Blogia

vgomez

A CIENCIA NO 2020 (IX)

Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...


SETEMBRO


 

1. A detección do buraco negro máis masivo a través de ondas gravitacionais: O día 2, dous estudos publicado en Physical Review Letters e Astrophysical Journal  Letters describían a detección do buraco negro máis masivo a través de ondas gravitacionais.Os científicos do proxecto LIGO e Virgo detectaron ondas gravitacionais provenientes dunha colisión entre dous buracos negros, de masas superiores ao esperado para este tipo de eventos, dando como resultado un buraco negro de 142 masas solares, é dicir, un buraco negro de tamaño intermedio. Este tipo de buracos negros era hipotético ata o de agora. Os expertos cren que os buracos negros protagonistas da colisión, á súa vez, eran tamén froito dunha colisión anterior.

2. Descóbrese fosfano en Venus: O fosfano ou fosfina é unha molécula que, na Terra, é segregada por microorganismos en ambientes libres de osíxeno. Unha investigación publicada o día 14 por científicos do telescopio ALMA detallaba a detección de fosfano nas minchas altas de Venus, a uns 50 ou 60 quilómetros de altitude, onde a temperatura é duns 30 ºC (non tan asfixiante como os 500 ºC da súa superficie). Este descubrimento indica un posible rastro de vida microbiana, posto que o fosfano é un biomarcador. Con todo, os científicos piden ser precavidos, posto que o descubrimento realizouse ao límite dos instrumentos de detección.

Continura. Mañá outubro!

FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es

#DígochoEu: É correcto dicir 'Reises'?

 

Que nervios! Que me deixarían esta noite os Reis Magos… ou son os ’Reises’ Magos? Esther Estévez Casado acláranolo!

#DígochoEu

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS: AGASALLOS DE REIS

Espero que caese algo!

SOPA DE LETRAS: AGASALLOS DE REIS

BICICLETA      COLONIA        BONECOS       CARTOS

XOGUETES      TABLETA         ROUPA           PATÍNS 

MÓBIL             RELOXO          CARTEIRA     

PATINETE        CONSOLA       CARTOS

A CIENCIA NO 2020 (VIII)

Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...

AGOSTO


 

1. A cápsula tripulada de SpaceX  ameriza na Terra: O día 2, regresou á Terra o primeiro voo espacial no que unha empresa privada lanza a persoas en órbita, protagonizando, ademais, a primeira amaraxe (aterraxe no mar) en 45 anos.

2. Explota en Beirut un almacén de nitrato de amonio: O día 4, unha explosión sacudiu Beirut, a capital do Líbano, causando danos a edificios e persoas en toda a cidade. Segundo os informes, a explosión rexistrouse como un terremoto de magnitude 3,3 na capital do Líbano e sentiuse ata  Chipre, a uns 150 quilómetros de distancia.  En canto á causa, todo apunta a que se orixinou nun almacén que gardaba case 3000 toneladas de nitrato de  amonio, que se almacenou de maneira incorrecta. O nitrato de  amonio, en por si, non é perigoso; pero é moi inflamable, como todos os compostos de nitróxeno. A molécula de nitróxeno ten unha ligazón tripla que require moita enerxía para romper, o que facilita que se produzan explosións.

3. África declárase libre de polio: A Rexión de África declarouse como zona libre de polio salvaxe o día 25, en especial, pola ausencia de casos de poliomielitis en Nixeria, o último país que reportaba casos, no últimos tres anos. Pero a OMS considera que o risco de brotes a nivel internacional é aínda alto.

Continura. Mañá setembro!

FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es

#DígochoEu: Aprende os números en 1 minuto!

 

Á conta do gañado na lotería hoxe Esther Estévez Casado non para de cantar números. 

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XX

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Vacaloura. Ou escornabois (Lucanus cervus), é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. É considerado o maior escaravello de Europa, oscilando o seu tamaño entre 30 e 90 milímetros no caso dos machos e 28 e 45 milímetros nas femias. Poden voar, alcanzando velocidades de ata 6 km/h.

E imos coa pregunta de hoxe!

20. Saberías identificar, a partir da imaxe, esta bolboreta?

- Monarca

- Limoneira

- Arlequín

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org   

ROMPEMOS O PACTO COA NATUREZA



Defínese a si mesmo como “paisaxista sonoro”, e leva máis de 30 anos rexistrando os sons da natureza. O naturalista e técnico de son Carlos de Fita está convencido de que a divulgación por medio do son é unha “ferramenta moi eficaz para transmitir á sociedade como é ese mundo natural, limpo e puro que temos que conservar”.

Crítico coa situación ambiental, considera que a humanidade rompeu un vello pacto coa natureza. “Sempre se di: ’Temos que coidar a natureza polos nosos fillos’. Bo, temos que coidar a natureza porque non é nosa. Non temos dereito a destruíla. O pacto debe ser a favor das dúas partes, non só da nosa”. E reflexiona: “Se tivese que xustificar a miña actividade na comunicación, non sería só para explicar o bonito que é o campo, e a riqueza que hai alí; senón que cando mostro a beleza da natureza, aspiro a que a xente se volva esixente e respectuosa”.

É autor do libro ‘Viaxe visual e sonoro polos bosques de España’, no que os bosques se describen a si mesmos a través dun código QR. Ademais de colaborador habitual en varios medios de comunicación, guionista de documentais e creador da banda sonora da súa vida: ‘O son da natureza’, un blogue onde publica sonogramas como testemuño dun dos maiores arquivos sonoros da biodiversidade e fauna española, africana, amazónica e india. Unha xanela a esa “atmosfera cristalina”, que nos mostra como soa a natureza en cada momento do ano ou o canto dun  autillo no seu castiñeiro.

Na actualidade, De Fita continúa o seu legado con esa actitude paciente e contemplativa que o caracteriza. Esta vez mediante a recompilación de diferentes gravacións que permitan estudar a evolución acústica da biodiversidade: “O son é un termómetro que reflicte o que sucede na realidade”. E faino rexistrando diariamente a actividade do bosque de Valsaín, onde vive desde hai tempo afastado da sociedade mecanizada.