Blogia

vgomez

#DígochoEu:​ Aprende a conxugar o futuro de subxuntivo

 

Existe un tempo verbal á beira da extinción en galego: o futuro de subxuntivo. Hoxe Esther Estévez Casado apréndenos a conxugalo!

#DígochoEu 

#DígochoEu:​ Dous trucos para pronunciar o n velar

 

Hoxe Esther Estévez Casado ensínanos a pronunciar como é debido o n velar, que é unha das principais características do galego!

#DígochoEu

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO V

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

5. ISTO É ALGO CÍCLICO, XA HOUBO OUTROS CAMBIOS CLIMÁTICOS ANTES


Aínda que, polo menos no ámbito científico, o negacionismo xa parece superado, nalgunhas contornas aínda se escoitan ese tipo de comentarios que parecen restar importancia ao problema. Efectivamente, non é a primeira vez que cambia o clima na historia da Terra, pero está demostrado que a actividade humana acelerou iste proceso. Ademais, sexa de quen sexa a culpa, sabemos que de non frealo as consecuencias serán catastróficas así que máis nos vale facelo.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

UN PEIXE MUTANTE, POSIBLE EXPLICACIÓN DE COMO OS ANIMAIS PASADOR DO MAR Á TERRA

UN PEIXE MUTANTE, POSIBLE EXPLICACIÓN DE COMO OS ANIMAIS PASADOR DO MAR Á TERRA

Recreación artística do Elpistostegedes, un peixe con cinco dedos de hai 380 millóns de anos que puido ser un paso previo aos tetrápodos /  K. Kenny

Científicos da Universidade de Harvard deseñaron peixes cebra que mostran a formación inicial de apéndices con forma de extremidades tras o cambio dun só xene. Segundo os autores do estudo, publicado na revista Cell, a mutación marca un paso fundamental na nosa comprensión da evolución das aletas a extremidades similares ás nosas e mostra como cambios xenéticos sorprendentemente simples poden crear grandes avances no desenvolvemento de estruturas complexas. De igual forma, os resultados poden lanzar luz sobre a transición de mar a terra dos vertebrados.

"Foi incrible que unha soa mutación puidese crear ósos e articulacións completamente novos", afirma M. Brent Hawkins, primeiro autor do estudo. "Nas 30.000 especies de peixes teleósteos, ningunha ten iste tipo de variación, polo que o feito de que atopemos un mutante como este realmente deixounos sen alento", recoñece. Os teleósteos forman unha liñaxe diversa que inclúen peixes de cores, salmón, anguías, solla, peixe pallaso, peixe globo, bagre e peixe cebra. Hai máis especies de  teleósteos que todas as de aves, mamíferos, réptiles e anfibios. Con todo, a pesar da gran cantidade de especies e a ampla gama de formas, tamaños e hábitats, a aleta  pectoral dos  teleósteos é sorprendentemente simple e sen cambios.


A imaxe mostra como o peixe cebra mutante transforma as súas extremidades

A mutación que Hawkins e os seus colegas descubriron provoca un cambio nos ósos da aleta pectoral do peixe cebra chamados «radiais proximais», que se adhiren á articulación do ombreiro do peixe, de maneira similar a como o brazo humano adhírese ao noso ombreiro. Pero a diferenza dos humanos e outros tetrápodos, o peixe cebra non ten unha serie destes elementos esqueléticos que se articulan nas articulacións, como os compoñentes do noso brazo e dedos. Con esta mutación, desenvólvese un novo conxunto de ósos longos chamados «radiais intermedios» que son capaces de articularse cos radiais proximais existentes, formando unha articulación similar ao noso cóbado.

A análise xenética revelou que as mutacións en calquera dos dous xenes, vav2 e waslb, poden causar independentemente este cambio no desenvolvemento. Ningún dos xenes relacionouse previamente co desenvolvemento esquelético, pero a análise revelou que ambos activan programas Hox que modelan a rexión media da extremidade.

