#DígochoEu: Truco para colocares ben os pronomes nunha redacción
Despois da cancelación de Eurovisión 2020, a Unión Europea de Radiodifusión prevé manter o camiño para 2021: mesma cidade sede e mesmos países participantes.
O representante de España para o Festival de Eurovisión de Róterdan 2021, Blas Cantó Moreno (Ricote-Murcia, 1991), interpretará a canción ’Vou quedarme’ no escenario da cidade de Países Baixos no festival que se celebrará o próximo 22 de maio en Róterdan.
Blas Cantó é coñecido por ser integrante vocalista do grupo Auryn e ser o gañador da quinta edición do concurso de televisión español Tua cara me suena. Foi elixido por selección interna como representante de España no Festival de Eurovisión, que se celebraría entre o 12, o 14 e o 16 de maio de 2020 na cidade neerlandesa de Róterdam1 coa canción Universo. Este cancelouse por mor da pandemia de COVID-19.
Toda a información sobre iste evento premendo AQUÍ.
Boa sorte!
Rematatamos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.
15. "A CULPA ATAFÉGAME ASÍ QUE NON FAGO NADA"

Máis que un engano, iste é un sentimento que moitas persoas experimentan ao verse atafegadas pola magnitude do problema e polo bombardeo de mensaxes apocalípticas sobre estas cuestións. O termo ‘ecoansiedade’ fai referencia a esas sensacións que, lonxe de motivarnos para a acción, pódennos paralizar e deprimir. Non é bo obsesionarse por nada, e obviamente ninguén pode facelo todo nin sentirse culpable por cada gramo de carbono emitido. Como comentamos en días pasados, calquera pequeno xesto que fagamos suma. Recomendámosche o libro ‘E agora eu que fago. Como evitar a culpa climática e pasar á acción’, de Andreu Escrivà, publicado por Capitán Swing e que ofrece ferramentas moi prácticas para motivarnos a actuar sen culpas nin ansiedade.
Espero que a serie contribuira á sensibilización sobre iste tema e intentar aportar o noso gran de area, na procura da mitigación do cambio climático.
FONTE: Victoria González/muyinteresante.es
O TikTok do #DígochoEu traspasa fronteiras e cada vez máis xente de fóra descobre o galego! Hoxe, Esther Estévez Casado tráenos unha nova recompilación do máis viral!

Un estudo recentemente publicado na revista Frontiers in Marine Science acaba de revelar que baixo a grosa capa de xeo da Antártida hai máis vida da que se esperaba.
No transcurso dunha recente expedición xeolóxica, un equipo de investigadores perforou a través de 900 metros de xeo na plataforma de Filchnner-Ronne, no sueste do mar de Weddel e a un 260 km do mar aberto. Aí abaixo, na máis absoluta escuridade e cunha auga a -2,2 graos de temperatura, ninguén esperaba atopar criaturas viventes.
Pero non foi así. De feito, os investigadores descubriron alí, por primeira vez, estraños seres estacionarios parecidos ás esponxas, xunto con outras criaturas previamente descoñecidas adheridas a unha rocha no fondo do mar.
FONTE: alicantur.com Imaxe: abc.es

Paxaros galegos!
Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.
14. AS ENERXÍAS LIMPAS SON A SOLUCIÓN DEFINITIVA AO PROBLEMA DAS ENISIÓNS

A transición enerxética cara a un maior uso das enerxías procedentes de fontes renovables é vital para frear as emisións rapidamente e debe ser un eixo principal nas políticas de descarbonización, pero este debería ser tan só un paso intermedio cara á construción dun modelo realmente sostible no que non se extraian recursos por encima dos límites biofísicos do planeta. A fin de contas, as chamadas enerxías limpas tamén necesitan, para as súas estruturas, a extracción de minerais moi raros e con elevado custo ambiental, e o mesmo sucede coa enerxía nuclear. Sinxelamente, non é posible seguir consumindo e vivindo ao mesmo ritmo que o actual.
Mañá o último mito da serie!
FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

A densa e molesta calima (vento con area en suspensión) procede do Sahara / NASA
O corredor de ventos do sur que xerou durante os últimos días o anticiclón situado ao leste e as borrascas ao oeste non só permitiu que as temperaturas fosen elevadas, senón que tamén canalizou calima ou po do deserto cara a Canarias e a Península.
Un artigo publicado na revista Nature desvelou ademais como a calima provocou ao longo da historia períodos glaciares. E como sempre ocorre, todo ten que ver directamente coa cantidade de dióxido de carbono presente na atmosfera. Mentres o po do deserto atravesa o Atlántico unha parte cae cara á superficie oceánica e o ferro que contén tamén favorece a fertilización do fitoplancto, un elemento que inflúe directamente na fotosíntesis. Este proceso tradúcese nunha maior absorción de dióxido de carbono, que pasa da atmosfera ao fondo mariño. Segundo os autores da investigación este mecanismo estaría detrás de polo menos a metade de redución do famoso gas de efecto invernadoiro durante os etapas glaciares.
A influencia do ferro foi descuberta no ano 1987 polo oceanógrafo estadounidense John Martin tras analizar antigas burbullas de aire atrapadas en núcleos de xeo da Antártida, que permiten aos científicos viaxar no tempo para coñecer a composición da atmosfera do pasado. Martin propuxo que este elemento tivo un impacto notable ata o punto de ter transformado a superficie do océano durante a última Idade de Xeo. Como adoita ser habitual, a comunidade científica reaccionou con escepticismo á súa teoría, pero ata oito experimentos realizados entre 1993 e o 2005 confirmaron a tese da relación entre o ferro, o aumento das algas mariñas e o descenso do dióxido de carbono.
FONTE: X.Fonseca/lavoz.es