Blogia

vgomez

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO VIII

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

8. HAI QUE ELIXIR ENTRE COIDAR A ECONOMÍA E COIDAR O PLANETA


Esta é unha falsa dicotomía que vai en liña co que dixemos onte. O planeta é, de momento, a nosa única casa, e non haberá economía posible se non o coidamos. O problema é que o actual sistema económico funciona sobre a falsa premisa de que vivimos nun planeta de recursos ilimitados. Os recursos son finitos e isto debe terse en conta na ecuación, xa que actualmente estámolos extraendo a unha velocidade moito maior da que o planeta é capaz de repoñer.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

BANANA, UNHA LAGOSTA AMARELA



É unha lagosta moi especial. Este crustáceo amarelo, coñecido formalmente como ’lagosta de cristal’, é realmente raro. Xorde 1 de cada 30 millóns de exemplares. Foi recollida no Golfo de Maine pola pescadora de lagosta de Tenants Harbour, Marly Babb, quen doou xenerosamente a súa captura ao Centro de Ciencias Mariñas da Universidade de Nova Inglaterra.

Existen outros especímenes raros de lagosta en cores como azul ou branco pero as probabilidades tamén son pequenas. A posibilidade de atopar unha lagosta azul é de 1 entre 2 millóns.

As lagostas azuis e amarelas son produto dunha mutación xenética nas proteínas que se unen cos pigmentos da casca e conducen a unha redución da  pigmentación do animal. Esta condición xenética coñécese como leucismo e fai que os animais parezan máis pálidos en comparación con outros. É a única variedade de lagosta que non se torna de cor vermella cando se cociña.

A cor amarela de Banana é resultado do cambio climático? Podería ser. Varios estudos publicados en 2019 determinaron que o océano estase quentando cada vez máis e as diferenzas locais na oceanografía están a afectar as poboacións de lagosta no sur de Nova Inglaterra ata o Atlántico de Canadá. Así que o exterior amarelo desta lagosta podería ser o resultado do cambio climático.

O leucismo, por desgraza, fai que estas criaturas sexan máis visibles para os depredadores, o que lles dá unha menor probabilidade de supervivencia.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es   Imaxe: Chris Rose and the University of New England

#DígochoEu:​ Non digas 'chámalle *equis'

 

Pois non, non é correcto dicir ’chámalle equis’ porque en galego a letra non se chama *equis. Esther Estévez Casado danos as alternativas!

#DígochoEu

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO VII

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

7. A SUPERPOBOACIÓN É O PROBLEMA

Esta afirmación debe ser matizada. É certo que somos moitos e isto ten un impacto ambiental obvio, pero tamén sucede que en torno ao 10 % da humanidade (as persoas máis ricas) emite preto do 50 % da emisións de gases con efecto invernadoiro, así que o problema é máis ben en que puntos do planeta prodúcese o incremento demográfico, pois non consome o mesmo, por exemplo, un cidadán europeo que un nado nunha aldea de India.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 11)

 

Vaia semana romántica pasamos no TikTok do #DígochoEu! Velaquí un resumo do que se fixo máis viral!

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXVIII

VERTICAIS: 1. Zorra 3. Alejandro 5. Columbretes 7. Ouriolo 9. Naipyidó.

HORIZONTAIS: 2. Piarda 4. Mackenzie 6. Lalín 8. Ferrol 10. Bidasoa.

Repaso cultura xeral XVIII!

ENCRUCILLADO LXVIII

VERTICAIS: 1. Especie de caixón escorregadizo, útil para transportar cousas e persoas 3. Nome do atleta olimpico vigués que morreu recentemente aos 53 anos 5. Conxunto de catro grupos de illas volcánicas que sumadas posúen 0,19 km², situadas a 30 millas (48,2 km) ao leste do Cabo de Oropesa, integradas no termo municipal de Castellón da Plana, na provincia de Castellón 7. Paxaro da familia dos oriólidos, de cor amarela, con ás e rabo negros, peteiro rosado e ollos vermellos, o macho, e de cor verdosa nas partes superiores, parda nas ás e no rabo e abrancazada con raias pardas nas inferiores, a femia 9. Capital de Myanmar ou Birmania.

HORIZONTAIS: 2. Peixe da familia dos aterínidos duns dezaseis centímetros de lonxitude, cor verdosa con pintas negras no dorso e abrancazada no ventre, que vive preto da costa formando cardumes e de nome científico Atherina presbyter 4. Río máis longo de Canadá 6. A romaria do Corpiño celébrase na parroquia de Santa Baia de Losón, que pertence ao concello pontevedrés de... 8. O castelo de San Filipe, o Castelo da Palma e o Castelo de San Martín, hoxe en día en ruínas, conformaban en conxunto o escudo defensivo da ría de... 10. Nome do río que desembocando no Mar Cantábrico entre Hendaia (Francia) e Irún (España).

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO VI

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

6. FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO VAI EMPEORAR A NOSA CALIDADE DE VIDA


Esta afirmación non ten moito sentido se temos en conta que o cambio climático xa está a ter consecuencias negativas sobre a nosa vida e que, de non detelo, estas irán a peor. Ademais, moitas das accións destinadas a deter as emisións tamén nos beneficiarán noutros aspectos: por exemplo, respirar un aire de mellor calidade e máis san nas nosas cidades.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es