Blogia
vgomez

A PENSAR

SOPA DE LETRAS XL

PACMA (Partido Animalistra Contra o Maltrato Animal)

PP (Partido Popular)

EQUO (Partido Verde de España)

UPYD (Unión Progreso Y Democracia)

CS (Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía)

VOX

PCTG (Partido Comunista dos Traballadores de Galiza)

ADCG (Ciudadanos de Galicia)

PSOE (Partido Socialista Obrero Español)

BNG (Bloque Nacionalista Galego)

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLIII

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLIII

 

VERTICAIS: 2. Augardente 2. Pota 4. Viño 5. Aquitara 7. Alambique.

HORIZONTAIS: 1. Bagazo 6. Destilaría 8. Licor.

Procesos e elementos da destilación!

ENCRUCILLADO XLIII

ENCRUCILLADO XLIII

 

VERTICAIS: 2. Bebida alcohólica obtida ao destilar o bagazo ou outros produtos como froitas ou cereais, despois de fermentaren 2. Recipiente do alambique no que se coce o bagazo 4. Froito da vide 5. Aparello metálico usado para destilar, que se compón dunha caldeira da que sae un conduto polo que cae o produto da destilación 7. Outro nome que se lle dá ao aparello citado anteriormente

HORIZONTAIS: 1. Residuo de certos froitos como a uva ou a oliva, despois de espremelos e sacarlles o líquido 6. Factoría ou establecemento industrial onde se destila algo, en particular licores 8. Bebida alcohólica, doce e aromática, que contén alcohol, auga, azucre e distintas substancias.

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLII

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLII

 

VERTICAIS: 1. Vendima 2. Lagar 4. Uva 6. Cangallo.

HORIZONTAIS: 3. Prensa 5. Viño 6. Cuba 7. Barrica 8. Adega 9. Mosto.

Relativo ao viño!

ENCRUCILLADO XLII

ENCRUCILLADO XLII

 

VERTICAIS: 1. Operación de coller as uvas das videiras 2. Lugar preparado para prensar as uvas, co fin de que solten o líquido que conteñen. 4. Froito da vide, redondo ou ovado, agrupado con outros en acios, do que se obtén o viño 6. Resto do acio ao que se lle quitaron ou esmagaron as uvas.

HORIZONTAIS: 3. Máquina que serve para comprimir, que consta como elementos principais de dúas plataformas que se apertan unha contra a outra por medio de parafusos e que ten formas diversas segundo os usos 5. Bebida alcohólica que se obtén da fermentación do zume de uva 6. Recipiente de gran tamaño para gardar viño ou outros líquidos, formado por doelas, colocadas unha a continuación da outra e unidas por unha especie de aros, cerrado a cada lado por unha parede de madeira 7. Recipiente de madeira feito de doelas máis anchas no medio ca nos extremos unidas por zunchos metálicos ou de madeira, utilizado principalmente para líquidos aínda que tamén pode conter outras cousas 8. Parte da casa, xeralmente subterránea, ou construción independente onde se garda o viño ou outras bebidas e, ás veces, tamén onde se fai, xeralmente, para o consumo persoal 9. Zume de uvas, antes de acabar a súa fermentación.

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XLI

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XLI

VERTICAIS: 1. Forxa 2. Sufrideira 3. Fragua 4. Zafra 6. Tufo 9. Lima.

HORIZONTAIS: 5. Atizador 7. Tenaces 8. Martelo 10. Pía.

Ferramentos do ferreiro!

CRUCIGRAMA XLI

CRUCIGRAMA XLI

VERTICAIS: 1. Taller onde se traballa o ferro 2. Utensilio metálico usado polos caldeireiros e ferreiros, que se coloca debaixo da peza que se vai perforar cun punzón para impedir que este se fane 3. Fogón onde se quentan os metais para despois traballalos ou forxalos 4. Peza de ferro, polo xeral con punta cónica nun dos lados, na que se traballan os metais 6. Instrumento empregado para facer os ollos das ferramentas 9. Barra de aceiro coa superficie estriada que serve para desgastar e alisar materias duras.

HORIZONTAIS: 5. Barra de metal que serve para atizar o lume 7. Ferramenta formada por dous brazos móbiles de metal unidos por un eixe e rematados en forma de gancho, que se utiliza para agarrar, cortar ou arrincar algo 8. Ferramenta composta dunha peza de material forte e pesado como o ferro encaixada nun mango, que se utiliza para dar golpes con diferentes fins 10. Recipiente cóncavo de pedra ou doutro material, para conter líquidos, de diversas formas e tamaños segundo o uso que se lle dá.

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS DO ELECTRICISTA

Ferramentas do electricista!