A CIENCIA NO 2020 (V)
Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...
MAIO
1. Microplásticos en aves rapaces: Unha noticia desoladora para a biosfera do planeta. Agora non só as especies mariñas vense ameazadas pola contaminación por plásticos, senón tamén as aves. Un equipo de científicos da Universidade de Florida Central desucubriu microplásticos en 63 aves rapaces de distintas especies, terrestres e acuáticas na zona de Florida.
2. Atopan os restos de ’Homo sapiens’ máis antigos de Europa: Os primeiros humanos da nosa especie en Europa ocuparon unha cova antes habitada por neandertais, cuxos restos de sapiens, de hai case 46.000 anos, obrígannos a trasladar esta transición cultural antes do que criamos.
3. Péchase o gran buraco da capa de ozono do Ártico: En marzo diste ano, os satélites da NASA detectaban un enorme buraco na capa de ozono do Ártico, un fenómeno máis ou menos usual no inverno antártico. Pero o aumento das temperaturas na estratosfera durante o mes de abril, que culminou coa chegada de aire rico en ozono desde a atmosfera interior, produciu o peche completo do buraco. En contra do que moitos poidan pensar, a desaparición deste buraco non ten nada que ver co descenso na contaminación durante a crise do coronavirus.
4. Establecen un novo récord de velocidade na internet: 44,2 terabits/s. A esta velocidade pódense descargar 1.000 películas de alta definición en menos dun segundo!
5. A primeira vacina contra a COVID-19 probada en humanos mostra prometedores resultados: Segundo os resultados publicados en maio polo laboratorio farmacéutico Moderna, os ensaios clínicos en fase 1 da súa vacina experimental mostran que podería ser eficaz e segura.
6. Lánzase o primeiro voo espacial tripulado de titularidade privada: O 30 diste mes produciuse un lanzamento histórico: o do foguete Falcon9 de SpaceX e, nel, dous astronautas da NASA, a bordo da nave Crew Dragon, puxéronse rumbo á Estación Espacial Internacional (ISS). 24 horas despois, a NASA anunciou que os astronautas reuníranse exitosamente coa tripulación da ISS. Un logro histórico!
Continura. Mañá xuño!
FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es
0 comentarios