Blogia
vgomez

A PENSAR

ILUSIÓNS ÓPTICAS VIII

ILUSIÓNS ÓPTICAS VIII

 

Nesta imaxe hai 16 círculos, aínda que che custe velos a simple vista.

Esta ilusión óptica é unha variación da ilusión do cofre, creada por Anthony Norcia en 2006.

Concéntrate e a buscar! Mañá a solución.

FONTE: Jaime Rubio Hancock/Verne/Xornal El País

ILUSIÓNS ÓPTICAS VII

"As franxas horizontais parecen torcidas? Mira outra vez porque non é así. Son liñas rectas e paralelas. Os deseños vanse alternando, e as liñas e as cores combínanse para enganar ao teu cerebro". Este é o texto que está ao pé da ilusión óptica creada por Vitoria Skye, meiga e artista de Atlanta (Estados Unidos).

Trátase da variante dunha ilusión óptica clásica, a do “café wall” ou a da parede da cafetería, da que xa temos falado aquí.

FONTE: Jaime Rubio Hancock/Verne/Xornal El País

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DO ENCHIDO DE DEPÓSITOS

 

A auga cae por A, chega a B, segue por C, non chega a D porque o cano está tapado e alcanza J. De aí pasa a L e acabo chegando ata desbordar a... F. Ese é o depósito que se enche antes que calquera outro, a condición de que a billa non expulse a auga a toda velocidade e, ademais, non se peche ata que soborde un dos depósitos. Na seguinte imaxe explícase de forma sinxela.

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/Xornal El País

CAL SE ENCHE PRIMEIRO?

Ver imagen en Twitter

 

Que tanque encheríase primeiro?

Para responder acertadamente a este problema hai que partir dun principio da mecánica de fluídos, a lei dos vasos comunicantes. Segundo ese principio, "o líquido de dous recipientes conectados sempre se vai a manter á mesma altura, independentemente do percorrido que teña que facer". Dito doutra aneira, cando dous recipientes están unidos por un tubo, o líquido nivelarase entre eles ata estar á mesma altura, independentemente do tamaño dos recipientes.

O detalle anterior é moi importante. Os dous recipientes non terán a mesma cantidade de auga, senón que o líquido nivelarase ata a mesma altura. Desta maneira, se os recipientes están colocados a diferentes alturas, a auga alcanzará un nivel distinto en cada recipiente conectado, pero seguirá nivelada.

A partir de aquí, só hai que deixar que a gravidade faga das súas.

A pensar!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/Xornal El País

SOLUCIÓN: CANTAS POMBAS HAI?

SOLUCIÓN: CANTAS POMBAS HAI?

 

Despois dunha lectura axeitada do problema, facemos o plantexamento:

Como non sabemos cantas son, poñeremos como X o seu número.

"As que somos (X) e tantas como as que somos (X), e a metade das que somos (X/2), e a metade da metade das que somos (X/4), e contigo, gavilán, (+1)  somos cen (=100).

Polo tanto:    X + X + X/2 + X/4 + 1 = 100

Despois de resolver esta ecuación, o resultado X= 36

A bandada estaba formada por 36 pombas!

CANTAS POMBAS HAI?

CANTAS POMBAS HAI?

O gavilán e as pombas / Imaxe:YouTube

Un gavilán atópase cunha bandada de pombas e pregúntalles: "Onde ides, cen pombas?", ao que elas contestan: "Non somos cen, gavilán; as que somos, e tantas como as que somos, e a metade das que somos, e a metade da metade das que somos, e contigo, gavilán, somos cen".

Cantas pombas hai?

A solución... mañá!

ILUSIÓNS ÓPTICAS VI: SOLUCIÓN

ILUSIÓNS ÓPTICAS VI: SOLUCIÓN

 

Vicheas algo? Fíxate no círculo vermello!

Se segues sen ver nada dentro da zona marcada en vermello, busca un puro saíndo da parede. Probablemente confundises cunha pedra gris o extremo do puro convertido en cinza.

Velo agora?

FONTE: verne/elpais.es

ILUSIÓNS ÓPTICAS VI: VES O QUE HAI NESTA PAREDE?

ILUSIÓNS ÓPTICAS VI: VES O QUE HAI NESTA PAREDE?

 

A imaxe desta parede espida non todo son ladrillos. Que oculta?

A autora desta ilusión óptica, Arron Bevin, acadou en tres días máis de 65.000 comentarios, 52.000 likes e 70.000 gústasme.

Conseguiches velo?  Non ves nada? Ves una pequna pedra? Iso vémolo todos!

Se cadra, se miras outra vez velo!

A resposta mañá!

FONTE: verne/elpais.es