Crese que as extremidades son unha innovación evolutiva clave, que permite aos vertebrados camiñar sobre a terra e, no caso das aves e os morcegos, voar. O que mostran estes resultados é que un grupo de peixes que se pensaba perderan ou silenciaran a maquinaria necesaria para desenvolver apéndices en forma de extremidades en realidade reteñen unha latencia innata para formar estas estruturas.

A pesar destes achados, aínda queda a dúbida de se estes novos ósos cambian a funcionalidade das aletas  pectorais do peixe cebra. Os próximos pasos incorporarán  microscopía de vídeo a escala fina para determinar se a articulación destes novos ósos é suficiente para influír en como se moven os peixes.

Co descubrimento destes mutantes, os investigadores abren unha nova liña de preguntas sobre como os vertebrados deron os seus primeiros pasos cara ao movemento en terra e sobre a mecánica xenética e de desenvolvemento necesaria para que isto suceda.

FONTE: abc.es/ciencia

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Foi proclamado en 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas.

Á parte de Marie Curie ou Hipatia de Alexandría non son moitas as mulleres populares na historia da Ciencia. Con todo, si abundan os casos das que foron flagrantemente ninguneadas, tiveron que loitar contra o sexismo ou traballar en condicións miserables para que ao final, despois de tanto esforzo, os seus descubrimentos fosen atribuídos aos seus colegas masculinos e mesmo aos seus maridos!

Algúns exemplos:

- A xenetista estadounidense Nettie Stevens (1861-1912) realizou unha exhaustiva investigación con insectos cuxa principal conclusión revolucionaría o mundo da ciencia: son dous tipos de cromosomas, o X e o Y, os que determinan o sexo dun ser vivo, algo que a principios do século XX era completamente descoñecido. O seu traballo tamén proporcionou evidencias de como se obteñen os trazos hereditarios. Pero, mala sorte, Stevens publicou o seu traballo ao mesmo tempo que o seu prestixioso colega Edmund  B.Wilson e é fácil saber quen levou a gloria.

- Ao adiñeirado pai de Rosalind Franklin (1920-1958), dedicado á banca en Londres, non lle fixo moita graza que a súa filla quixese estudar química, e mesmo retiroulle a súa asignación, pero o empeño da noza fíxolle cambiar a súa decisión e correr cos gastos. Formouse así unha mente brillante, cuxas achegas foron imprescindibles para o descubrimento da estrutura do ADN xunto a James Watson e Francis Crick. Pero os seus colegas masculinos non foron precisamente moi elegantes con ela. Para empezar, no artigo de Nature no que publicaban os seus achados, Franklin aparece citada no último parágrafo, no que lle agradecen os seus resultados experimentais non publicados e ideas, coma se fose unha especie de «bolseira».

- A da austríaca Lise Meitner (1878-1968) é unha historia de desprezos e penalidades por unha dobre condición, a de ser muller e xudía. "Nai" da fisión nuclear (a ruptura dun átomo pesado noutros menos pesados e máis estables) e recibida en EE. UU. como unha celebridade despois da Segunda Guerra Mundial, hoxe en día apenas coñçecena. Non compartiu o Nobel de Química co seu compañeiro de laboratorio Otto Hahn por razóns difíciles de entender. E encima Hahn nin sequera mencionouna cando recolleu o premio en 1947 a pesar dos seus 30 anos de colaboración. Esa foi posiblemente a cúspide dos moitos  desaires que Meitner tivo que pasar durante a súa carreira científica.

- A estadounidense Isabella Helen Lugski (1921-2017), máis coñecida como Isabella Karle, o seu apelido de casada, desenvolveu un serie de técnicas para determinar a estrutura tridimensional das moléculas por cristalografía de raios X. Pero o Premio Nobel de Química de 1985 déronllo ao seu esposo, o tamén químico Jerome Karle, e ao seu colaborador, Herbert A. Hauptman. Ela non contaba para o comité destes galardóns, que só entregaron o 3% dos premios a mulleres.

