Blogia

vgomez

#DígochoEu: Non digas *corcho

 

Pois non! Non hai obxectos de corcho en galego! Esther Estévez acláranolo!

#DígochoEu

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) X

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Buzkashi. É deporte nacional en Afganistán e é unha especie de polo que se practica con cabalo. Un deporte moi macabro practicado tamén noutros países de Asia central. Consiste en dous equipos de chapandoz, ou xinetes, nun campo de aproximadamente dous quilómetros de lonxitude. Os xogadores de cada equipo non se diferencian na cor da súa camiseta, senón que parecen coñecerse. O obxectivo do xogo é conducir o boz, que é unha cabra sen cabeza e sen extremidades, desde un extremo do campo ao outro.​ Os integrantes de ambos os equipos pugnan para levar o corpo da cabra ao centro do terreo de xogo. É un xogo moi violento, xa que non ten unhas regras definidas e os xinetes terminan envolvidos en verdadeiras batallas sanguentas. Tampouco hai árbitros, polo que o resultado depende só dos xogadores. Para o xinete a recompensa é o prestixio que pode ter diante do resto dos seus pares. Os capitáns, denominados "chapandaz", con  turbantes e barbas negras, chegan á cancha con fusís Kalashnikov ao ombreiro e gardacostas e danse a man antes de empezar o partido.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é a capital de Eslovenia?

- Piran

- Máribor

- Liubliana

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 25)

 

Serías capaz de sinalar que palabras terminadas en -oro son con o aberto e cales son con o pechado? Aquí tes a resposta. 

#DígochoEu 

PRIMEIRAS FOTOS DO ROVER CHINO EN MARTE

O rover Zhurong (esquerda) e a súa plataforma de aterraxe (dereita) / CNSA

O rover Zhurong, que aterrou o pasado sábado en Marte confirmando a China como potencia espacial, enviou á Terra as súas primeiras fotos. As imaxes mostran a plataforma de aterraxe, a rampla de saída, os paneis solares e a antena do rover, ademais de parte da despexada paisaxe de Utopia Planitia, a conca no hemisferio norte do planeta elixida previamente para a aterraxe. Nestes momentos, segundo informan desde a Administración Espacial Nacional China (CNSA), o vehículo prepárase para abandonar a plataforma e comezar a rodar polos arredores para inspeccionalos.

Zhurong é un orgullo para China, terceiro país en lograr colocar un enxeño na superficie de Marte por detrás de Estados Unidos e a Unión Soviética e segundo en ter éxito realmente, xa que o robot ruso da misión Mars 3 só estivo operativo uns segundos.

Tianwen-1, o orbitador a bordo do cal viaxou Zhurong, serve de ligazón de comunicacións entre o  rover e a Terra para enviar as imaxes. Actualmente, o vehículo atópase dentro do módulo de aterraxe que o protexeu mentres caía cara á superficie de Marte, reducindo a velocidade coa axuda dun paracaídas e varios propulsores. A plataforma xa estendeu unha rampla, pola que Zhurong lanzarase pronto. As fotografías mostran un terreo libre de grandes rochas que non debería supoñer un gran reto para o robot.

O rover chinés, duns 240 quilos de peso e case dous metros de altura, aseméllase moito aos da NASA en Marte, aínda que as súas capacidades científicas non son tan ambiciosas. Concibido sobre todo como unha demostración tecnolóxica, durante a súa vida útil de 90 días realizará distintas análises xeolóxicas da contorna marciana coa axuda dos seus instrumentos: cámaras, un radar de penetración terrestre, un detector de campo magnético, unha estación meteorolóxica moito máis sinxela que a española MEDA (a bordo do  rover Perseverance da NASA) e un instrumento para medir a composición química do po e as rochas. Todos os datos que obteña servirán á axencia chinesa para preparar futuras misións máis ambiciosas a Marte.

FONTE: Judith de Jorge/abc.es/ciencia

A GROBA LIBERADA

 

A Serra da Groba comprende os concellos de Baiona, A Guarda, Oia, Gondomar e Tomiño onde se xunta coa Serra do Argallo.

O pasado sábado, día 16, unha marcha sendeirista denunciou a súa oposición a instalación dun parque eólico na paraxe.

O vídeo superior, realizado polo Instituto de Estudos Miñoráns, fai unha defensa desta serra e amosa a súa oposición a iste proxecto eólico.

Salvemos a Groba!

#DígochoEu: Non digas *gubernamental

 

En galego os derivados de goberno non se escriben con u, así que nada de *gubernamental!

 #DígochoEu

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) IX

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é 1927. Esta película muda alemá é das poucas cintas incluídas na Memoria do Mundo da UNESCO. Está considerada como a máis sobranceira representante do expresionismo no eido cinematográfico. Producido nos Babelsberg Studios por UFA, trátase dunha longametraxe de ciencia ficción cuxa trama desenvólvese nunha distopía urbana futurista. É considerado o pioneiro dos filmes de ciencia ficción, sendo a primeira longametraxe deste xénero. Ademais, é un dos máximos expoñentes do expresionismo alemán nas artes cinematográficas. O guión foi escrito por Fritz Lang e a súa muller Thea von Harbou, inspirándose nunha novela de 1926 da propia Von Harbou. Está protagonizado por Brigitte Helm, Gustav Fröhlich, Alfred Abel e Rudolf Klein-Rogge.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Como se chama o salvaxe deporte no que no canto de utilizar unha pelota, os xogadores empregan unha cabeza dunha cabra?

- Buzkashi

- Hurling

- Kabaddi

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) VIII

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é O cura vermello. Antonio Lucio Vivaldi​ (Venecia, 4 de marzo de 1678-Viena, 28 de xullo de 1741), coñecido como Antonio Vivaldi, foi un compositor, violinista, impresario, profesor e sacerdote católico veneciano do Barroco. Era alcumado Il prete rosso (O cura vermello) por ser sacerdote e con pelo roxo. Considéraselle un dos máis grandes compositores barrocos, a súa influencia durante a súa vida estendeuse por toda Europa e foi fundamental no desenvolvemento da música instrumental de Johann Sebastian  Bach. A súa mestría reflíctese en cimentar o xénero do concerto, o máis importante da súa época.​ Compuxo unhas 770 obras, entre as cales se contan máis de 400 concertos, para violín e unha variedade doutros instrumentos musicais, e preto de 46 óperas. É especialmente popular como autor da serie de concertos para violín e orquestra As catro estacións. Como curiosidade, Champiñonciño era como chamaban os seus amigos a Franz Schubert.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. En que ano estreouse Metropolis, o clásico de ciencia ficción de Fritz Lang?

- 1924

- 1927

- 1931

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org