Blogia

vgomez

#DígochoEu: Como é? Regalos ou agasallos?

 

Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos... que fanRegalos ou agasallos? Esther Estévez Casado aclarámolo!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Teixugo. Tamén coñecido como porco teixo e de nome científico Meles meles, é un mamífero pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles. Mide entre 60 e 90 centímetros e ten un peso entre 7 e 13 quilogramos. É un animal de hábitos nocturnos, sendo moi raro atopalo durante o día.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Saberías dicir, a partir da fotografía, de que cobra estamos a falar?

- Cobra bastarda

- Cobra viperina

- Cobra de colar

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: wikipedia.org

O REI DA COVA: O CEMPÉS DE MOVILE

Unha foto da especie recentemente descuberta (Cryptops speleorex), o habitante máis grande da cova Movile (Rumania) / Mihai Baciu, GESS LAB, Mangalia

A cova de Movile, en Romanía, é un lugar parecido ao inferno: é un ecosistema subterráneo que presenta altos niveis de sulfuro de hidróxeno e dióxido de carbono, así como a metade de osíxeno que existe en condicións ambientais normais. É dicir, só respirar alí podería ser letal para a maioría das especies. A pesar diso, existe a vida, pero con algunhas «modificacións»: os seres vexetais que moran no seu interior realizan a quimiosíntese no canto da fotosíntese; e as bacterias que proliferan aliméntanse de dióxido de carbono e metano. E agora, un equipo internacional acaba de atopar unha nova rareza: ao animal máis grande de entre todos, o rei da cova. O cempés Cryptops speleorex.

Cun tamaño de entre 4,6 e 5,2 centímetros de lonxitude, o cempés C. speleorex é o máis grande dos habitantes da cova coñecido ata a data, entre os que existen 48 especies (agora 49) das que 33 son endémicas (é dicir, que só se dan entre aquelas rochas). "O cempés que describimos é un depredador velenoso, con moito o máis grande dos animais descritos anteriormente aquí. Pensando no seu rango superior neste sistema subterráneo, decidimos nomear a especie Cryptops speleorex, que pode traducirse como ’Rey da cova’", explican os investigadores no seu estudo, que acaba de publicarse na revista Zookeys.

A cova foi descuberta en 1986 por casualidade por uns traballadores romaneses que buscaban a localización para unha nova central eléctrica. Desde entón, foi un reclamo para aventureiros e investigadores, quen entrou nesta fenda a poucos quilómetros do Mar Negro despois de que estivese pechada ao mundo exterior desde hai 5,5 millóns de anos, máis ou menos cando aparece o primeiro descendente común de humanos, chimpancés e bonobos.

Esta característica propiciou que a súa fauna adaptouse a vivir en condicións sen luz e sen osíxeno, creando un forte endemismo de especies excepcionais e vínculos tróficos singulares. Con todo, durante moito tempo pensouse que iste ecosistema subterráneo único tamén estaba habitado por especies presentes na superficie e moi estendidas en Europa. Pero poucos anos máis tarde descubríronse especies únicas como o escorpión de auga troglobiont, arañas liocránidas e nesticidas ou as sambesugas das cavernas, todos parecidos aos seus «curmáns» da superficie, pero dos que se descubriu que xeneticamente pertencían a ramas distintas.

"Os nosos resultados confirmaron que o cempés Movile é morfolóxica e xeneticamente diferente, o que suxire que estivo evolucionando desde o seu parente máis próximo, que habita na superficie, a un taxón completamente novo que se adapta mellor á vida na escuridade sen fin", afirman os investigadores quen sospeita que existen moitas máis especies parecidas sen descubrir nunha das covas máis infernais do mundo.

FONTE: abc.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Bufo real. O Bubo bubo é a maior das rapaces nocturnas ibéricas e imposible de confundir con ningunha outra. A súa plumaxe é pardo xaspeado. Ten unha talla duns 70 cm, e entre 2,5 e 3,5 kg de peso. A súa embergadura  alar excede os 150 cm., e ten orellas anchas a modo de grandes cellas (a diferenza do Bufo mozo, no que as orellas parecen antenas), poderosas garras e ollos claramente alaranxados.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Fíxate na imaxe. Que é?

- Londra

- Teixugo

- Visón

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: wikipedia.org

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS ESPECIAL NADAL

Materia prima para as comidas do Nadal!

#DígochoEu: Non digas *villancico

 

As cancións típicas do Nadal non son *villancicos. Esther Estévez Casado explícanos a forma correcta. 

#DígochoEu

#DígochoEu: É correcto dicir 'bon Nadal'?

 

'Bon' é unha varidade dialectal do estándar 'bo'... pero se cadra iso é o de menos. O capítulo de hoxe é para coñecer outras palabras típicas do Nadal cunha Esther máis zoupona do habitual.

#DígochoEu

SOPA DE LETRAS ESPECIAL NADAL

TURRÓN        MAZAPÁN         UVAS          CIGALAS

VIEIRAS        FIGOS               VIÑO          LAGOSTINOS

VITELA          BACALLAU        POLBO        CHAMPAÑA

PESCADA       ANANÁS           LAGOSTA    COLIFLOR