nome científico Illex coindetti.

#Dígocho: Eu Cal é a correcta?

 

Esther Estévez pon a proba a Fran Cañotas e Antonio Mosquera para ver se acertan cal é a opción correcta. ’Quebraosos’, ’quebraósos’, ’coruxa’ ou ’curuxa’? Ti que cres?

#DígochoEu 

UN RÉPTIL CASE DESCOÑECIDO, ATOPADO NUNA REDADA: TUPANDACTYLUS NAVIGANS

Imaxe do fósil completo do Tupandactylus navigans. Recreación por ordenador/Victor Beccari

Os investigadores non podían crer o que estaban a ver. En Brasil, unha parte importante dos fósiles que se atopan son vendidos e exportados ilegalmente a Europa e EE UU. Nos últimos anos, as autoridades quixeron combater este espolio e, en 2013, a Policía Federal entregou á Universidade de São Paulo 3.000 mostras incautadas nunha redada contra este tráfico de fósiles, para a súa análise e catalogación. A sorpresa dos investigadores foi maiúscula cando descubriron un exemplar completo de Tupandactylus navigans, unha especie de réptil voador do Cretácico (hai entre 145 e 66 millóns de anos). Ata o momento, as mostras que atoparan unicamente permitían coñecer detalles sobre o cranio destes animais.

Esta especie, o Tupandactylus navigans, pertence á familia dos tapejáridos, un subgrupo dos pterosaurios. Estes réptiles voadores pertencen ao Cretácico Temperán e caracterízanse por ter unhas enormes cristas. En Brasil, os seus fósiles son abundantes, pero a maioría son só caveiras, o que dificultaba o estudo en profundidade deste grupo. Con todo, o exemplar atopado tras esta redada está en moi bo estado de conservación. Segundo Victor Beccari, investigador da Universidade de São Paulo e un dos autores do estudo, o individuo conta con “máis do 90% do seu esqueleto e restos do tecido brando da crista da cabeza e dun pico de queratina, similar ao que teñen as aves actuais”.

O fósil atópase repartido en seis grandes pedras cortadas á mantenta e que encaixan perfectamente entre si. Esta división ten a mesma forma que se utiliza nas canteiras da Formación Crato, unha zona moi rica en sedimentos fósiles na que conviven as explotacións comerciais e paleontolóxicas. Neste caso, as pedras posiblemente fosen cortadas para ser vendidas para a construción, ata que se decataron da presenza deste fósil. Ademais, as características das rochas confiscadas correspóndense cos leitos de calcaria da zona, o que leva aos investigadores a situar na rexión a súa orixe. Aínda así, os expertos creen que será moi difícil atopar a localización exacta. Esta área é coñecida pola gran cantidade de restos fósiles atopados nos últimos anos, cun nivel de conservación altísimo grazas aos materiais da zona.

O estudo, publicado na revista PLOS One, permitiu coñecer con detalle as características físicas desta especie. Medía máis de 2,5 metros de envergadura (de punta dunha ata a outra) e ata un metro de alto, aínda que case a metade da altura correspondía á crista. Con estas proporcións, sumadas a un pescozo longo, os investigadores sospeitan que o animal non podía voar grandes distancias. “O esqueleto mostra diferentes adaptacións para ter un despegamento poderoso, que o animal podería utilizar para fuxir rapidamente dos depredadores”, asegura Beccari. Deste xeito, o Tupandactylus veríase empuxado a realizar a maior parte do seu día a día en terra firme. “Iso significa que este animal podería alimentarse de material vexetal duro, como sementes, piñas ou froitos duros”, considera o investigador.

Futuras probas permitirán ao equipo de Beccari coñecer máis detalles sobre a especie e confirmar moitas das súas sospeitas. “Utilizarase unha análise 3D do cranio para estimar a forza de mordida e entender que tipo de alimentación tiña. O modelo 3D do corpo pode axudarnos nun estudo aerodinámico máis preciso para probar a nosa hipótese sobre as capacidades de voo deste animal. Ademais, o tecido brando da crista xa está a ser estudado para entender a súa conservación e mesmo quizais a súa coloración. A idea é utilizar luz ultravioleta para ver si hai algún patrón de cor na crista”, enumera.

FONTE: Alberto Quero/elpais.com/ciencia

#DígochoEu: Cal non é un insecto?

 

Paula Señarís e Gabi García acertarán cal das seguintes opcións que lles propón Esther Estévez non é un insecto?E ti?

 #DígochoEu