Blogia

vgomez

ANIMAIS MIMÉTICOS: A PERFECCIÓN DA CAMUFLAXE IV

Continúo co esta serie adicada ao mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.

4. Peixe pedra

Trátase do peixe máis velenoso do océano. O peixe pedra (Synanceia horrida) é un pésimo nadador e habita nas augas australianas. Os seus tons e textura fan que sexa moi difícil de diferenciar do chan mariño. Posúe ata 13 aguillóns cun forte veleno, que pode ser fatal mesmo para os humanos.

Continuará!

FONTE: Sarah Romero e María Moya/muyinteresante.es

MARGARITA SALAS

Margarita Salas / Imaxe: cgquimicos.com

Margarita Salas Falgueras, bioquímica, defínese a si mesma como unha persoa sinxela e moi traballadora. Deixounos hai uns días, concretamente o día 7. Xunto ao seu marido Eladio Viñuela, iniciou o desenvolvemento da bioloxía molecular en España.

Nacera un 30 de novembro de 1938 en Canero (Asturias). O seu pai foi médico e influíu nela, alentando o seu interese polas ciencias. Licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade Complutense de Madrid. No verán de 1958 coñece a Severo  Ochoa, quen terá influencia na súa carreira e oriéntaa cara á bioquímica. Durante a carreira coñece a Eladio Viñuela, que comezara a estudar Ciencias Biolóxicas e que deixou pola Química e que, co tempo, casarán. Despois de realizar o doctorado, ámbolos dous, en 1964, emigraron a Estados Unidos, ao Departamento Científico da Escola de Medicina da Universidade de Nova York, traballando con Severo Ochoa, onde permaneceran ata 1967. Nese ano regresaron a España con axuda de financiamento americano para desenvolver a bioloxía molecular.

Foi profesora Ad Honorem no Centro de Bioloxía Molecular Severo  Ochoa, centro de investigación mixto do CSIC e da Universidade Autónoma de  Madrid durante 23 anos.

Entre as súas maiores contribucións científicas destaca a determinación da direccionalidad da lectura da información xenética, durante a súa etapa no laboratorio de Severo  Ochoa, o descubrimento e caracterización da ADN polimerasa do fago Φ29, que ten múltiples aplicacións biotecnolóxicas debido á súa altísima capacidade de amplificación do ADN, a demostración de que a p6, proteína de tipo histona, coopera coa proteína p4 na represión do promotor temperán A2 c e na activación do promotor tardío A3, a demostración de que o  triplete sen sentido UAA dá lugar á terminación da cadea polipeptídica nun sistema de Escherichia coli e o descubrimento dunha glucoquinasa específica para a fosforilación de glicosa en fígado de rata cuxa síntese depende de insulina.

O currículo vitae de Margarita Salgas conta con máis de trescentas cincuenta publicacións en revistas ou libros internacionais e unhas dez en medios nacionais. É, ademais, posuidora de oito patentes, e realizou unhas catrocentas conferencias.

Deixounos, en Madrid, o 7 de novembro de 2019.

Quédome con esta frase súa: "Un país sen investigación é un país sen desenvolvemento".

FONTE: losmundosdebrana.com e wikipedia.org

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXIV

VERTICAIS: 1. Bruselas 2. Doha 4. Amán 5. Yakarta 8. Belgrado 10. Viena.

HORIZONTAIS: 3. Hanói 6. Beirut 7. Pekín 8. Berna 9. Kabul 11. Bucarest.

Capitais do mundo!

BANDEIRAS DO MUNDO XXVI

 

Esta é a bandeira de Camboxa (Reino de Camboxa/ព្រះរាជាណាចក្រកម្ពុជា), un país asiático situado en Indochina. Conta cunha poboación que rolda os 16 millóns de habitantes, sendo a súa capital Nom Pen. O idioma oficial é o khmer.

A bandeira está formada por tres franxas horizontais sendo a central, de cor vermella, o dobre de ancha que as outras dúas de cor azul. No centro da franxa vermella sitúase unha representación en cor branca da entrada principal ao templo de Angkor Wat con tres torres. As franxas azuis representan a dignidade, a raia vermella representa á nación, e a cor branca refírese á forza da relixión.