- Cando Agnes Pockels (1862-1935) terminou os seus estudos as universidades alemás non admitían mulleres e, cando si o fixeron, os seus pais non a deixaron matricularse. Así que esta moza nada en Venecia dedicouse a coidar dos seus e non tivo máis emprego que o de ama de casa. Con todo, arranxoullas para estudar física cos libros do seu irmán, coñecementos que aplicaba ao que tiña máis a man: a auga de fregar os pratos. Desta forma, Pockels desenvolveu un dispositivo para medir a tensión superficial en substancias como aceites, graxas, xabóns e deterxentes. Os seus estudos foron publicados en Nature, pero o mundo esqueceuna por completo e foi Irving Langmuir quen levou o Nobel en 1932 polo perfeccionamento da idea orixinal de Pockels.

- Sinais de vida intelixente  interplanetaria? Non, son púlsares. Descubriunos a norirlandesa Jocelyn Bell Burnell (1943) mentres facía a súa tese doutoral na Universidade de Cambridge (Inglaterra). Tras analizar unha inxente cantidade de datos obtidos por un radiotelescopio que ela mesma axudou a construír, deu cos sinais destes cadáveres estelares que viran sobre si mesmos a gran velocidade. Con todo, o premio Nobel por ese descubrimento déronllo ao supervisor da súa tese, Anthony Hewish, e a Martin Ryle, tamén astrónomo en Cambridge. A propia Bell Burnell explicaba a National Geographic en 2013 que "a imaxe que a xente tiña nese momento de como se facía a ciencia era a dun home maior que tiña baixo o seu mando a unha chea de subalternos, de quen se esperaba que fixesen o que el dicía".

Unha pena!

Os tempos cambiaron, pero aínda queda moito que facer neste campo.

FONTE: es.wikipedia.org e abc.es/ciencia    Imaxe: youtube.com

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO IV

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

4. A TECNOLOXÍA VAI SOLUCIONAR O PROBLEMA


O tecnoptimismo é outro pensamento moi perigoso supón delegar toda a esperanza en que alguén invente unha solución tecnolóxica que nos libre do cambio climático. Ese ‘algo inventarán’ implica crer nun remedio máxico e milagroso que seguramente non chegue nunca. O cambio climático é un problema complexo e por iso non hai unha solución única.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

#DígochoEu: Cantas vogais hai en galego? 5, 7 ou 10?

 

No capítulo de hoxe, Esther Estévez Casado resólvenos unha dúbida bastante frecuente! Cantas vogais hai en galego?

#DígochoEu

AMASIA: UN NOVO SUPERCONTINENTE QUE XURDIRÁ DO CHOQUE DE EURAIS E AS AMÉRICAS

Amasia, o novo supercontinente que se formará nos próximos 200 millóns de anos / Nicolle R. Fuller/ Science Source

Observa o globo terráqueo que aparece sobre estas liñas. Desde logo ten un aspecto familiar, aínda que ningún dos nosos mapas serviría para desprazarnos a través del. Pasaron preto de 200 millóns de anos desde o momento actual, os continentes uníronse e formaron un novo supercontinente que os engloba a todos. Os investigadores bautizárono como Amasia, e é moi probable que este sexa o aspecto da Terra nun afastado futuro.

Non é a primeira vez que sucede. No noso mundo todo móvese, incluso o que a primeira vista parece inamovible. Os continentes desprázanse como grandes balsas de rocha sobre o manto, a grosa capa de  silicatos fundidos que existe entre a codia e o núcleo terrestres. E eses movementos lévanos a unirse e separarse en ciclos regulares que, segundo os científicos, sucédense cada 600 millóns de anos.

No pasado, desde Rodinia ata Pangea, o noso mundo viu como xurdían e desaparecían varios supercontinentes, con aspectos totalmente distintos uns doutros. Hai preto de 175 millóns de anos Pangea, o último deles, partiuse en pedazos e deu lugar aos varios continentes separados que hoxe configuran a pel do noso planeta.

