Blogia

vgomez

#DígochoEu: Tres verbos conflitivos: axudar, afectar e preocupar

 

Moita traballeira nos dan estes verbos! Canto dubidamos á hora de poñerlles o pronome correcto! Esther Estévez Casado bótanos unha man.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XI

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Cangrexo de río. O Austropotamobius italicus é un artrópodo decápodo cun corpo cuberto por un caparazón (exoesqueleto) de consistencia dura, grazas ás impregnacións de sales de calcio. O corpo preséntase fragmentado en dúas porcións unha anterior ou cefalotórax e outra posterior ou abdome. Ten 5 pares de patas (pereiópodos) inseridas lateralmente na zona ventral do cefalotórax. O primeiro par de patas ten unhas pinzas moi desenvolvidas e utilizadas para capturar o seu alimento. Os dous seguintes pares de patas teñen tamén unhas pinzas pero dun tamaño considerablemente máis pequeno e os dous pares últimos de patas posúen unha uña. A excepción do primeiro par, todo o resto do conxunto de patas emprégao, principalmente, para moverse. Ao final do rostro insérense, na parte anterior, as denominadas antenas, máis longas, e as anténulas, máis curtas. Este conxunto de apéndices sensoriais constitúe o seu órgano do equilibrio. O abdome está formado por seis segmentos, en cada un dos cales pódense atopar un par de apéndices (pleópodos). O último par destes apéndices está moi desenvolvido e xunto ao segmento final do telson forma unha potente aleta natatoria caudal.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Fíxate na imaxe. Que é?

- Curuxa

- Moucho

- Bufo real

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: faunaiberica.org

BO NADAL

 

Iste ano o Nadal é distinto para tod@s, pero aínda así quero desexarvos o mellor para vós e a vosa familia, coa esperanza de que o próximo sexa unha volta á normalidade que tanto necesitamos.

Bo Nadal!

#DígochoEu: Como é? Quérote ou quéroche?

 

Moito se preguntou sobre isto! Pois moita atención ao que nos di Esther Estévez Casado!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? X

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Insectívoro. A Musaraña (Crocidula russula) é un mamífero que pertence á orde dos insectívoros, aínda que na súa alimentación tamén adoitan entrar pequenos vertebrados. O seu fuciño ten unha prolongación de forma puntiaguda e os ollos son pequenos. A súa pelame é curto, moi denso e aterciopelado. As orellas sobresaen claramente da pelame. A cola é tan longa como a metade da lonxitude da cabeza máis o corpo e ten unha serie de pelos longos, distribuídos irregularmente, os cales sobresaen do resto. Mide entre 5,4 e 8,45 cm., ao que hai que engadir a súa cola que varía entre os 2,8 e os 5 cm. O seu peso pode ir desde os 4,7 ata os 12 gramos.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Fíxate na imaxe. Que é?

- Lagosta

- Cangrexo de río

- Lumbrigante

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: CSIC

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

 

A poeta e tradutora viguesa Xela Arias será a homenaxeada en 2021 pola Real Academia Galega ao dedicarlle as Letras Galegas do ano que vén. A decisión tomouna o plenario da RAG onte pola tarde. A institución quere así render tributo a “unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma”.

A Real Academia Galega tamén quere recoñecer “o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora”.

Xela Arias será a quinta muller á que se dedica as Letras Galegas, dun total de 58 homenaxeados. Antes ca ela foron Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño e María Victoria Moreno.

Xela Arias naceu en Sarria (Lugo), pero xa de pequena mudouse a vivir en Vigo polo traballo do seu pai, Valentín Arias, mestre, xerente de Galaxia e presidente da Asociación de Tradutores Galegos. Morre nesta cidade en 2003 aos 41 anos dun ataque cardíaco.

FONTE: Irene Bascoy/farodevigo.es          Imaxe: culturagalega.gal

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? IX

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Illa do Hierro. O lagarto xigante do Hierro (Gallotia simonyi machadoi) é unha subespecie de lagarto endémica da illa do Hierro (Illas Canarias). Este lagarto alcanza un tamaño de ata 60 cm, é un animal de cabeza ancha (sobre todo os machos), corpo forte e longa cola. O dorso é de cor escura parda, gris ou mesmo negro, o ventre é pálido esbrancuxado ou  cremoso e nos costados ten numerosas marcas de cor marrón amarelada, pouco visibles nalgúns individuos. É propio das zonas máis áridas e de terreo pedregoso. É omnívoro: come plantas e insectos.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

9. A musaraña é unha especie mediterránea de...

- Herbivoro

- Insectívoro

- Omnívoro

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org      Imaxe: deanimalia.com

#DígochoEu: Non digas *atracón

 

En galego podes comer todo canto queiras, pero non *meterte un atracón! Esther Estévez Casado danos atlternativas.

#DígochoEu