Blogia

vgomez

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XXVI

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XXVI

Algunhas Comunidades Autónomas!

BANDEIRAS DO MUNDO XLVII

Esta é a bandeira de Barbados, un dos trece países que forman a América Insular, Antillas ou Illas do Caribe. Conta cunha poboación que rolda os 282.000 habitantes, sendo a súa capital Bridgetown. O idioma oficial é o inglés.

A bandeira consiste nunha tricolor de dúas bandas verticais azul mariño separadas por unha dourada no medio. A banda dourada ten un tridente negro, que simboliza a independencia de Barbados do Reino Unido, e cada punta do tridente representa a cada un dos puntos da democracia (o Goberno de, por e para o pobo). As bandas azuis simbolizan ao Océano Atlántico e ao azul do ceo, e a dourada á area das praias barbadenses.

FONTE: gal.wikipedia.org

O CEO DO MES: DECEMBRO 2019

 

4 de decembro: Cuarto Crecente

12 de decembro: Lúa Chea

19 de decembro: Cuarto Minguante

22 de decembro: Comeza o Inverno

26 de decembro: Lúa Nova. Este día haberá unha eclipse anular de Sol, pero non visible para nós (só visible no extremo oriental de África, Asia na metade setentrional de Oceanía).

Chuvia de meteoros: Xemínidas: do 4 ao 17 de decembro, con máximo o día 14. O seu corpo proxenitor é o asteroide (3200) Phaeton e o radiante a constelación de Xéminis. Úrsidas: do 17 ao 26 de decembro, con máximo o 22. O seu corpo proxenitor é o cometa 8P/Tuttle e o radiante son as dúas "marías", as estrelas máis brillantes da Osa Menor sien ter en conta a estrela Polar.

SOPA DE LETRAS XXVI

CASTELA LEÓN         EXTREMADURA                RIOXA

VALENCIA                 GALICIA                           ESUSKADI

ANDALUCIA              CANTABRIA                      ASTURIAS

NAVARRA                  ARAGÓN                           MADRID 

MURCIA                     CASTELA A MANCHA
 

DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA 2019

 

Hoxe, 1 de decembro, coma cada ano, celebrase o Día Mundial da Loita contra a Sida, adicado a dar a coñecer os avances contra a pandemia de VIH/sida causada pola extensión da infección do VIH.  

Conmemorouse por primeira vez o 1 de decembro de 1988. Elixiuse esa data por cuestións de impacto mediático. Dende entón, a sida matou a máis de 25 millóns de persoas no planeta, o que a fai unha das epidemias máis destrutivas rexistradas na historia.

O lema deste ano é #FalaComigoAbertamente, que ten como obxectivo concientizar, especialmente aos traballadores da saúde, sobre as necesidades dos mozos e incentivalos a que participen na redución do estigma e a discriminación cara ás persoas máis vulnerables á infección polo VIH. A discriminación é unha barreira importante que impide que moitos accedan á atención en saúde. A campaña apunta tamén a  empoderar aos mozos, incluídos os nozoz gais, para que busquen información de calidade e o apoio que necesitan para levar unha vida sexual saudable.

BANDEIRAS DO MUNDO XLVI

Esta é a bandeira de Alemaña (República Federal de Alemaña/ Bundesrepublik Deutschland), un país centroeuropeo e membro da UE. Conta cunha poboación que rolda os 83 millóns de habitantes, sendo a súa capital Berlín. O seu idoma oficial é o alemán.

A bandeira consta de tres franxas horizontais de igual tamaño en cores negro, vermello e dourado. As cores foron tomadas orixinalmente dos uniformes que usaban os soldados alemáns nos tempos das guerras napoleónicas do século XVIII, que se caracterizaban por ser un traxe negro, con botóns dourados e decoracións vermellas.

FONTE: gal.wikipedia.org e dusseldorf-lleva-umlaut.com

BANDEIRAS DO MUNDO XLV

Esta é a bandeira de Cimbabue (República de Cimbabue/Republic of Zimbabwe), un país ao sur de África que anteriormente chamábase Rodesia. Conta cunha poboación que rolda os 16 millóns de habitantes, sendo a súa capital Harare. Os idiomas oficiais son o inglés e o shona.

A bandeira está formada por sete franxas horizontais, coas cores verde, amarelo, vermello e negro cun triángulo branco que contén unha estrela vermella de 5 puntas cun paxaro de Cimbabue. O Paxaro de Cimbabue, simboliza a historia do país, está representado como unha estatua, dado que se atopou así nas ruínas do Gran Cimbabue. A estrela vermella a loita revolucionaria, o triángulo branco a paz, e as franxas de cores: o verde, a agricultura e as áreas rurais do país; o marelo, a riqueza mineral de Cimbabue; o vermello, o sangue derramado nas guerras pola liberación e o negro, o patrimonio das etnias nativas africanas.

FONTE: gañ.wikipedia.org

SABES PARA QUE SERVE? IV

Continúo coa serie de exemplos desas decenas de obxectos que utilizamos todos os días e aos que apenas prestamos atención, limitándonos a darlles uso e punto, sen saber realmente para que serven.

7. As marcas en relevo sobre as letras F e J dos teclados

 

Estes realces revelan o lugar no que deben colocarse os dous dedos índices de ambas as mans para poder escribir rapidamente.

8. O  plastiquiño adherido ao fondo dos tapóns

 

O motivo polo que se coloca este reforzo nos tapóns que selan as bebidas carbonatadas é porque axuda a minimizar a perda de gases

Continuará!

FONTE: Diego Bermejo/elmundo.es/f5