Blogia

vgomez

FLORENCE NIGHTINGALE

 

O pasado día 12 de maio, celebrouse, como todos os anos, o Día da Enfermería. Se cadra, iste ano tería que ser algo diferente pola situación da pandemia na que nos atopamos, pero coa desescalada foise perdendo ise espíritu do aplauso ás 8 da tarde, en recoñecemento de todos os sanitarios, policías…

Pero ao que vou, a orixe desta data ten que ver co día de nacemento na que se considera a primeira enfermeira profesional: Florence Nightingale.

Nacida o 12 de maio de 1820, o seu nome provén da cidade italiana de Florencia, onde vivían os seus pais e a súa irmá cando ela chegou ao mundo. Ao ano seguinte, todos trasladáronse ao condado de Derbyshire (Reino Unido). Alí, con dezasete anos e tras unha experiencia mística, segundo recolle unha nota privada, chegoulle a súa vocación pola enfermería, pero os seus pais opuxéronse porque afirmaban que as mulleres da súa clase social non debían traballar.

Aburrida da súa monótona vida, tivo que esperar ata os trinta anos para cumprir o seu soño. A oportunidade brindoulla unha viaxe cultural a Exipto e Grecia. De regreso, Nightingale e o resto de viaxeiros pararon na rexión alemá de Kaiserwerth, onde había un hospital. A pesar da férrea oposición da súa familia, a moza volveu a Alemaña para formarse nese centro como enfermeira, unha decisión que lle cambiaría a vida.

Tras visitar diferentes hospitais europeos para completar a súa instrución, Nightingale conseguiu o seu primeiro emprego en 1853 como directora dun sanatorio de señoras da alta sociedade en Londres (Reino Unido). Uns meses despois, Sidney Herbert, Secretario de Estado para a Guerra, nunha decisión sen precedentes, pediulle que se marchase a Crimea dirixindo un equipo de enfermeiras para atender aos feridos do conflito que acababa de estalar.

O que atoparon ao chegar ao hospital de Scutari (a actual cidade turca de Üsküdaron) onde de ingresaban os combatentes británicos foi dantesco. Os pacientes xacían nos corredores, a choiva coábase polo teito, a comida era nefasta, apenas había auga potable, as instalacións sobordaban parasitos e a sucidade multiplicaba os casos de diarrea.

Florence Nightingale atendendo aos soldados feridos / National Library of Medicine

Nightingale e o seu equipo traballaron duro coa limpeza e a dieta que debían seguir os enfermos. Ademais, coa autoridade que lle daba ser directora, conseguiu que enxeñeiros militares arranxasen as fugas de auga e mellorase a súa  potabilización.

No coidado dos pacientes, a súa atención foi clave para a súa supervivencia. Os longos paseos nocturnos iluminados por un pequeno candil, para comprobar o estado dos militares, valéronlle o sobrenome de “a dama da lámpada”, como describiu The Times.

Todas estas accións granxeoulle unha excelente reputación en Reino Unido. Á súa volta un grupo de seguidores creara o Fondo Nightingale para construír unha escola de enfermeiras, que se inaugurou en 1860. Hoxe a Escola de Enfermería, Obstetricia e Coidados Paliativos Florence Nightingale segue operativa e forma parte do King’s College de Londres.

Ademais de atender aos enfermos, Nightingale dominaba as tarefas administrativas grazas á súa habilidade cos números. De feito, cando a reina Vitoria pediulle un informe sobre as malas condicións das instalacións hospitalarias na guerra de Crimea, a enfermeira incluíu o diagrama da rosa, unha representación gráfica que ela ideara para reflectir as causas da mortalidade dos soldados.

Escribiu numerosos libros e informes sobre a enfermería como profesión entre os que destaca Notas de Enfermería (1860). En 1883, a Raíña outorgoulle a Real Cruz Vermella e foi a primeira muller en recibir a Orde do Mérito en 1907. Faleceu na súa casa de Londres o 13 de agosto de 1910 e o seu féretro foi acompañado por unha multitude de persoas en agradecemento a unha vida dedicada aos enfermos.

O seu traballo foi decisivo para que en 1870 creásese a Cruz Vermella británica. De feito, o Comité Internacional do organismo outorga anualmente a medalla Florence Nightingale a enfermeiras excepcionais. Para graduarse, estes profesionais seguen entoando o xuramento que leva o seu apelido.

