Blogia

vgomez

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'patacas fritidas' ou 'fritas'? Que significa xaxún?

 

Cantas dúbidas xorden no TikTok!  Sabes o que significa a palabra ’xaxún’? Que é mellor? Dicir ’patacas fritidas’ ou ’patacas fritas’? Dálle aí e sairás de dúbidas.

#DígochoEu

OA CATRO PIARES PARA CULTIVAR A VIDA

 

A procura de felicidade fainos infelices”, asegura a filósofa, psicóloga e escritora Emily Esfahani. Un paradoxo que descubriu na súa infancia. Naceu en Suíza e medrou en Canadá inmersa nunha comunidade de meditación sufí. “Deles aprendín que a pesar de ter unha vida moi dura e de que non buscaban a felicidade, as súas vidas tiñan sentido”, recoñece. Así foi como, desde adolescente, comezou a investigar unha alternativa á felicidade: o sentido da vida. “Unha vida con sentido proporciona, a longo prazo, un sentimento de satisfacción máis profundo e duradeiro”, asegura a experta.

 A tamén xornalista, é autora do libro superventas ‘A arte de cultivar unha vida con sentido’ que foi traducido a máis de 15 idiomas. Unha obra na que se serve da psicoloxía, a socioloxía ou a neurociencia para analizar cales son as claves que dan sentido á vida. O estudo incide nestes catro piares: a pertenza e as relacións cos demais, o propósito na vida, un relato coherente sobre nós mesmos e espazo para a transcendencia.

 Emily Esfahani estudou Filosofía no Dartmouth College, unha das universidades máis antigas e prestixiosas dos Estados Unidos, e realizou un máster en Psicoloxía Positiva na Universidade de Pennsylvania. Foi columnista de The New Criterion e editora da institución Hoover da Universidade de Stanford. O seu traballo apareceu en numerosas publicacións como o New York Times ou o Wall Street Journal. Hoxe dedícase a divulgar por todo o mundo que hai máis cousas na vida que ser feliz.

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) VII

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Supresión dun fonema ou de varios ao comezo dunha palabra. Un exemplo sería: Ás veces dise ‘tiven’ por aférese de ‘estiven’. 

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Con que alcume se coñecía a Antonio Vivaldi?

- O cura vermello

- Champiñonciño

- O encantador

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas correduría de seguros

 

Sabías que en galego non temos ningunha palabra acabada en -uría

 #DígochoEu

A SONDA CHINA TIAWEN-1 ATERRA CON ÉXITO EN MARTE

Un aterrador durante unha proba de deceleración e aterraxe en instalacións do programa espacial chinés en Huailai, provincia de Hebei, o pasado novembro / AP

O programa espacial de China apuntouse un descomunal fito nas súas ambicións de converterse en líder na carreira pola exploración do universo. A sonda que o país asiático enviou a Marte, a Tianwen-1, logrou aterrar con éxito no chan do planeta vermello, na superficie da área sur da chaira Utopia Planitia, no hemisferio norte marciano. É a primeira vez que un país logra, no seu primeiro intento, chegar a Marte, orbitalo e aterrar nel. Con este logro, China convértese na terceira nación, despois de Estados Unidos e a extinta Unión Soviética, en deixar a súa pegada nese corpo celeste.

Agora, a próxima etapa consistirá na saída do robot explorador Zhurong, así chamado en alusión a un deus do lume na mitoloxía chinesa, do módulo de aterraxe no que viaxou. O rover de 1,85 metros de altura e 240 quilos de peso podería separarse do módulo o próximo día 22, segundo adiantou  a  CNSA.

A misión Tianwen está formada por tres módulos: o orbitador, que ata o de agora virou en torno ao planeta vermello, o aterrador e o Zhurong, o  rover que explorará os arredores e enviará imaxes á Terra. Os expertos chineses aspiran a que o vehículo poida completar polo menos 90 soles, ou días marcianos (92 días terrestres), antes de deixar de estar operativo.

Zhurong está equipado con cámaras de exploración do terreo, unha cámara  multiespectro, un detector da composición do chan, un magnetómetro e un radar, entre outros instrumentos. O robot analizará con eles a topografía, a xeografía e a atmosfera da área. Os enxeñeiros chineses fabricárono cun material novo que lle permitirá resistir as durísimas tormentas de area na superficie de Marte, que poden alcanzar ventos de 180 metros por segundo, ou tres veces máis que os furacáns máis fortes na Terra.

Coa aterraxe, o programa chinés encadeou un novo éxito nunha veloz carreira na exploración espacial na que compite con Estados Unidos: en 2019 conseguiu pousarse na cara oculta da Lúa; a finais de 2020, a súa sonda  Chang’e 5 regresou con mostras lunares; o mes pasado lanzou á atmosfera o primeiro módulo da súa futura estación espacial, que espera ter lista en 2022. Tamén subscribiu un memorando con Rusia 

Tianwen-1 lanzouse en xullo de 2020 e chegou en febreiro deste ano a Marte, en cuxa órbita permanecía desde entón. Trátase da primeira ocasión en que China tenta unha aterraxe en Marte, unha tarefa complicada. Ata o momento, só a metade dos intentos das outras axencias espaciais tiveron éxito. Desde 1973, a NASA era a única que lograra depositar artefactos sen incidentes no chan lunar.

