Blogia

vgomez

UN DOS ANIMAIS MÁIS RAROS E ESQUIVO: O ORNITORRINCO

 

Dispóñense a capturar un dos animais máis raros de atopar en toda a natureza. Trátase dun ornitorrinco. É unha das dúas únicas especies de mamíferos que se reproducen de forma ovípara. Os ornitorrincos habitan os ríos australianos, pero cada vez é máis difícil atopar un exemplar. Calcúlase que o número descendeu un 30% nos últimos anos por culpa dos incendios e da deforestación causada polo cambio climático.

O ornitorrinco (Ornithorhynchus anatinus) é un mamífero semi-acuático endémico da parte leste de Australia e a illa de Tasmania. É o único representante vivo da familia dos ornitorrínquidos e a única especie do xénero Ornithorhynchus.

É un dos catro representantes, xunto coas equidnas, da arcaica orde dos monotremas, os únicos mamíferos que poñen ovos no canto de dar á luz crías vivas, a especie é monotípica.

#DígochoEu​: Como é? 'A fin de semana' ou 'o fin de semana'?

 

A fin de semana ou o fin de semana? Esther Estévez Casado explícanolo neste episodio!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ANATOMÍA? XVII

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Próstata. É un órgano glandular do aparato xenitourinario, exclusivo dos homes, con forma de castaña, localizada enfronte do recto, debaixo e á saída da vexiga urinaria. Contén células que producen parte do líquido seminal que protexe e nutre os espermatozoides contidos no seme.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. O óso parietal atópase...

- Na parte frontal do cranio

- Na parte posterior do cranio

- Ningunha das anteriores é correcta

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com, gal.wikipedia.org e daypo.com            Imaxe: atmfisio.com

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS LXVIII

Partes do porco!

CANTO SABES DE ANATOMÍA? XVI

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Trompa de Falopio. As trompas de Falopio, tamén chamadas tubas uterinas ou ovidutos, do aparato reprodutor feminino son dous finos tubos tapizados con epitelio ciliado, un na parte esquerda e outro na dereita, que van dos ovarios ao útero. No oído si está a trompa de Eustaquio (coñecida así a partir do século XVI en honra do anatomista Eustachius), unha estrutura anatómica humana, en forma de tubo, habitualmente pechada, que se estende desde a caixa do tímpano ata a rexión rinofarínxea.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Identifica o número 4 da imaxe.

- Testículo

- Próstata

- Vexiga

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org

#DígochoEu​: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (Capítulo 22)

 

Velaquí un novo capítulo sobre fonética! Que teñen en común case todas as palabras acabadas en -ello e -ella?

#DígochoEu

O CEO DO MES: MAIO 2021

Eta Acuáridas / infoemergencias.com

3 de maio: Cuarto Minguante

11 de maio: Lúa Nova

19 de maio: Cuarto Crecente

26 de maio: Lúa Chea

Chuvia de meteoros: Eta Acuáridas. do 19 de abril ao 28 de maio, con máximo o 6 de maio. O seu copro proxenitor é o cometa Halley e o seu radiante parece centrarse na constelación de Acuario, preto dunha das estrelas máis brillantes da constelación: Eta Aquarii.

#DígochoEu:​ Non digas *cardiaco nin *periodo

 

Sabes cal é o erro nestas dúas palabriñas? Esther Estévez Casado cóntanolo neste novo episodio!

#DígochoEu