Blogia
vgomez

A PENSAR

SOPA DE LETRAS CXIII

SOPA DE LETRAS CXIII

BICICLETAS      ROUPA      LIBROS

ZAPATOS          XOGOS      COLONIAS

CONSOLAS       COCHES    BONECOS

MÓBILES

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXX (PERSONAXES DO 2022)

VERTICAIS: 1. Putin 3. Kirchner 5. Amini 6. Alcaraz.

HORIZONTAIS: 2. Musk 4. Jinping 7. Messi 8. Zelesnki 9. Lula 10 Ermaux.

Máis cultura xeral, neste caso personaxes do 2022!

ENCRUCILLADO CXX (PERSONAXES DO 2022)

VERTICAIS: 1. Apelido do avogado e político ruso, líder de facto do partido político Rusia Unida e que cctualmente desempéñase como presidente de Rusia 3. Apelido da política arxentiona, actualmente vicepresidenta do goberno do país, que recentemente foi condenada a seis anos de prisión por administración fraudulenta 5. Apelido da moza iraniana de 22 anos asasinada pola policía por mor de non levar ben o veo 6. Apelido do tenista español, que desde o 12 de setembro de 2022 está situado na primeira posición do clasificación ATP. 

HORIZONTAIS: 2. Apelido do empresario, investidor e magnate surafricano que tamén posúe as nacionalidades canadense e estadounidense e que é Director executivo de Twitter 4. Apelido do político e enxeñeiro químico chinés, que actualmente exerce como secretario xeral do Comité Central do Partido Comunista de China, presidente da Comisión Militar Central​ e presidente da República Popular China 7. Apelido do futbolista arxentino que xoga como dianteiro ou centrocampista, xogador histórico do Fútbol Club Barcelona e actualmente no Paris Saint-Germain e alma da selección arxentina no último munsial 8. Apelido do actor e político ucraíno actual presidente de Ucraína 9. Apelido do obreiro metalúrxico, ​ sindicalista e político progresista​ brasileiro, que ganou as últimas eleccións en Brasil 10. Apelido da escritora francesa, catedrática e profesora de letras modernas, gañadora do Premio Nobel de Literatura en 2022.

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXII

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXII

Postres do Nadal!

SOPA DE LETRAS CXII

SOPA DE LETRAS CXII

 

BICA               TURRÓN         BOMBÓNS

PASAS            FIGOS             BROWNIE

MAZAPÁN      PIÑA               PANETTONE

ROSCÓN         XEMA              POLVORÓN

SOLUCIÓN AO ENCRUCILLADO CXIX

VERTICAIS: 1. Guggenhaim 7. Restra 5. Folón 8. Alabama.

HORIZONTAIS: 2. Sargo 3. Úmero 4. Perú 6. Belén 9. Melchor 10. Acivro.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CXIX

VERTICAIS: 1. Museo de arte contemporánea deseñada polo arquitecto canadense Frank O. Gehry e localizado en Bilbao (País Vasco) 7. Trenza que se fai cos allos, coas cebolas, coas mazarocas do millo etc., para penduralos 5. Aparello de madeira, construído xeralmente nun curso de auga, que consta de dous mazos que ao se moveren alternativamente pola acción da auga, van batendo os tecidos fabricados nos teares para desengraxalos e que entupan 8. Estado dos EE UU, cuxa capital é Montgomery e a súa cidade máis poboada é Huntsville.

HORIZONTAIS: 2. Peixe da familia dos espáridos, de corpo oval comprimido lateralmente, cor gris prateada con sete ou oito bandas escuras nos costados e unha negra contra a aleta caudal, de nome científico Diplodus sargus 3. Óso do brazo que vai desde o ombreiro ao cóbado 4. País suramericano, con capital en Lima, e que ultimamente ten grandes problemas políticos e sociais 6. Cidade palestina, na rexión de cixordania, onde naceu Xesús 9. Rei Mago de Oriente, a quen se lle adxudica ser portador do ouro 10.  Árbore silvestre da familia das aquifoláceas, de follas brillantes elípticas ou ovais, duras e con espiñas nos bordos, flores brancas, froito en forma de baga de cor vermella e madeira de cor clara, dura e compacta e de nome científico Ilex aquifolium.

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXVIII

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXVIII

VERTICAIS: 1. Samos 4. Olivina 6. Corbelo 8. Rabaza.

HORIZONTAIS: 1. Suva 2. Coura 3. Conos 5. EPOC 7. Resinar 9. Zombi.

Máis cultura xeral!