2021 marcou un fito inédito na carreira espacial, pois ao planeta vermello chegaron por primeira vez misións de tres países diferentes. Aproveitando para o seu lanzamento a xanela de oportunidade da última aproximación da Terra e Marte (que se produce aproximadamente cada dous anos), o pasado mes de febreiro chegaron o orbitador Hope (de Emiratos Árabes Unidos), o orbitador Tianwen-1 (de China) e o vehículo Perseverance (de EE UU). Mentres que a misión do país do golfo Pérsico consiste en operar como un satélite científico que estuda a atmosfera e a meteoroloxía marcianas, a NASA despregou un dos seus proxectos máis ambiciosos en Marte: o vehículo de exploración pousouse nun cráter o 18 de febreiro e o 19 de abril despregou un pequeno helicóptero (o Ingenuity), que xa realizou os primeiros voos dun artefacto humano na lixeira atmosfera marciana (cunha presión moito menor que a da Terra).

FONTE: Macarena Vidal Liy/elpais.com/ciencia

#DígochoEu: Feliz día das Letras Galegas 2021!

 

Hoxe é o Día Das Letras Galegas 2021 e o #DígochoEu tamén se suma á festa! E faino cun xogo sobre literatura galega e cunha reportaxe sobre Anik Nandi, un investigador indio que se namorou do galego.

#DígochoEu 

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Pois se me declaro inconforme co mundo, se me declaro contradictoria e filla das miñas contradicións (…) a poesía convérteseme nunha táboa de salvación no naufraxio das razóns estritas. Necesidade que xorde da urxencia por entende-lo humano contraposto, pero tamén, e quizais antes, do descontento coa orde establecida, calquera que sexa.                                                                     

Iste ano 2021 adícaselle o Día das Letras Galegas a XELA ARIAS.

Os seus pais foron Valentín Arias López e Amparo Castaño López. As terras das familias paterna e materna estaban nas parroquias de Maside, Ortoá e Meixente (lugares da Vilerma, Barreiros e Mouzós). Naceu en Lugo, no sanatorio Alonso-Pimentel, inda que inscribiron o nacemento en Sarria, co nome de María de los Ángeles, que mudou en 1984 polo de María dos Anxos, se ben foi chamada Xela desde os seis anos. Finalmente, en 1995 o xuíz Alejandro Roa Nonide autorizou o cambio de nome polo de Xela.

Criada en galego, estudou na Granxa de Barreiros, no Colexio Fingoi de Lugo, entre os catro e os sete anos. En 1969 a familia mudouse a Vigo, por ser destinado o pai como mestre á escola de Moledo, en Sárdoma (hoxe CEIP Sárdoma-Moledo). En 1976 ingresou no Instituto Castelao do barrio do Calvario. Facendo o COU abandonou os estudos, e comezou a traballar en Edicións Xerais de Galicia, desde o seu nacemento en 1979, canda Xulián Maure Rivas e Roberto Pérez Pardo, primeiro como oficinista, despois en creación e investigación e de 1990 a 1996 como correctora de estilo e editora.

Dende 1980 publicou en xornais e revistas coma A Nosa Terra, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo, Jornal de Notícias do Porto, Dorna, Tintimán, Carel ou Katarsis, colaborou en publicacións coma Festa da Palabra Silenciada, Luzes de Galiza ou Boletín Galego de Literatura e formou parte do consello de redacción de Viceversa, revista galega de tradución.

Participou nun recital poético nun acto contra a entrada de España na OTAN en 1982; en 1988 inscribiuse en Greenpeace; en 2002 participou nun recital en solidariedade cos afectados polo desastre do Prestige no MARCO; noutro Contra a Burla Negra, organizado por Pepe Álvarez Cáccamo e máis ela en febreiro de 2003; ese mesmo mes e ao seguinte, leu declaracións en senllas manifestacións contra a Guerra de Iraq.

En 1986 ingresou na Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1991 rexistrou as letras para o grupo musical Desertores e retomou os estudos, iniciando Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo, licenciándose en 1996 pola Universidade de Santiago de Compostela,e iniciando a especialidade en galego-portugués.

No verán de 1992 casou co fotógrafo e matemático ourensán, residente en Vigo, Xulio Gil Rodríguez (1954), con quen en 1994 tivo o seu único fillo, Darío; separáronse no ano 2002.

No curso 1999-2000 comezou a exercer como profesora substituta de ensino secundario, de lingua e literatura castelá, nos institutos Terra de Xallas (Santa Comba), Paralaia (Moaña), Valle-Inclán (Pontevedra), Xelmirez II (Santiago de Compostela) e Valadares II (Vigo). En anos seguintes foi docente en Chapela (Redondela), A Sangriña (A Guarda) e Álvaro Cunqueiro (Vigo).

En novembro do ano 2003 Arias finou dun ataque ao corazón nun hospital de Vigo, con corenta e un anos de idade. Foi soterrada no cemiterio vigués de Pereiró.

Se queres coñecer toda a súa obra preme AQUÍ.

FONTE: academia.gal e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *o árbol

 

Nin *o árbol nin *os árboles! Aquí hai dous erros, sabes cales son? Esther Estévez Casado acláranolo!

#DígochoEu