#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 4)
Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...
MAIO

1. Microplásticos en aves rapaces: Unha noticia desoladora para a biosfera do planeta. Agora non só as especies mariñas vense ameazadas pola contaminación por plásticos, senón tamén as aves. Un equipo de científicos da Universidade de Florida Central desucubriu microplásticos en 63 aves rapaces de distintas especies, terrestres e acuáticas na zona de Florida.
2. Atopan os restos de ’Homo sapiens’ máis antigos de Europa: Os primeiros humanos da nosa especie en Europa ocuparon unha cova antes habitada por neandertais, cuxos restos de sapiens, de hai case 46.000 anos, obrígannos a trasladar esta transición cultural antes do que criamos.
3. Péchase o gran buraco da capa de ozono do Ártico: En marzo diste ano, os satélites da NASA detectaban un enorme buraco na capa de ozono do Ártico, un fenómeno máis ou menos usual no inverno antártico. Pero o aumento das temperaturas na estratosfera durante o mes de abril, que culminou coa chegada de aire rico en ozono desde a atmosfera interior, produciu o peche completo do buraco. En contra do que moitos poidan pensar, a desaparición deste buraco non ten nada que ver co descenso na contaminación durante a crise do coronavirus.
4. Establecen un novo récord de velocidade na internet: 44,2 terabits/s. A esta velocidade pódense descargar 1.000 películas de alta definición en menos dun segundo!
5. A primeira vacina contra a COVID-19 probada en humanos mostra prometedores resultados: Segundo os resultados publicados en maio polo laboratorio farmacéutico Moderna, os ensaios clínicos en fase 1 da súa vacina experimental mostran que podería ser eficaz e segura.
6. Lánzase o primeiro voo espacial tripulado de titularidade privada: O 30 diste mes produciuse un lanzamento histórico: o do foguete Falcon9 de SpaceX e, nel, dous astronautas da NASA, a bordo da nave Crew Dragon, puxéronse rumbo á Estación Espacial Internacional (ISS). 24 horas despois, a NASA anunciou que os astronautas reuníranse exitosamente coa tripulación da ISS. Un logro histórico!
Continura. Mañá xuño!
FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es

A viñeta de El Roto (Andrés Rábago García, Madrid-1947) no xornal El País, de onte, plantéxanos un dilema: o remate dun ano 2020 horrendo e o comezo do 2021 que albisca a luz ao final do túnel. Pero engádelle algo preocupante: utopías. Non vai desencamiñado!
Si, será o fin dun ano desastroso, o comezo da esperanza diante da pandemia, pero non vai ser un camiño de rosas. Melloraremos, ou polo menos é o moso desexo, no eido sanitario, pero queda o campo económico e social, e iso é fariña doutro costado.
Esta é a definición de utopía: Idea, proxecto etc., que se considera moi bo pero irrealizable.
Veremos que pasa!
Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...
ABRIL

1. Unha estrela que orbita un buraco negro confirma que Einstein tiña razón: Neste mes, tivemos coñecemento doutra proba que lle dá a razón á Relatividade de Einstein: unha estrela chamada S2 próxima ao enorme buraco negro que habita o corazón da Vía Láctea (Saxitario A) non ten unha órbita elíptica fixa como predí a teoría da gravidade de Isaac Newton, senón que "baila" ao redor do buraco negro nun patrón que se asemella a unha roseta debuxada cun espirógrafo, como predixo Einstein hai 100 anos.
2. A Terra perde a súa ‘minilúa’: En febreiro anunciouse a presenza dun pequeno satélite que fora expulsado da órbita do Sol e que foi captado pola gravidade da Terra a uns 300.000 quilómetros do noso planeta. A comezos deste mes decatámonos de que esta segunda lúa escapara da nosa gravidade e voltou á órbita solar. Previsiblemente, volverá visitarnos no ano 2044.
3. Captan a supernova máis brillante xamais vista no universo: A supernova, denominada SN2016 aps, é dúas veces máis brillante que calquera obxecto atopado previamente no universo.
Continura. Mañá maio!
FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es
2 de xaneiro: Perihelio (distancia minima Terra-Sol: 147.093.051 km)
6 de xaneiro: Cuarto Minguante
13 de xaneiro: Lúa Nova
20 de xaneiro: Cuarto Crecente
28 de xaneiro: Lúa Chea
Chuvia de meteoros: Cuadrántidas: do 1 ao 5, con máximo na oite do dous e madrugada do 3. O corpo proxenitor é o asteroide 2003 EH, que crese que foi á súa vez o cometa C/1490 Y1 que observaron astrónomos chinos, xaponeses e coreanos hai uns 500 años. O radiante é a constelación del Boyero o Bootes. Sen embargo, reciben o nome da desaparecida constelación de Quadrans Muralis, que ocupaba parte do actual Boyero.
Rematou o 2020! Pero en galego non comemos as uvas coas *campanadas! Esther Estévez Casado danos a alternativa!

Espero que iste ano que hoxe comeza sirva para deixar atrás a pandemia e unha volta a normalidade.
Feliz 2021