Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XXII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Lebre ibérica.  Lepus granatensis é un mamífero lagomorfo endémico da península ibérica. Esta especie tende a ser confundida cos coellos (Oryctolagus cuniculus). Ten tamaño mediano: mide entre 44 e 50 cm posúe garras alongadas e moito pelame cubrindo os seus dedos. É unha especie  herbívora e nocturna (de día está xeralmente durmindo). As súas orellas son máis longas que as do coello, poden chegar a medir de 9,3 a 10,5 cm. Normalmente o seu peso é de 1.500 a 2.600 g.

E imos coa pregunta de hoxe!

22. Identifica esta ave.

- Corvo

- Pega

- Gaio

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org   


#DígochoEu: Non digas *abrumar

 

En galego existe a palabra bruma como sinónimo de brétema, pero non o verbo *abrumar, ollo! Esther Estévez Casado cóntanos como podemos dicilo na nosa lingua.

#DígochoEu

A CIENCIA NO 2020 (XI)

Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...

MOVEMBRO


 

1. Atopan unha galaxia oculta no corazón da Vía Láctea: Foi bautizada como ’Heracles’ debido ao seu tamaño e chocou coa nosa galaxia fai 10.000 millóns de anos.

2. Descobren un antigo lago extinto baixo o xeo de Groenlandia: Estaba sepultado a máis de 1 quilómetro de profundidade cuberto por unha capa de xeo de 1,8 quilómetros de grosor.

3. Descobren chimpancés salvaxes infectados con lepra: Trátase da primeira vez na historia que atópase esta enfermidade en chimpancés. Os científicos están desconcertados.

Continura. Mañá decembro!

FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es

A ORIXE DAS PALABRAS: WHISKY

É unha palabra de orixe gaélico e bebida nacional dos escoceses.

Segundo os arquivos da Facenda escocesa, en 1494 o frade John Cor obtivo a primeira concesión dunha partida de cebada para a fabricación dun licor coñecido como Aqua Vitae, termo latino que significa auga da vida. Do latín, a expresión viuse transformada cando se pasou ao gaélico, onde o chamaron uisce beatha. Os anos fixeron pasar este uige a usqua que finalmente terminou sendo uisky. De uisky ao actual whisky practicamente non hai nada.

O “e” de whiskey engadiuse máis tarde para diferenciar o whisky de mellor calidade, nunha época na que a reputación do whisky escocés era moi pobre. Por iso as  destilerías irlandesas e americanas engadiron ese “e”, para diferenciar o seu produto e mirar por encima do ombreiro aos de menor calidade.

Noutros países, abrevíase a Scotch para referirse ao whisky escocés e nalgúns países suramericanos a palabra whiskey (wee-skee) serve tamén para facer sorrir nunha foto, do mesmo xeito que en inglés utilízase  cheese ou en español de España “pataca”.

FONTE: es.babbel.com e muyinteresante.es      Imaxe: harrys.com.mx

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XXIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Pega. De nome científico Pica pica, é un paxaro da familia dos córvidos (corvidae). Vive sobre todo nas proximidades dos asentamentos humanos. A súa plumaxe branca e negra e a súa cola longa fana inconfundible. Miden entre 41 e 51 cm de longo e as ás teñen unha envergadura duns 90 cm. Os machos pesan de media uns 233 gramos; as femias, 203 gramos. Cando están no chan as pegas desprázanse con saltiños, aínda que saben camiñar. Móvense moi axilmente entre as pólas das árbores. O seu voo e ondulante.

E imos coa pregunta de hoxe!

23. Identifica iste pequeno paxaro:

- Xílgaro

- Liñaceiro

- Paporroibo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org      Imaxe: avistandoavesenarteixo.blogspot.com

#DígochoEu: Non digas *profundizar

 

Ollo! O verbo *profundizar non é correcto en galego! Pero, coma sempre, hai alternativas e Esther Estévez Casado dínolas!

#DígochoEu

A CIENCIA NO 2020 (X)

Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...

OUTUBRO


 

1. Os indicios de vida en Venus poderían ser un erro de medición: Durante iste mes, publicáronse estudos realizando unha forte crítica á fosfina achada en Venus, cuxo descubrimento anunciárase o mes pasado, e que podería ser un indicio de vida mirobiana. En concreto, tres estudos: o día 2, un informe, aínda que non cuestionaba a detección, propoñía unha explicación alternativa á súa existencia: o vulcanismo. Outro estudo, ’Non  statistically  significant  detection  of  phosphine?’ (’Non hai detección estatisticamente significativa de fosfina?’), do día 21, no que se avalía a “fiabilidad estatística” da detección de liñas mediante unha nova análise independente dos datos de ALMA; e outro informe titulado Non phosphine in the atmosphere of Venus ou ‘Non hai  fosfina na atmosfera de Venus’, que explica como a aparente detección de fosfina, a través de observacións de radio de ondas milimétricas (ás que chama G2020) “non é compatible coas nosas análises de datos”.

2. A Lúa alberga máis auga do que criamos: Dous estudos revelan a existencia de distintas fontes de auga na superficie da Lúa. O primeiro indica a presenza de auga por primeira vez na cara iluminada. O segundo sinala a existencia de pequenas fendas ás que non chega a luz do Sol, cheas de xeo, na superficie do noso satélite. Este achado resulta prometedor para os futuros residentes da Lúa, aos que lles sería moito máis fácil do esperado contar con recursos hídricos.

3. A NASA recupera o contacto coa Voyager 2: A Voyager-2 da NASA leva viaxando polo espazo 43 anos (e case dous anos no espazo interestelar) e estaba completamente soa desde o últimos oito meses nos que se perdeu o contacto. Afortunadamente, a finais deste mes enviáronse algúns comandos á nave espacial durante unha proba e, despois de 34 horas e 48 minutos, o equipo recibiu un saúdo desde o espazo profundo. A Voyager 2 seguía viva! A nave espacial atópase perfectamente e é capaz de executar comandos a 18.800 millóns de quilómetros da Terra.

Continura. Mañá novembro!

FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XXI

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Arlequín. Zerynthia rumina é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Papilionidae. Debe o seu nome aos motivos e cores das súa ás, que lembran os do traxe do arlequín. É unha bolboreta de tamaño mediano que alcanza unha envergadura de 5 cm. En Europa, unicamente obsérvase na península ibérica e no sueste de Francia.

E Imos coa pregunta de hoxe!

21. Identifica esta imaxe.

- Coello silvestre.

- Lebre ibérica

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org