Blogia

vgomez

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) VI

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Teoría do cerebro triúnico. Segundo Paul D. MacLean (1913-2007), no seu libro The Triune Brain in Evolution, o noso cerebro actual é a sumatoria dun proceso de superposición de capas, as cales foron aparecendo consecuentemente co pasar dos milenios e acomodáronse unha sobre a outra, pero sen que as anteriores deixasen de existir. Así, esta teoría afirma que cada unha das devanditas estruturas posúe unha lóxica de funcionamento individual propia, e moi distinta á das outras capas, tendo en cuenta que as capas superiores son as máis evolucionadas. Segundo a mesma, o cerebro tería tres niveles: sistema reptiliano, sistema límbico e a neurocodia.    

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Moita xente utilízaa a diario pero, sabes que é unha aférese?

- É unha expresión breve que resume unha observación xeral ou un principio moral.

- É a supresión dun fonema ou de varios ao comezo dunha palabra.

- É a repetición do mesmo son consoante en secuencia.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, psicologiaymente.com e gl.wikipedia.org

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

CASTELAO  (Daniel Rodríguez Castelao) 1964

NOVONEYRA (Uxío Novoneyra) 2010

MURGUÍA (Manuel Murguía) 2000

XOCAS (Xaquín Lorenzo) 2004

FOLE (Ánxel Fole) 1997

DIESTE (Rafael Dieste) 1995

CUNQUEIRO (Álvaro Cunqueiro) 1991

RISCO (Vicente Risco) 1981

CABANILLAS (Ramón Cabanillas) 1976

CUEVILLAS (Florentino López Cuevillas) 1968

CURROS (Manuel Curros Enríquez) 1967

PONDAL (Eduardo Pondal) 1965

ROSALÍA (Rosalía de Castro) 1963

VIQUEIRA (Xoán Vicente Viqueira) 1974

AÑÓN (Francisco Añón) 1966

XELA (Xela Arias) 2021

Algúns dos homenaxeados no Día das Letras Galegas!

SOPA DE LETRAS ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

CASTELAO        NOVONEYRA    MURGUÍA         XOCAS           

FOLE                 DIESTE             CUNQUEIRO     RISCO            

CABANILLAS    CUEVILLAS       CURROS           PONDAL

ROSALÍA          VIQUEIRA         AÑÓN               XELA

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) V

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Formiga Siafu. Siafu (Dorylus) é o nome dunha formiga africana, a mais  mortifera do mundo, que chega a matar a mais xente que todos os leóns e hienas xuntos, xa que iste tipo de formiga lexionaria conta cun exército de depredadoras que pode conter ata 20 millóns de formigas.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Que nome recibe a teoría proposta polo  neurocientífico Paul MacLean sobre o cerebro?

- Teoríado cerebro reptiliano

- Teoría do cerebro evolutivo

- Teoría do cerebro triúnico

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, ecured.cu e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 24)

 

Continuamos aprendendo normas sobre fonética. Toma nota!

#DígochoEu

SERGIO MARCHOU!

SERGIO MARCHOU!

 

Sergio Gómez Fernández (Salamonde-San Amaro (Ourense) 17/04/1934 - Freás-Punxín (Ourense) 14/05/2021)

A vida ten momentos duros e iste un deles. Despois de 87 anos, o cancro levoume a Sergio. Naceu no campo, marchou del como servidor público e volveu, de xubilado, de novo ao seu campo a coidar as súas cepas.

É moi difícil falar del sen que me veñan as bágoas aos ollos, ao fin e ao cabo era o meu pai!

Descansa en paz!

Aínda que o meu pai hoxe está morto,
vive por sempre nas miñas memorias
e habita nos meus recordos.
As túas ensinanzas axudánme a enfrontarme á vida
e o teu exemplo estimúlame a darlles ás miñas fillas,
o que ti non puideches darme a min.
Grazas pai por existir
e por ser hoxe a luz da miña vida.

SETE ESTILOS EDUCATIVOS, CAL É O TEU?



En que momento un fillo adolescente non quere saír da súa habitación, estudar, cumprir as normas ou compartir tempo cos seus pais? É a adolescencia un sinónimo de conflitos e tensións familiares? Alejandro Rodrigo dedicou máis de 15 anos á intervención social e educativa con menores en risco de exclusión social, no ámbito das medidas xudiciais. A súa experiencia na orientación familiar e educativa levoulle a impartir talleres, conferencias e consultorías, onde expón ferramentas e reflexións que recolleu no libro ’Como previr conflitos con adolescentes’.

Identificar distintos estilos educativos ou distinguir a diferenza entre consecuencias e castigos son algunhas ferramentas que suxire para mellorar a relación cos mozos. A clave, asegura, consiste en non esquecer o adolescente que fomos para empatizar e comprender que unha tensión familiar pode esconder unha necesidade non expresada. "Como pais debemos ter a mirada ben enfocada e observar se nos atopamos diante unha crise evolutiva ou involutiva nos nosos fillos. Crises evolutivas son aquelas en as que os nosos nenos e nenas van enfrontarse a problemas e ser capaces de resolvelos. As crises involutivas son xa zonas de maior risco", conclúe o educador.

#DígochoEu: Non digas *produxo

 

En galego, o verbo producir é regularciño de todo, así que nada de *produxo nin *produxera!

 #DígochoEu