Blogia
vgomez

A CIENCIA NO 2020 (IV)

Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...


ABRIL


1. Unha estrela que orbita un buraco negro confirma que Einstein tiña razón: Neste mes, tivemos coñecemento doutra proba que lle dá a razón á Relatividade de Einstein: unha estrela chamada S2 próxima ao enorme buraco negro que habita o corazón da Vía Láctea (Saxitario A) non ten unha órbita elíptica fixa como predí a teoría da gravidade de Isaac Newton, senón que "baila" ao redor do buraco negro nun patrón que se asemella a unha roseta debuxada cun espirógrafo, como predixo Einstein hai 100 anos.

2. A Terra perde a súa ‘minilúa’: En febreiro anunciouse a presenza dun pequeno satélite que fora expulsado da órbita do Sol e que foi captado pola gravidade da Terra a uns 300.000 quilómetros do noso planeta. A comezos deste mes decatámonos de que esta segunda lúa escapara da nosa gravidade e voltou á órbita solar. Previsiblemente, volverá visitarnos no ano 2044.

3. Captan a supernova máis brillante xamais vista no universo: A supernova, denominada SN2016 aps, é dúas veces máis brillante que calquera obxecto atopado previamente no universo.

Continura. Mañá maio!

FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es

0 comentarios