Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XV

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Choco. Tamén coñecido como chopo, xiba ou sepia, de nome científico Sepia officinalis, é un molusco cefalópodo mariño da familia dos Sepiidae, dentro da orde dos Sepiida. Ten o corpo ovado e groso, cunha cuncha calcaria interna e unha bolsa de tinta coa que escurece a auga en situacións de perigo. A cor é moi variable, en función das circunstancias biolóxicas e o substrato no que se pousan. Adoitan ser de cor moura ou gris apardazada, con puntos de distinto tamaño ou bandas de cor. A zona ventral é abrancazada.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Identifica iste animal a partir da fotografía superior.

- Lobo

- Chacal

- Raposo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: rafaelescanciano.com

PALABRA DO ANO 2020: ’NÓS’

Nin ’vacina’, nin ’pandemia’, nin ’máscara’ nin ’gromo’. Fronte ao omnipresente coronavirus, os galegos preferiron lembrar unha das xeracións más valiosas da nosa cultura ao escoller a Palabra do Ano 2020 e, por votación virtual pública, elixiron o termoNós.

A votación foi promovida polo Portal das Palabras, a web de divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. "A voz gañadora -sinalan- salienta algo bo dun ano ben complicado, a celebración do centenario da xeración Nós, e olla cara ao futuro con optimismo porque nos lembra tamén que saírmos da crise global depende da primeira persoa do plural máis absoluta".

O segundo termo máis votado foi ’seteiro’. Así se chama o grupo de estrelas denominado tamén arqueiro (Sagittarius na forma latina) e unha palabra que entrou dentro do grupo das seis finalistas pouco despois de que o Seminario de Terminoloxía da Real Academia Galega aprobase a listaxe normalizada dos nomes galegos das constelacións. "A escolla pode verse como un xeito de reivindicar o coñecemento, e a valoración, do ceo e dos seus nomes; mais tamén ten algo, outra vez, de evasión colectiva nun ano en que o COVID disparou o emprego de certos termos", afirman dende o Portal de Palabras.

Porén, a votación non resultou allea á realidade global, e as outras catro palabras máis votadas están intimamente relacionadas: ’gromo’; ’pandemia’; ’máscara’; e ’vacina’, a grande esperanza que comezou a subministrarse o pasado domingo en Galicia.

FONTE: Natalia Álvrez/farodevigo.es

AVANCES CIENTÍFICOS DO 2020

AVANCES CIENTÍFICOS DO 2020

O 31 de decembro de 2019, responsables de saúde na cidade chinesa de Wuhan daban a coñecer uns misteriosos casos de pneumonía. O 8 de xaneiro, o mundo enteiro xa sabía que se trataba dun novo coronavirus e só dous días despois, un grupo científico facía pública a secuencia xenética do que hoxe se coñece como SARS-CoV-2. En só cuestión de horas, comezou a procura dunha vacina contra o Covid-19. A revista Science recoñeceu este inxente esforzo como o avance científico máis importante de 2020. Non podía ser doutra maneira.

Aínda que o virus escureceu os logros noutros ámbitos científicos, tamén existiron. Science incluíu na súa lista os seguintes achados:

- Curar con tesoiras xenéticas: As revolucionarias tesoiras xenéticas CRISPR/Cas9, premio Nobel de Química diste ano, lograron o seu primeiro éxito clínico ao tratar dúas enfermidades hereditarias do sangue: a beta-talasemia, que provoca debilidade e esgotamento debido a que o corpo non fabrica hemoglobina con normalidade, e a anemia de células falciformes, que  deforma os  glóbulos vermellos bloqueando os vasos sanguíneos, causando dor severa, danos nos órganos e accidentes  cerebrovasculares.

- Contra o racismo na ciencia: Co pano de fondo dos asasinatos policiais en EE.UU. e o movemento Lives Matter, a comunidade científica tamén se expuxo a necesidade de crear unha contorna no que o racismo non teña cabida. Science recoñeceu estas inciativas, que nas redes sociais comezaron co hashtag #BlackBirdersWeek despois dunha confrontación racial entre a dona branca dun can e un observador de paxaros negro en Central Park, Nova York, a finais de maio. Pronto, o hashtag foi seguido por outros en disciplinas desde a neurociencia ata a física, co fin de crear unha comunidade entre os científicos negros en Twitter, Zoom, e outras plataformas. O obxectivo, recoñecer a existencia do racismo sistémico na ciencia e provocar cambios para crear un espazo realmente igualitario.