FONTE: bbvaopenmind.com

AS MARABILLAS NATURAIS MÁIS ESTRAÑAS DA TERRA VIII

Continúo coa serie as marabillas naturais máis estrañas da Terra, onde viaxaremos polo mundo natural, que nos amosa formas caprichosas, ecosistemas ancorados en milenios pasados, formas misteriosas,...

Hoxé imos a...

8. Cidade Encantada (España)

Na localidade de Valdecabras, en pleno corazón do Parque Natural da Serra de Cuenca e rodeada de inmensos piñeirais, a Cidade Encantada é sen dúbida un das paraxes máis espectaculares do noso país, onde coñecer e aprender o proceso xeolóxico do karst e admirar as súas caprichosas formacións. A Cidade Encantada foi declarada Sitio Natural de Interese Nacional o 11 de xuño de 1929.

A súa orixe remóntase a hai 90 millóns de anos, cando a Cidade Encantada formaba parte do fondo do mar de Thetis. Tratábase de augas tranquilas, o que propiciou a deposición de sales, en especial carbonato cálcico.

Ao final do Cretácico e como consecuencia da oroxenia alpina, o mar retirouse e o leito mariño, composto de pedra calcaria, emerxeu á superficie. Miles de anos de acción da auga, do vento e do xeo fan que hoxe podamos contemplar este impresionante fenómeno xeolóxico.

FONTE: Paloma Santanaría/abc.es

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS DO PINTOR

Utensilios do pintor!

SOPA DE LETRAS DO PINTOR

BROCHA           PINCEL          MASILLA          PISTOLA

ROLO                ESCADA         CINTA              ESPÁTULA

CUBETA            PINTURA       LIXA                 EXTENSIBLE

AS MARABILLAS NATURAIS MÁIS ESTRAÑAS DA TERRA VII

Continúo coa serie as marabillas naturais máis estrañas da Terra, onde viaxaremos polo mundo natural, que nos amosa formas caprichosas, ecosistemas ancorados en milenios pasados, formas misteriosas,...

Hoxé imos a...

7. O bosque de Pedra (China)

El Bosque de Pedra ou Shilin, Patrimonio da Humanidade da Unesco, é un conxunto de formacións calcarias na provincia de Yunnan, en China que abarca un 350 km2 e ten 270 millóns de anos. As altas rochas parecen xurdir do chan coma se fosen  estalagmitas e moitas parecen árbores petrificados que en conxunto crean a ilusión dun bosque feito de pedra.

Segundo a lenda, o bosque é o lugar de nacemento de Ashima, unha fermosa rapariga yi. Tras namorarse prohibíuselle casar co pretendente elixido e no canto diso converteuse en pedra no bosque que aínda leva o seu nome.

FONTE: Paloma Santanaría/abc.es Imaxe: clarin.com

#DígochoEu: Non digas *cuarentena

 

Pois non. O coronavirus non vai acabar connosco. Pero non  debes dicir *cuarentena. Esther Estévez Casado danos a solución.

#DígochoEu

UN VÍDEO PERDIDO DO EXTINTO TIGRE DE TASMANIA



Grazas ao Arquivo Nacional de Cinema e Son de Australia (NFSA) podemos ver novas imaxes en vídeo do último membro coñecido desta especie, ao que vemos nunha gaiola pequena e sucia sita no zoolóxico de Beaumaris en Hobart, Tasmania.

Crese que o tigre de Tasmania extinguiuse en 1936, cando "Benjamin", o último membro confirmado da especie, morreu en cativerio no devandito zoolóxico. Non se conservan moitas imaxes deste animal e, de feito, crese que existen menos dunha ducia de películas, todas tomadas de animais cativos no zoolóxico de Beaumaris en Hobart, Tasmania e o zoolóxico de Londres.



O vídeo, de apenas 21 segundos, gravouse en marzo de 1935. Só 18 meses despois de morrer Benjamin, e o 7 de setembro de 1936, a especie extinguiuse (aínda que non todos os científicos estean de acordo).

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza  Imaxe: iStock


#DígochoEu: Non digas *gracias

 

Imos hoxe cun asunto de máxima actualidade e que xera tamén certa controversia. Esther Estévez Casado danos a solución.

#DígochoEu