FONTE: gl.wikipedia.org e banderas-mundo.es

CRUCIGRAMA XXIV

VERTICAIS: 1. Capital dun país membro da Unión Europea, situado na Europa Noroccidental, e principal sede administrativa da UE 2. Capital do estado árabe ubicado no oeste de Asia, denominado oficialmente Reino de Catar 4. Capital dun país de Asia localizado na rexión do Oriente Medio, denominado oficialmente Reino Haxemita de Xordania 5. Capital de Indonesia, sendo a maior cidade do país, localizada na illa de Xava 8. É a capital de Serbia (desde 1817), e foi tamén a capital de Iugoslavia (1918-2003) e de Serbia e Montenegro (2003-2006) 10. Cidade situada en Europa Central, á beira do río Danubio e capital de Austria.

HORIZONTAIS: 3. Capital dun país do Sueste Asiático, denominado oficialmente República Socialista de Vietnam 6. Capital, maior cidade e principal porto marítimo do Líbano 7. Cidade capital da República Popular da China, coñecida tamén coma Beixín 8. Capital dun país, sen saída ao mar, ubicado en Europa central e que non forma parte da UE, contando con catro idiomas oficiais: alemán, francés, italiano e romanche 9. Capital e cidade máis grande de Afganistán 11. Capital e centro industrial e comercial de Romanía, localizada no sueste do pais, ás beiras do Río Dâmbovița.

ANIMAIS MIMÉTICOS: A PERFECCIÓN DA CAMUFLAXE III

Continúo co esta serie adicada ao mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.

3. Mantis orquídea

A pesar do seu delicado e encantador aspecto non te deixes enganar. Trátase dun  voraz depredador. A mantis orquídea (Hymenopus coronatus) é unha barbantesa que adoita colocarse xunto aos pétalos das flores asemellándose a unha delas para atrapar así aos insectos polinizadores como as bolboretas ou a mosca da froita. A súa atractiva coloración e forma atrae sempre a moitos incautos insectos que acaban nas súas redes . Atópase Pluviselvas de Malaisia, Indonesia, e Sumatra.

Continuará!

FONTE: Sarah Romero e María Moya/muyinteresante.es

BANDEIRAS DO MUNDO XXV

 

Esta é a bandeira de Bangladés (República Popular de Bangladés/গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ), un estado da Asia Meridional, localizado no fértil delta do Ganxes. Conta cunha poboación que rolda os 170.000 habitantes, sendo a súa capital Daca. O idioma oficial é o bengalí.

A bandeira consta dun campo verde que representa a abundancia das terras do país e dun círculo vermello desfasado do medio de tal xeito que ao ondear a bandeira apareza centrado, e que representa o sol sobre Bengala e o sangue dos heroes da independencia.

FONTE: gl.wikipedia.org

BEETHOVEN



A terceira vez que a música chegou á vida de Ramon Gener foi a definitiva. A primeira, con tan só seis anos, cando entrou no conservatorio para aprender piano. A segunda, estudando canto baixo a tutela da gran soprano Vitoria dos Ánxeles. Pero foi tras varios anos traballando como barítono cando descubriu que o verdadeiro valor da música, e da cultura en xeral, era compartila cos demais.

Este descubrimento levoulle a iniciar unha nova carreira: a de divulgador musical e artístico. En 2015 dirixiu o programa ‘Ópera en texanos’ para a televisión pública catalá. Pouco despois saltou ás pantallas de 50 países como presentador e director de ‘This is Opera’, un formato producido por Televisión Española para dar a coñecer ao público, de forma fresca e innovadora, as reviravoltas da ópera.

Músico, humanista e escritor, para el todo na música e na arte é emoción”. E é esa contaxiosa paixón por estas dúas disciplinas a que lle levou a poñer en marcha, en 2017, a serie documental ‘This is Art’, unha viaxe pola historia da arte a través das emocións.

Ramon Gener é colaborador habitual dos programas de radio ‘As mañás de cabo a cabo’ de RNE e ‘Versió RAC1’, da emisora catalá Rac1. Tamén é autor dos libros ‘Se Beethoven puidese escoitarme’ (2013) e ‘O amor farate inmortal’ (2016). Actualmente, atópase envorcado nun novo proxecto: o lanzamento da miniserie ‘200’, un programa de catro capítulos cuxo obxectivo é celebrar e conmemorar o bicentenario do Museo do Prado.