- A orixe dos refachos máis misteriosos: Os estalidos rápidos de radio (FRB), son uns breves, impredicibles e potentísimos escintileos de ondas de radio que cruzan o espazo e cuxos orixes foron un misterio desde o seu achado hai trece anos. Pero o pasado abril, os astrónomos detectaron o primeiro FRB na nosa galaxia, a Vía Láctea, o suficientemente preto para poder examinar a escena, localizar a parte do ceo da que proviña e descubrir un magnetar escondido. O achado permitiu confirmar algo que xa se sospeitaba, que son os magnetares, estrelas de neutróns que colapsan ao tamaño dunha cidade e explotan con poderosos campos magnéticos, os que provocan estes misteriosos refachos.

- O destino climático da Terra: Durante 40 anos, os científicos do clima estimaron que se os humanos duplican o dióxido de carbono atmosférico (CO2) dos niveis preindustriais, o planeta quentarase entre 1,5 °C e 4,5 °C, un rango de temperatura que abarca da preocupación á catástrofe. Pero iste ano, nun esforzo histórico, un equipo de 25 científicos reduciu significativamente os límites deste factor crítico, coñecido como sensibilidade climática. A avaliación, realizada no marco do Programa Mundial de Investigación sobre o Clima (WCRP), admite un rango de quecemento probable de entre 2,6 °C e 3,9 °C. Para chegar a esta conclusión, tivéronse en conta as tendencias indicadas polo quecemento contemporáneo e leccións de climas antigos, entre outros factores. O estudo descarta algúns dos peores escenarios, pero case garante un quecemento que asolagará as cidades costeiras, intensificará as ondas de calor extremas e desprazará a millóns de persoas. Se temos sorte, esa claridade na predición podería impulsar a acción contra o cambio climático. A humanidade xa emitiu suficiente CO2 como para estar á metade do punto de duplicación de 560 partes por millón, algo que podería ocorrer en 2060.

- A intelixencia da aves: Os seus cerebros non son máis grandes que unha noz, pero dous estudos publicados este ano suxiren que as aves teñen «poderes mentais» sorprendentes. Un revela que unha parte do cerebro das pombas mensaxeiras e os bufosaseméllase máis do que se cría á neocorteza humana, a fonte da nosa intelixencia e pensamento complexo. Alí os nervios conéctanse dunha forma moi similar á que se ve nos cerebros humanos. A segunda investigación mostra que os corvos poden ser capaces dalgún pensamento consciente. Os investigadores adestraron ás aves para virar a cabeza cando vían certas secuencias de luces parpadeando no monitor dun computador. Eléctrodos no cerebro dos corvos detectaron actividade nerviosa no intervalo de tempo de ver o sinal e mover a cabeza, mesmo cando as luces eran apenas perceptibles. Os científicos cren que esa resposta neuronal é unha especie de consciencia primaria ou sensorial, unha representación mental do que viron os corvos. Trátase dunha forma rudimentaria da  autoconsciencia que experimentan os seres humanos.

- VIH: Controladores de elite: O VIH, como todos os retrovirus, integra o seu material xenético en cromosomas humanos, creando reservorios onde pode esconderse, sen ser detectado polo sistema inmunolóxico e volvéndose invulnerable aos medicamentos antirretrovirais. Pero onde se esconde pode marcar a diferenza. Este ano, un estudo de 64 persoas infectadas que estiveron sas durante anos sen os medicamentos antirretrovirais (os chamados controladores de elite) revelan un vínculo entre o seu inusual éxito e o lugar onde o virus se atopa nos seus xenomas. Esta achado non conducirá directamente a unha cura, pero abre unha nova estratexia que outras persoas infectadas poidan vivir décadas sen tratamento.

- A arte figurativo máis antigo: Hai uns 44.000 anos, alguén pintou nunha cova de Sulawesi (Indonesia) oito figuras humanas con cabeza de animal no acto de atrapar a uns porcos verrugosos e búfalos ananos. A escena de caza é a primeira obra de arte figurativo creada polo home moderno, uns 4.000 anos máis antiga que calquera outra coñecida. O achado, ademais de desprazar definitivamente a Europa como o berce deste tipo de expresión artística, tamén podería supoñer o exemplo máis temperán da nosa capacidade para imaxinar a existencia de seres sobrenaturais.

- A IA desenreda as proteínas: A intelixencia artificial (IA) conseguiu resolver un dos maiores desafíos da bioloxía: predicir con precisión a forma 3D na que se dobra unha cadea de aminoácidos cando se converte nunha proteína funcional. E fíxoo tan ben como os experimentos de laboratorio. Como a forma precisa dunha proteína determina as súas funcións bioquímicas, o novo programa podería axudar aos investigadores para descubrir os mecanismos das enfermidades, desenvolver novos fármacos e mesmo crean plantas tolerantes á seca ou biocombustibles máis baratos.

