Blogia

vgomez

ASÍ É O SOL DE PRETO

ASÍ É O SOL DE PRETO

 Imaxe do Sol tomada polo Telescopio Solar Daniel K. Inouye / NSO/NSF/AURA

O telescopio solar Daniel K. Inouye da National Science Foundation (NSF) difundiu a imaxe con maior resolución que se coñece do Sol, unha fotografía que permite avanzar na comprensión da estrela e os seus impactos no noso planeta. Estas primeiras imaxes do telescopio solar mostran unha vista en primeiro plano da superficie do Sol e O patrón de plasma  turbulento "fervendo" que a cobre.

As estruturas en forma de células, cada unha do tamaño de Texas (113.662 quilómetros cadrados máis que a península Ibérica), reflicten movementos violentos que transportan a calor desde o interior do Sol ata a súa superficie. Ese plasma solar quente elévase nos centros brillantes das células, arrefríase e logo afúndese debaixo da superficie en carrís escuros, un proceso coñecido como  convección.

Esquema da área do Sol fotografada polo telescopio solar Daniel K. Inouye e distribuída pola National Science Foundation

O Sol é un "reactor nuclear xigantesco", segundo a National Science Foundation, "que queima uns cinco millóns de toneladas de combustible de hidróxeno cada segundo". Estívoo facendo durante uns 5.000 millóns de anos e continuará durante os outros 4.500 millóns de anos da súa vida útil. Toda esa enerxía irradia ao espazo en todas direccións e a pequena fracción que golpea a Terra fai posible a vida. Na década de 1950, os científicos descubriron que un vento solar sopra desde a nosa estrela ata os bordos do sistema solar. Tamén concluíron por primeira vez que vivimos dentro da atmosfera desta estrela. Pero moitos dos procesos máis vitais do Sol seguen confundindo científicos.

FONTE: Raúl Limón/materia/elpaís.com

BANDEIRAS DO MUNDO CIV

Esta é a bandeira de Ruanda (República de Ruanda/Repubulika e’ou  Rwanda/Republic of Rwanda/République du Rwanda), un país de África Oriental sen saída ao mar. Conta cunha poboación que rolda os 13 millóns de habitantes, sendo a súa capital Kigali. Os idiomas oficiais son kiñaruanda, francés, inglés e suajili.

A bandeira consta de tres franxas horizontais coas cores azul (a superior), amarelo (a situada no centro) e verde (a inferior). A franxa superior posúe un grosor do dobre de tamaño respecto ás dúas inferiores. No cuadrante superior máis afastado do mastro aparece representado o sol dentro da franxa azul, que representa a ilustración, á luz que aclara progresivamente a todo o pobo, isto traduce a unidade, a transparencia e a loita contra a ignorancia. A bandeira representa a unidade nacional, o respecto polo traballo, o heroísmo e a confianza no futuro.

FONTE: gal.wikipedia.org

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA IX

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Que a de Mendeléyev organiza os elementos en orde crecente de peso atómico e a moderna en orde crecente de número atómico. Na súa maior parte, a orde dos elementos é o mesmo entre ambas as táboas, pero hai excepcións.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. O uranio descubriuse por primeira vez pouco despois de que se observase o planeta Urano.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es Imaxe: zazzle.es

BANDEIRAS DO MUNDO CIII

Esta é a bandeira de Perú (República do Perú), un país situado ao oeste de América do Sur. Conta cunha poboación que supera os 32 millóns de habitantes, sendo a súa capital Lima. O idioma oficial é o español, sendo cooficiais o quechua e o aimara.

A bandeira consta de de tres franxas verticais de igual anchura, sendo as bandas extremas de cor vermella e a central de cor branca. A cor vermella, segundo os historiadores, representa o sangue derramado de miles de heroes e  mártires que deron a vida por defender a súa patria e a súa xente. Mentres que a cor branca representa a liberdade, xustiza e paz no Perú.

FONTE: gal.wikipedia.org e peru.info/es-pe

CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA VIII

Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Tecnecio (Tc). Foi o primeiro elemento fabricado artificialmente nun ciclotrón. É o elemento máis livián que ten só isótopos radioactivos (ningún é estable). Ten o número atómico 43.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é a principal diferenza entre a táboa periódica de Mendeléyev e a táboa moderna?

- Que a de Mendeléyev organiza os elementos en orde decrecente de peso atómico e a moderna en orde decrecente de número atómico.

- Que a de Mendeléyev organiza os elementos en orde decrecente de peso atómico e a moderna en orde crecente de número atómico. 

- Que a de Mendeléyev organiza os elementos en orde crecente de peso atómico e a moderna en orde decrecente de número atómico.

- Que a de Mendeléyev organiza os elementos en orde crecente de peso atómico e a moderna en orde crecente de número atómico.

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

OUTROS CALENDARIOS

Sistema xeocéntrico de Ptolomeo / Imaxe: sites.google.com

Levamos falado do calendario chino, hebreo, musulmán, indú, gergoriano. Non son os únicos, claro.

Podemos citar outros exemplos, como o calendario norcoreano ou Juche, instaurado en 1997. Arrinca co nacemento de Kim Il-Sung, ditador que viviu entre 1912 e 1994, polo que agora vai polo ano 109.

Tamén o coreano tradicional, derivado do chinés que estivo en uso en Corea do Sur ata 1896, cando se adoptou o gregoriano. Aínda se mantén para as festas tradicionais e arrinca no ano 2333 antes de Cristo, hai 4.353 anos. Outros países asiáticos tamén usaron calendarios derivados do chinés, como Xapón, que adoptou o gregoriano en 1873.

Segundo o calendario persa ou iraniano, estamos no ano 1398. É oficial en Irán e Afganistán.

Outro que se pode mencionar é o bereber ou amazigh, que se comezou a usar en 1980, pero arrinca no ano 950 a. C., polo que estamos en 2970.

Estes don algúns dos calendarios do mundo actual, tendo en común que son un sistema de medida para longos períodos de tempo.

FONTE: J. Rubio /E. Sánchez/verne.elpais.com


QUERIDO BALONCESTO


Kobe Bean Bryant (Filadelfia, Pensilvania, 23 de agosto de 1978-Calabasas, California, 26 de enero de 2020) foise pero deixounos a todos e cada un dos amantes do baloncesto infinidade de bos momentos, a parte de 5 aneis, 2 xogos olímpicos, 18  All  Stars...

Con esta curtametraxe  Kobe Bryant gañou un Óscar... D. E. P.

FOTCIENCIA17

 

O Consello Superior de Investigacións Científicas e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía elixiron sete fotografas que reflicten fenómenos que nos rodean como a anatomía dos  caballitos de mar, a presenza de plásticos na cadea alimentaria ou as prácticas agrícolas sustentables. Trátase da XVII edición de FOTCIENCIA, un proxecto que pretende achegar a ciencia á sociedade.

FONTE: fotciencia.es