Blogia

vgomez

ENCRUCILLADO LXXV

VERTICAIS: 1. Segundo afluente máis longo pola marxe dereita do río Ebro, cunha lonxitude 160 km 2. Municipio vasco da provincia de Biscaia, pertencente á comarca do Gran Bilbao e famoso pola súa ponte que o une co municipio de Getxo 5. Estado dos EE UU que ten por capital Mashville 6. Réptil da familia dos emídidos, do que existen varias especies, que en Galicia hiberna enterrado na lama do fondo das pozas onde vive, e se alimenta de insectos, vermes e moluscos 8. Peixe fusiforme da familia dos escómbridos, de cor verde ou azul irisada con listas verticais negras no lombo, prateada ou branca no ventre e de nome científico Scomber scombrus.

HORIZONTAIS: 3. Pau ou vara con puño que se leva na man para apoiarse ao andar 4. Río máis longo de Xapón 7. Peza de ferro curvada que se coloca nos pezuños dalgúns animais sobre todo dos cabalos pero tamén das vacas e dos bois para protexelos 9. Personaxes emblemáticos do Entroido de Viana do Bolo (Ourense) 10. Capital de Armenia.

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 1: ser, ter, froitas e números

 

Comezamos o #ApuntamentoLusófono na nosa canle de Twitch (https://www.twitch.tv/crtvg) con Rodrigo Paganelli! Aquí podes ver o primeiro directo! Aprendemos o verbo ser, ter e os números e froitas.

#DígochoEu

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) XII

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Auga rexia. É unha disolución altamente corrosiva e fumante, de cor amarela, formada pola mestura de ácido nítrico concentrado e ácido clorhídrico concentrado, nunha proporción dunha a tres partes en volume. É unha das poucas mesturas capaces de disolver o ouro, o platino e o resto dos metais. Foi chamada desa forma porque pode disolver aqueles chamados metais rexios, reais, ou metais nobres. É utilizada nalgúns procedementos analíticos. A auga rexia non é moi estable, polo que debe ser preparada xusto antes de ser utilizada.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Promesas que non valen nada é, probablemente o éxito máis coñecido desta banda de rock española. Son...

- Os Piratas

- Os Segretos

- Os Planetas

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.

O PERMAFROST E O CAMBIO CLIMÁTICO

O Acordo de París representa hoxe a esperanza de que a comunidade internacional poida evitar os peores escenarios de cambio climático. O dióxido de carbono que xa foi emitido seguirá modificando o clima durante décadas. O que de verdade está en xogo é saber se realmente pódese frear o ascenso da temperatura media do planeta para mantela dentro dos límites de seguridade. 

Un dos aspectos positivos do documento asinado na capital francesa no 2015 é que convida os países asinantes a aumentar a ambición para reducir os seus gases de efecto invernadoiro cada vez que se fai unha revisión dos obxectivos. Precisamente, na Conferencia de Cambio Climático (COP26) que se celebrará a finais de ano en Glasgow (Escocia) está previsto debater sobre a posibilidade de intensificar os plans de redución de dióxido de carbono, algo que será necesario para que os números cadren. O principal obxectivo do Acordo de París é que o incremento da temperatura media global mantéñase en 1,5 graos e non supere en ningún caso os 2 graos, algo parece pouco probable por non dicir imposible de conseguir. Ao ritmo actual, o ascenso alcanzará os 3 graos a finais de século. E un grao arriba ou abaixo pode marcar a diferenza entre un clima máis ou menos habitable. 

Aínda por riba, a ciencia acaba de revelar que o retroceso do permafrost (chan permanentemente conxelado) rico en carbono resulta máis preocupante do previsto. O dióxido de carbono que estiveron liberando os incendios do Ártico dos últimos anos e a emisión asociada ao quecemento do permafrost non se tiveron en conta nos orzamentos que manexa a comunidade internacional. Como consecuencia, tal e como apunta un artigo publicado na prestixiosa revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS), parece moi probable que os países teñan que reducir aínda máis a cantidade de dióxido de carbono que poderán emitir nas próximas décadas para cumprir co Acordo de París.

Tal e como explican os autores da investigación, o permafrost ártico contén un almacén conxelado masivo de carbono orgánico que dobra a cantidade de carbono que hai na atmosfera. O quecemento e a desconxelación do permafrost promove a descomposición desta materia orgánica que estivo conxelada, o que ameaza con converter o sumidoiro de carbono do Ártico nunha fonte neta de gases de efecto invernadoiro.

FONTE: X. Fonseca/lavozdegalicia.es   Imaxe: Pixabay

#DígochoEu: Non digas *corcho

 

Pois non! Non hai obxectos de corcho en galego! Esther Estévez acláranolo!

#DígochoEu

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) XI

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Liublianae. É a capital e a maior cidade de Eslovenia cunha poboación de 310.000 habitantes.Está situada entre os ríos Ljubljanica e Sava, ten unha superficie de 163,8 km2.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Que substancia é capaz de disolver o ouro?

- Reactivo de Tollens

- Auga rexia

- Sales de permanganato

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) X

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Buzkashi. É deporte nacional en Afganistán e é unha especie de polo que se practica con cabalo. Un deporte moi macabro practicado tamén noutros países de Asia central. Consiste en dous equipos de chapandoz, ou xinetes, nun campo de aproximadamente dous quilómetros de lonxitude. Os xogadores de cada equipo non se diferencian na cor da súa camiseta, senón que parecen coñecerse. O obxectivo do xogo é conducir o boz, que é unha cabra sen cabeza e sen extremidades, desde un extremo do campo ao outro.​ Os integrantes de ambos os equipos pugnan para levar o corpo da cabra ao centro do terreo de xogo. É un xogo moi violento, xa que non ten unhas regras definidas e os xinetes terminan envolvidos en verdadeiras batallas sanguentas. Tampouco hai árbitros, polo que o resultado depende só dos xogadores. Para o xinete a recompensa é o prestixio que pode ter diante do resto dos seus pares. Os capitáns, denominados "chapandaz", con  turbantes e barbas negras, chegan á cancha con fusís Kalashnikov ao ombreiro e gardacostas e danse a man antes de empezar o partido.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é a capital de Eslovenia?

- Piran

- Máribor

- Liubliana

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 25)

 

Serías capaz de sinalar que palabras terminadas en -oro son con o aberto e cales son con o pechado? Aquí tes a resposta. 

#DígochoEu