Blogia

vgomez

SOPA DE LETRAS LXVIII

CACHUCHA     ORELLA      FOCIÑO     LACÓN      XAMÓN

COSTELAR      SOÁ            RAXO         PEZUÑO   TOUCIÑO

CANTO SABES DE ANATOMÍA? XV

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Bíceps femoral. Tamén chamado bíceps crural, é un músculo da zona externa na rexión posteroexterna da coxa. Forma parte do compartimento posterior composto por tres músculos denominados, músculos isquiosurales,: 1) bíceps femoral 2) semitendinoso, 3) semimembranoso.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Un dos seguintes termos non ten relación co oído. Cal é?

- Bigornia

- Estribo

- Timpano

- Tompa de Falopio

- Martelo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org    Imaxe: audifon.es

CANTO SABES DE ANATOMÍA? XIV

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é 3 o dereito e 2 o esquerdo. O pulmón dereito está dividido por dúas fisuras (horizontal e  oblicua) en 3 partes ou  lóbulos (superior, medio e inferior). O pulmón esquerdo ten dous  lóbulos (superior e inferior) separados por unha fisura (oblicua).

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Como se chama iste músculo?

- Bíceps femoral

- Xemelgo

- Sóleo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com, gal.wikipedia.org e viralizalo.com        Imaxe: quiz.upsocl.com

#DígochoEu:​ Non digas *achádego

 

Esta palabra aparece nunha chea de dicionarios antigos, pero a RAG non a recolle. Neste episodio Esther Estévez Casado cóntanos que alternativas hai!

#DígochoEu

FOTO PREMIADA DUN GALEGO NO TRIRENBERG SUPER CIRCUIT

 

O concurso de fotografía Trierenberg Super Circuit é un prestixioso certame internacional no que participan fotógrafos consagrados de todo o mundo. Os expertos equipasen estes premios de fotografía, que se entregan na localidade de Linz (Austria), cos Óscars cinematográficos.

Na edición diste ano, que acaba de fallarse, participaron 16.800 fotos enviadas desde todos os recunchos do planeta. O galego e estradense Felipe Souto tamén probou sorte. Remitiu catro fotos e, cunha delas, conseguiu unha das tres medallas de ouro que o xurado concede en cada categoría.

A foto gañadora foi tomada en febreiro do 2019 na localidade de Hamnoy, nas illas Lofoten (Noruega). Impúxose na categoría de fotografía panorámica e mostra unha impresionante aurora  boreal nunha rexión situada cara aos 67 graos de latitude norte do Círculo Polar Ártico, onde no inverno pódense alcanzar temperaturas extremas de ata 40 graos baixo cero. O día que o estradense disparou coa súa cámara había 25 graos baixo cero. Capturar e conxelar unha aurora boreal nesas condicións climatolóxicas non é tarefa fácil.

Parabéns!

FONTE: Rocío García/lavozdegalicia.es

NOVA ESPECIE DE POLBO DUMBO


A nova especie de polbo Dumbo bautizado como Grimpoteuthis imperator foi identificada e clasificada sen necesidade de diseccionar ao animal, grazas a un escaneo non invasivo.

Descuberto nunha crista montañosa submarina no noroeste do océano Pacífico, os investigadores identificaron á criatura a través dunha combinación de imaxes de resonancia magnética (MRI) de campo alto e tomografías microcomputadas (micro- CT), ademais dunha análise xenética minimamente invasiva realizada en mostras de tecido.

"En zooloxía, as descricións de especies baséanse convencionalmente en técnicas morfolóxicas invasivas, o que con frecuencia dá lugar a danos nos especímenes e, por tanto, só a unha comprensión parcial da súa complexidade estrutural. Aquí presentamos unha combinación de métodos totalmente non invasivos e minimamente invasivos que permiten descricións  taxonómicas de grandes  especímenes  zoológicos dunha maneira máis completa", explican os autores no seu estudo publicado na revista BMC Biology.

Estes animais descenden a uns 7.000 metros baixa a auga. A forma do caparazón, a posición da aleta e a lonxitude do brazo deste polbo identifícano como do xénero Grimpoteuthis. A miúdo dáselles o nome de Dumbo debido á súa similitude co personaxe clásico do tenro elefante de Disney do mesmo nome, grazas a dúas grandes aletas de cabeza que podes ver na imaxe superior.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

CANTO SABES DE ANATOMÍA? XIII

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é A pel. É o órgano máis grande do corpo humano, ocupando, nun adulto, unha extensión de 2 m² e un peso 4,1 kg. Ten un espesor que oscila entre 0,5 mm nas pálpebras e 4 mm no talón. Trátase dun órgano vivo con capacidade de rexenerarse, é impermeable, resistente e flexible, respira e mantense activo as 24 horas do día realizando todo tipo de accións fundamentais para o noso organismo, sendo un órgano vital para o corpo humano.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. En cuantos lobos está dividido cada pulmón?

- 2 o dereito e 3 o esquerdo

- 3 cada un

- 3 o dereito e 2 o esquerdo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.comgal.wikipedia.org e viralizalo.com        Imaxe: abc.es/salud

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'oler' e 'cheirar'?

 

Hoxe Esther Estévez Casado resolve un par de dúbidas que preguntaron na conta de TikTok do #DígochoEu. Pódese dicir ’oler’ e ’cheirar’ en galego?