Blogia
vgomez

A PENSAR

ENCRUCILLADO XLVI

ENCRUCILLADO XLVI

 

VERTICAIS: 1. Termo co que se fai referencia aos sistemas operativos baseados en UNIX, exemplo prominente de software libre 2. Conxunto de programas e rutinas que permiten á computadora realizar determinadas tarefas 4. Siglas de "Persoal Dixital Assistant", computador de peto 5. Memoria de tipo flash que se conecta a outro dispositivo por medio dun porto USB 8. Abreviatura de Macintosh, liña de computadoras persoais deseñada, desenvolvida e comercializada por Apple Inc.

HORIZONTAIS: 3. Nome dunha familia de sistemas operativos desenvolvidos pola multinacional informática Microsoft Corporation 4. Sigla de "personal computer", computadora personal 6. Conxunto de elementos físicos ou materiais que constitúen unha computadora ou un sistema informático 7. Tipo de computadora (ordenador) portátil, que se diferencia dos tradicionais laptops polas súas reducidas dimensións, a súa funcionalidade limitada e a súa baixo custo 9. Aparello que permite pasar a formato dixital un texto ou unha imaxe.

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLV

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLV

 

VERTICAIS: 1. Pantalla 2. Byte 3. Impresora 6. Procesador.

HORIZONTAIS: 4. Tableta 5. Ram 7. Ordenador 8. Usb 9. Rom 10. Rato.

Vai de informática!

ENCRUCILLADO XLV

ENCRUCILLADO XLV

 

VERTICAIS: 1. Superficie na que aparecen as imaxes xeradas por certos aparellos electrónicos 2. Secuencia que se usa como unidade básica de almacenaxe de información 3. Aparello periférico dun ordenador que serve para imprimir sobre papel os datos transmitidos por este 6. Elemento dun sistema informático que procesa a información mediante unhas instrucións programadas.

HORIZONTAIS: 4. Computador persoal de man co que se interactúa por medio dunha pantalla táctil 5. Siglas de "Random Access Memory", a memoria de traballo de computadoras e outros dispositivos para o sistema operativo, os programas e a maior parte do software 7. Aparello electrónico cunha memoria de gran capacidade, que realiza con moita rapidez operacións de cálculo, clasificación, deseño, almacén de datos etc., para as cales está programado 8. Siglas do "Universal Serial Bus", que designa o protocolo de comunicación que permite conectar dispositivos electrónicos entre si por medio de cabos e portos específicos sen necesidade de reiniciar ou engadir novo software 9. Siglas de "Read Only Memory",  memoria de só lectura capaz de almacenar instrucións e datos de forma permanente 10. Dispositivo manual que permite localizar na pantalla un punto e actuar sobre el e que se manexa desprazándoo sobre unha superficie plana ou ben pode estar incorporado ao teclado.

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLIV

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLIV

 

VERTICAIS: 1. Menta 2. Azar 3. Fiúncho 4. Manzanilla 8. Ourego.

HORIZONTAIS: 5. Romeu 6. Canela 7. Herba luísa 9. Coandro 10. Tomiño.

Herbas para facer a augardente de herbas!

ENCRUCILLADO XLIV

ENCRUCILLADO XLIV

 

VERTICAIS: 1. Planta da familia das labiadas, moi recendente, semellante á estruga, coa que se preparan infusións que poden tomarse como remedio para trastornos do estómago ou dos intestinos, e da que existen diversas especies 2. Flor da laranxeira, do limoeiro, e doutras árbores da familia das rutáceas, de cor branca e recendo moi intenso 3. Planta, co nome científico   Foeniculum vulgare, da familia das umbelíferas de talo delgado, follas fendidas en tiras finas coma fíos e flores amarelas en umbela, de cheiro agradable e gusto doce, moi abundante en Galicia e utilizada en medicina e como condimento 4. Planta herbácea, de nome científico Chamaemelum nobile, perenne da familia das compostas, aromática, con talos débiles que acadan os trinta centímetros, follas alternas e flores amarelas con lígulas brancas, coñecida en Galicia como macela 8. Herba olorosa perenne da familia das labiadas, de follas pequenas ovadas e flores brancas ou rosadas en espiga, moi usada como condimento.

HORIZONTAIS: 5. Arbusto aromático da familia das labiadas, de follas pequenas e lineais, tomentosas polo envés, e flores azuis ou abrancazadas, tamén pequenas 6. Canela 7. Especie da familia Verbenaceae, de nome científico Aloysia citriodora, que se caracteriza por un aroma que recorda o do limón, utilízada para preparar unha infusión dixestiva 9. Planta herbácea anual da familia das umbelíferas, de follas e talo glabro, flores brancas en umbelas de catro a oito raios e froito redondo, con sementes aromáticas e que ten por nome científico Coriandrum sativum 10. Planta perenne da familia das labiadas, de talos leñosos, follas ovadas pequenas e flores brancas ou rosas, moi aromática, utilizada en cociña, farmacia e perfumaría e de nome científico Thymus vulgaris.

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XLI

Eleccións!

SOPA DE LETRAS LXI

VOTO          ELECTORES             GAÑADOR

VOGAIS      PROPAGANDA         ESCRUTINIO

CARTEIS     INTERVENTORES    CANDIDATO

MITIN         PRESIDENTE           URNA

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XL

Algúns dos pardidos políticos que se presentas ás Eleccións ao Parlamento de Galicia do próximo 12 de xullo do 2020.