- Superconductividade a temperatura ambiente: Tras décadas de procura, científicos estadounidenses atoparon o primeiro material que conduce a electricidade sen resistencia a temperatura ambiente: un composto de hidróxeno, carbono e xofre comprimido a unha presión (267 GPa) que se achega á do centro da Terra. O material, esmagado entre dous diamantes, actuou á perfección a case 14 ºC, a temperatura dunha habitación fría. O descubrimento pode iniciar o desenvolvemento de materiais capaces de aforrar grandes cantidades de enerxía desperdiciadas cando a electricidade móvese a través de cables.

FONTE: vis.sciencemag.org             Imaxes tratadas procedentes de: vis.sciencemag.org

AS FOTOGRAFÍAS SUBMARINAS MÁIS IMPACTANTES DO 2020

 

Releasin hope de Edwar Herreo (Illas galápagos - Ecuador) Foto gañadora absoluta do Ocean Art Underwater Photo Competition 2020.

Flooded magic castle de Petr Polách (Cova Chun-Ya - Yucatán) Foto gañadora do segundo premio do Ocean Art Underwater Photo Competition 2020 na categoría: Wide Angle.

Welcome to Tubbataha de Yannick Bruynoghe (Arrecife de Tubbatah - Filipinas) Foto gañadora do Ocean Art Underwater Photo Competition 2020 na categoría: Compact Wide Angle.

Curiosity de Joanna Smart (Illa de Anacapa - California) Foto gañadora do Ocean Art Underwater Photo Competition 2020 na categoría: Cold Water.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 1)

 

Na conta de Tiktok do #DígochoEu estamos contando cousas ben interesantes e resolvendo dúbidas dos nosos seguidores. Velaquí un resumo do máis viral!

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Cobra viperina. Ou cobra de auga viperina (Natrix maura), é unha especie de cobra da familia Colubridae. Debe o nome de ’cobra de auga’ á súa grande afinidade polas zonas húmidas e a súa grande habilidade de nadar e mergullarse e o de ’viperina’ á súa semellanza coas víboras, malia ser inofensiva. É de tamaño medio, podendo alcanzar unha longura de ata 80 cm, aínda que non supera xeralmente os 50 cm.   Caracterízase por presentar escamas moi carenadas no dorso. A súa coloración é moi variada, xeralmente olivácea ou castaña amarelada, máis tamén pode ser avermellada. Mostra ao longo da liña medio dorsal unha fila de manchas que nalgúns exemplares poden chegar a xuntarse ata dar forma a unha liña en zig-zag.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Iste molusco cefalópodo é o produto máis representativo de Redondela (Pontevedra). De quen estamos a falar?

- Pota

- Choco

- Lura

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: gl.wikipedia.org

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXIII

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXIII

VERTICAIS: 1. Mesía 2. Holanda 3. Amán 7. Scórpio 8. Sabugueiro.

HORIZONTAIS: 4. Sevilla 5. SEAT 6. Nalón 9. Chavella 10. Reo.

Repaso cultura xeral XIII!

ENCRUCILLADO LXIII

ENCRUCILLADO LXIII

VERTICAIS: 1. Os mesienses son os habitantes do concello coruñés de... 2. A batalla de Rande foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande e na enseada de San Simón, no interior da ría de Vigo, o 23 de outubro de 1702, dentro do contexto da guerra de Sucesión española, enfrontando ás escuadras das coalicións hispano-francesa e a formada por Inglaterra e.. 3. Capital del Reino de Xordania 7. Título da novela, de 1987, de Ricardo Carballo Calero, homenaxeado iste ano no Día das Letras Galegas 8. Arbusto da familia das caprifoliáceas, de dous a cinco metros de altura, co tronco de cortiza parda e engurrada e abundante miolo branco, moi ramificado, follas imparipinnadas de cheiro desagradable e flores pequenas e brancas en corimbo, e con nome científico Sambucus nigra.

HORIZONTAIS: 4. Capital da Comunidade Autónoma de Andalucia 5. Sociedade Española de Automóbiles de Turismo 6. Río asturiano, sendo o máis longo do principado con 145 km 9. Peza estreita de madeira que, colocada nun furado que hai na parte anterior da cabezalla do carro ou do arado, serve para suxeitar esta ao xugo 10. Peixe da familia dos salmónidos de ata oitenta centímetros e cor prateada ou castaña con pintas negras, que nace nos ríos de augas claras e frescas, onde vive os primeiros anos, logo baixa ao mar e torna ao río onde naceu para desovar e de nome científico Salmo trutta trutta.