Agora, baseándose en numerosos datos xeolóxicos dese pasado remoto, un equipo de investigadores predixo cando e onde se formará Amasia, o próximo supercontinente que verá a Terra. Os seus resultados publicáronse na revista Geology.

Os continentes, todos, asíntanse sobre placas tectónicas, que como se dixo son grandes laxas de codia que flotan sobre o manto. En certo sentido, o manto compórtase como unha pota de auga fervendo: quentado polo núcleo fundido e ardente da Terra, móvese lentamente.

A codia terrestre, pola súa banda, créase e destrúese nun ciclo que non ten fin. Por unha banda, ao longo das dorsais oceánicas, enormes cordilleiras submarinas que cruzan os océanos polos seus centros, o manto vai xurdindo das profundidades e arrefríase, creando nova codia e empuxando á máis antiga, que se despraza afastándose das dorsais ata chegar ás chamadas “zonas de subducción”, preto dos bordos continentais, onde volve mergullarse, de novo, ata o máis profundo do manto.

Este fluxo continuo e circular chámase “convección do manto”, e é precisamente o proceso que, ao longo de millóns de anos, impulsa os movementos das placas continentais e a súa ocasional ensamblaxe en supercontinentes.

Para saber máis sobre o funcionamento do ciclo dos supercontinentes da Terra, Ross Mitchell,  xeólogo da Academia Chinesa de Ciencias, centrouse nos chamados “megas continentes”, que son máis pequenos que un supercontinente completo. Un deles, Gondwana, que se formou hai uns 520 millóns de anos, foi o que conduciu á ensamblaxe de Pangea 200 millóns de anos despois.

Para estudar como Gondwana deu lugar a Pangea, os investigadores fixeron mapas das placas continentais ao longo do tempo, baseándose en rexistros fósiles e outros antigos indicadores xeolóxicos. Despois estudaron como a posición deses continentes relacionábase cos modelos informáticos que recrean o movemento do manto e a localización esperada das áreas de creación e destrución de codia.

O que descubriron é que os continentes tenden a desprazarse “costa abaixo” cara ás zonas de subducción, onde volven afundirse nas profundidades da Terra. Mitchell denomina a esas zonas “cintos de subducción” porque as placas continentais, di, son demasiado grandes e grosas para volver afundirse e “atáscanse”. De forma que só poden moverse lateralmente ao longo dos cintos de subducción e, ao facelo, únense a outros continentes. Ese é, precisamente, o proceso que tivo lugar cando Gondwana converteuse en Pangea.

Pero o modelo de Mitchell e os seus colegas non se limita a ver o que ocorreu no pasado, senón que tamén pode predicir cal será a seguinte configuración continental do noso planeta. No seu estudo, os investigadores explican que cando Pangea rompeu, hai 175 millóns de anos, conduciu á formación do Anel de Lume, un conxunto de zonas de subducción ao longo do perímetro do Océano Pacífico que alimenta violentas  erupcións volcánicas e terremotos.

Desde ese momento e ata o de agora, varios continentes xa se combinaron para crear Eurasia, o megacontinente actual, que se topou co Anel de Lume, o cinto de subducción da nosa era. Demasiado grande para volver afundirse, a medida que Eurasia móvase lateralmente ao longo do Anel de Lume irase achegando ás Américas ata chocar con elas, formando un novo supercontinente, Amasia, entre os próximos 50 e 200 millóns de anos.

A pesar de que aínda existe moito debate sobre onde terminará estando Amasia, o modelo de Mitchell suxire que probablemente será no hemisferio norte, de modo que será un supercontinente polar e, segundo o investigador, centrado no actual Océano Ártico.

Resulta certamente asombroso ver que existe unha especie de “ritmo” na evolución da Terra. E aínda que outros xeólogos propuxeron solucións alternativas para a formación do próximo supercontinente, moitos cren que Mitchell conseguiu resolver o ritmo exacto, de modo que a credibilidade do seu modelo non fai máis que aumentar.

FONTE: elmundoalinstante.com