Blogia

vgomez

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 13)

 

Seguimos aprendendo fonética con Esther  Estévez Casado! Imos co capítulo 13!

#DígochoEu 

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XIX

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Píllara papuda. Ou Borrelho-de-coleira, no país veció. De nome científico Charadrius alexandrinus, é unha pequena ave limícola pertencente á familia Charadriidae. Miden uns 15-17 cm de longo e 42-45 de envergadura. A cor varía dependendo da etapa na que se atope, durante a etapa reprodutiva a plumaxe é pardo agrisado moi claro no dorso. Manchas na coronilla, tras os ollos e laterais ao peito son escuras na femia e de cor negra no macho, que no inverno acláranse. As partes inferiores son brancas. O pico é curto e negro. As patas son agrisadas. A nivel galego atópase ameazada de extinción debido á alteración do seu hábitat.  Na actualidade existen asociacións coma ANABAM que loitan porque esta ave non desapareza dos areais galegos, levando a cabo proxectos de concienciación e protección dos areais nos que a píllara aniña.

E imos coa pregunta de hoxe!

19. Poderías identificar iste insecto?

- Escaravello peloteiro

- Escaravello galego

- Vacaloura

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org    

A CIENCIA NO 2020 (VII)

Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...

XULLO


 

1. O CERN descobre un novo tipo de partícula: o tetraquark. Ata o de agora, sabiamos que os quarks (partículas elementais indivisibles) uníanse en grupos de dous e tres para formar o que coñecemos como hadróns. Pero os físicos predixeran a existencia de hadróns de catro e ata cinco quarks. Pois ben; neste mes, comprobouse a súa existencia, grazas ao LHC (acelerador de partículas) do CERN. O achado axudará aos físicos para comprender mellor as complexas formas nas que os quarks únense en partículas compostas, como os protóns e neutróns ubicuos que se atopan dentro dos núcleos atómicos.

2. Lánzanse tres misións con destino a Marte: Iste mes coincidiu co período ideal (de posición da Terra con respecto a Marte) para viaxar da maneira máis eficiente posible ao planeta vermello. As misións son as seguintes: a misión Hope, de  Emiratos Árabes Unidos, unha sonda que orbitará Marte para estudar o planeta; a misión Tianwen-1, de China, unha sonda  orbitadora e un  rover que se dedicará a buscar restos de vida; e o lanzamento do rover Perseverance, da NASA, que tamén buscará signos de vida. O Perseverance levará consigo o primeiro micrófono a Marte, co que poderemos escoitar os sons do planeta vermello; e tamén un helicóptero co que se espera captar impresionantes fotografías aéreas.

3. Descóbrese unha nova megaestructura galáctica detrás da Vía Láctea: Trátase dun ‘muro’ galáctico situado a 500 millóns de anos luz de distancia, e foi bautizada como a ‘Parede do Polo sur’, oculta ata o de agora polo intenso brillo da nosa galaxia.

Continura. Mañá agosto!

FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 5)

 

Sabías que o galego tamén che serve fóra de Galicia? Pois iso é unha das cousas que aclaramos nun dos vídeos virais do #DígochoEu en TikTok! Alí tamén aprendemos a ser uns lerchos con exemplos reais do dicionario da Real Academia Galega. 

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS: FORON NOTICIA NO 2020

Que nos deparará o ano 2021?

A CIENCIA NO 2020 (VI)

Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...


XUÑO


1. Confirmado: pódese extraer enerxía dun buraco negro: Un equipo de investigadores lograron demostrar  experimentalmente o efecto proposto por Penrose e, posteriormente o tamén físico Yakov Zel’dovich, polo que un obxecto mergullado nos límites exteriores do horizonte de sucesos dun buraco negro cargaríase enerxía negativa. Con todo, este estudo non nos axudará a xerar enerxía aquí na Terra.

2. Descobren o ovo fósil máis grande da era dos dinosauros: Os expertos estiman que ten uns 68 millóns de anos, unha data próxima ao evento de extinción da maior parte de dinosauros. Foi descuberto na Antártida, ten o tamaño dunha enorme pataca engurrada, foi alcumado “The  Thing” (A Cousa) e non ten unha casca dura.

3. Agrandan o cerebro duns monos coa axuda dun xene humano: Un equipo de científicos do Instituto Max Planck de Bioloxía e Xenética Celular Molecular en colaboración co Instituto Central de Animais Experimentais logrou crear cerebros de mono máis grandes do habitual ao dar aos fetos de tití un xene que é exclusivo dos humanos. O xene ARHGAP11 B só atópase en humanos e activa as células nai do cerebro para formar máis células nai, un requisito previo para un cerebro máis grande.

4. O Ártico rexistra a súa temperatura máis alta: Un rexión de Siberia, no Círculo Polar Ártico, alcanzou máis de 38 °C, 17 °C por encima da temperatura normal para un 20 de xuño. As elevadas temperaturas empezan a  derretir o permafrost.

Continura. Mañá xullo!

FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es

SOPA DE LETRAS: FORON NOTICIA NO 2020

MARADONA        TRUMP       PANDEMIA             PGE

CORENTENA       VACINA      EUTANASIA           BREXIT

SIMÓN                BIDEN        CELAÁ                    EMÉRITO

CORONAVIRUS   TORRA       SÁNCHEZ               FEIJOÓ

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XVIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Lagarto arnal. Ou lagarto ferreño (Timon lepidus), pode chegar aos 70 cm ou máis de lonxitude total incluíndo a cola. A coloración de fondo no dorso adoita ser verde, pero ás veces pode ser gris o apardazada, especialmente na cabeza e na cola, e presenta dúas bandas de pintas (ocelos) azuis interconectadas. En Galicia atopámolo en moi diversos hábitats: claros en bosques, cultivos, dunas, serras, cantís costeiros, pero sempre prefire zonas abrigadas e cálidas. 

E imos coa pregunta de hoxe!

18. É unha ave limícola de especial protección no noso Esteiro do Miño. Poderías identificala?

- Correlimos tridáctilo

- Píllara cincenta

- Píllara papuda

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: wikipedia.org