Blogia

vgomez

25 DE NOVEMBRO

Viñeta do finado Forges (Antonio Fraguas de Pablo) sobre esta temática / enfemenino.com

Hoxe celebramos o Día Internacional da Non Violencia de xénero, na que conmemoración anual para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres só por homes en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

No que levamos de ano as mulleres mortas no noso país foron 51 e na nosa terra, Galicia, xa foron 5. Esto ten que rematar!

Non a violencia de xénero!

É cousa de tod@s!

BANDEIRAS DO MUNDO XLI

Esta é a bandeira de Tanzania (República Unida de Tanzania/Jamhuri ya Muungano wa Tanzania), un país da África Oriental. Conta cunha poboación que rolda os 50 millóns de habitantes, sendo a súa capital Dodoma. O idioma oficial e o suahili e inglés.

A bandeira está dividida diagonalmente por unha banda negra con reberetes amarelos. O triángulo superior é verde e o triángulo inferior, azul. O verde representa a vexetación presente no país, o amarelo representa os ricos depósitos minerais existentes no país, o negro representa a cor da pel dos tanzanos e o azul representa os numerosos lagos e ríos, así como ao Océano Índico.

FONTE: gal.wikipedia.org

ANIMAIS MIMÉTICOS: A PERFECTA CAMUFLAXE XVII

Continúo con esta serie adicada ao mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.

17. Gecko de cola de folla

O Gecko de cola de folla (Uroplatus phantasticus) é un pequeno réptil de Madagascar que pode medir entre 25 e 30 centímetros, cambia a súa pel para que coincida coa súa contorna. O seu nome débese á técnica que utilizan cando están en repouso para defenderse dos posibles depredadores, xa que se camuflan entre a follaxe das árbores tendendo a súa cola, que imita unha folla seca. Son insectívoros e aliméntanse de grilos, saltamontes ou polillas.

Continuará!

FONTE: Sarah Romero e María Moya/muyinteresante.es

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXVI

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXVI

VERTICAIS: 1. Everán 2. Canberra 6. Nassau 8. Riad 9. Bakú.

HORIZONTAIS: 3. Tirana 4. Berlín 5. Bridgetown 7. Arxel 10. Manam.

Máis capitais do mundo!

BANDEIRAS DO MUNXO XXXX

Esta é a bandeira da Federación de San Cristovo e Neves/Federation of Saint Christopher and Nevis, un país do Caribe, formado por estas dúas illas. Conta cunha poboación que rolda os 55.000 habitantes, sendo a súa capital Basseterre. O dioma oficial é o inglés.

A bandeira está dividida en dúas metades por unha banda situada na súa diagonal ascendente (dende o lado do mastro). Ten as cores do panafricanismo: a metade superior é de cor verde, a inferior é vermella e a banda é de cor negra con bordos amarelos. No interior da banda figuran dúas estrelas brancas de cinco puntas que están desprazadas cara os bordos. A cor verde representa a fertilidade da terra, o vermello a loita contra o colonialismo, o negro simboliza os vencellos con África e o amarelo a luz do sol.

FONTE: gal.wikipedia.org

ANIMAIS MIMÉTICOS: A PERFECTA CAMUFLAXE XVI

Continúo con esta serie adicada ao mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.

16. Xiba

A pesar do que podamos pensar, as xibas (Sepia officinalis), as luras, do mesmo xeito que os polbos, son excelentes mestres da camuflaxe. Poden cambiar de cor e de textura da pel extremadamente rápido, ás veces en menos dun segundo. Aínda que  daltónicas, estas criaturas son excelentes animais  miméticos capaces de mesturarse na area, as algas ou os corais.

Continuará!

FONTE: Sarah Romero e María Moya/muyinteresante.es

CRUCIGRAMA XXVI

CRUCIGRAMA XXVI

 

VERTICAIS: 1. Capital dun estado montañoso, sen litoral, localizado na rexión eurasiática de Transcaucasia 2. Capital de Australia 6. Capital dun estado independente situado nas Antillas, coñecido como Bahamas 8. Capital dun país situado na Península de Arabia e onde se xogará a Supercopa de España 9. Capital dun estado situado no Cáucaso á beira do Mar Caspio, e que ten por lingua oficial o azarí.

HORIZONTAIS: 3. Capital dunn país mediterráneo do sueste de Europa, cahamado Albania 4. Capital dun estado federal da Europa central, principal motor da Unión Europea 5. Capital dunha illa nación situada no océano Atlántico que forma parte da rexión do Caribe, chamada Barbados 7. Capital dun estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb, chamado Alxeria 10. Capital dun país do Medio Oriente chamado Bahrain.

BANDEIRAS DO MUNDO XXXIX

Esta é a bandeira da República Centroafricana/Ködörösêse tî Bêafrîka), un país sen litoral ubicado na África central. Conta cunha poboación que rolda os 4,5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Bangui. Os idiomas oficias son o sango e o francés.

A bandeira consta de catro franxas horizontais de cores: azul, branco verde e amarelo. Verticalmente e centrada, unha franxa vermella atraveas as anteriores. Sobre a primeira franxa (azul), na parte esquerda, hai unha estrela amarela de 5 puntas. A cor vermella simboliza o sangue do pobo centroafricano, que foi derramada para darlle a independencia e que verquiron para defender o seu país, a cor azul representa o ceo e a liberdade, a cor branca representa a paz e a dignidade, a cor verde representa a esperanza e a fe, a cor amarela representa a tolerancia e a estrela amarela da independencia simboliza un futuro brillante.

FONTE: gal.wikipedia.org