Blogia
vgomez

A PENSAR

SOPA DE LETRAS XI

PENEIRA           GADAÑA          SACHOLA         ARADO

FORQUITA         FORCADO        FOUCIÑO         CANGA

CHAVELLA         ESTADULLO      ADIVAL           RODO

ANGAZO            SOGA

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XI

VERTICAIS: 1. Fisterra 3. Vilán 5. Manzaneda 8. Ártabro 9. Antela

HORIZONTAIS: 2. Pedroso 4. Tambo 6. Farallóns 7. Trevinca 10. Plancha 11. Ortegal 12. Estai

Orografía de Galicia!

CRUCIGRAMA XI

VERTICAIS: 1. Cabo situado na costa coruñesa, en plena Costa da Morte, destino final para moitos peregrinos do Camiño de Santiago 3. Cabo situado na Costa da Morte, concretamente no concello de Camariñas, na provincia de A Coruña 5. Cumio de 1.778 m, situado no Macizo Galaico, na provincia de Ourense, onde se atopa unha estación de esquí 8. Denominación do golfo que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, correspondéndose co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum 9. Lagoa, desecada nos anos 1950, que estaba situada na comarca da Limia, no centro da provincia de Ourense.

HORIZONTAIS: 2. Monte situado no concello de Santiago de Compostela, acadando os 641 m e que se atopa a 3 km do casco urbano 4. Illa que atópase no fondo da ría de Pontevedra, pertence ao concello de Poio, e que tivo un uso militar 6. Illas que forman un pequeno arquipélago do concello de Cervo (Provincia de Lugo), situado na costa cantábrica de Galicia, que xa eran coñecidas como Trileucos no século II a. C. polos gregos 7. Pico da serra do Eixe, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora, sendo o maior punto de altitude do territorio galego pois está a 2.127 m de altutude 10. Illa situada na punta nordeste do concello de Ribadeo (Lugo) e que acolle o principal faro da contorna 11. Cabo situado no concello de Cariño (A Coruña), sendo un dos punto máis setentrionais da Península Ibérica, só superado polo cabo da Estaca de Bares 12. Cabo localizado na parroquia de Oia (Vigo). A súa localización privilexiada cara á saída da ría e a súa orientación ao oeste fan deste punto un lugar inmellorable en canto a vistas sobre o Océano e as  Illas Cíes.

SOLUCIÓN AO ENIGMA DOS PÉTALOS AO REDOR DA ROSA

Fuches capaz de atopar a clave do enigma? Non? Bueno, pois aquí tes a solución!

A clave para solucionar o enigma está no título: en cada tirada temos que contar exactamente os “pétalos ao redor da rosa”. Considéranse rosas as caras do dado que teñan un punto no centro. É dicir, as do 1, 3 e 5. E enténdense como pétalos os puntos ao redor do centro. Así, sabemos que nas caras do 2, 4 e 6 non hai punto central (non hai rosa nin pétalos), polo que o seu valor é cero. Na cara do 1, hai punto central pero non ten pétalos, así que o seu valor tamén é cero. Isto déixanos con que só teñen puntuación as caras do 3 e do 5: dous e catro puntos respectivamente, en base aos pétalos que teñen ao redor do punto central.

Se tomamos como exemplo os dados propostos no enigma, a explicación do resultado sería a seguinte:

A cara do tres ten dous pétalos e as do cinco, catro pétalos cada unha. Así o resultado é: 2 + 4 + 4 + 4 + 0 = 14

0 + 0 + 0 + 0 + 0 = 0

0 + 2 + 0 + 0 + 2 = 4

0 + 4 + 0 + 0 + 0 = 4

Tiña bastante dificultade, pero o nome era unha pista moi importante!

FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com

RESOLVE A CLAVE DO ENIGMA: PÉTALOS AO REDOR DA ROSA

O obxectivo é deducir o algoritmo, a fórmula que transforma cada serie de cinco dados no número. E a orixe do xogo é igual de enigmático. Ao parecer sería inventado nalgún momento da década dos setenta no departamento de matemáticas da University of Southern California, aínda que nalgúns foros mesmo se apunta a que se trata dunha versión dun xogo ideado na corte de Gengis Kan.

Queres intentalo? Por certo a solución ten moito que ver co nome do enigma.

Mañá a solución!

FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS X

Rematamos coas de pobos de Galicia!

SOPA DE LETRAS X

ABEGONDO           ARZÚA           CARNOTA          CEDEIRA

MONTERREI          ENTRIMO       CEA                    LEIRO

ARBO                     BUEU             FOZ                    COMBARRO

MONTERROSO      CHANTADA    CERVANTES        GONDOMAR

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA X

VERTICAIS: 1. Pomelo 2. Améndoa 3. Mandarina 4. Uva 6. Claudia

HORIZONTAIS: 2. Abelá 5. Mazá 6. Castaña 7. Granada 8. Caqui 9. Noz 10. Piña