Blogia
vgomez

A PENSAR

SOPA DE LETRAS DO ELECTRICISTA

MACARRÓN        DESPARAFUSADOR        TIRACABLE

ALICATE             CORTACABLES                PELACABLES

TENACES            MULTÍMETRO                  NAVALLA

CABLE

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS DO PINTOR

Utensilios do pintor!

SOPA DE LETRAS DO PINTOR

BROCHA           PINCEL          MASILLA          PISTOLA

ROLO                ESCADA         CINTA              ESPÁTULA

CUBETA            PINTURA       LIXA                 EXTENSIBLE

SOLUCIÓN CRUCIGRAMADA RAG DA COVID-19

VERTICAIS: 1. Webinario 2. Desconfinamento 5. Resilente 6.  Máscara 7. Infodemia.

HORIZONTAIS: 3. Corentena 4. Coronavirus 8. Sepe 9. Teletraballo.

Verbas que nos acompañaron estes últimos meses e que tamén o farán, dende hoxe, para sempre, ao incorporar estes termos a Real Academia Galega (RAG) ao seu dicionario, por agora na edición en liña desta ferramenta da lingua galega.

CRUCIGRAMADA RAG DA COVID-19

VERTICAIS: 1. Presentación interactiva que se transmite a través da Web e que pode seguirse en directo ou en diferido 2. Saída dun estado de confinamento no que estaban limitados os movementos 5. Persoa que ten capacidade de adaptación e recuperación fronte ás situacións adversas 6. Aparello especial co que se cobre a cara, ou parte dela, para protexela, evitar respirar gases tóxicos, facilitar o envío de osíxeno aos pulmóns etc. 7. Propagación rápida e abundante de información falsa entre as persoas e os medios informativos.

HORIZONTAIS: 3. Espazo de tempo no que se manteñen illadas as persoas e mercadorías procedentes dun país onde hai epidemia 4. Virus con forma exterior semellante a unha coroa, con ARN causante de infeccións respiratorias e dixestivas en persoas, en moitas especies de mamíferos e en aves. O SARS-CoV-2 é o coronavirus causante da pandemia actual de Covid-19 8. Infección xeral grave do organismo producida pola presenza de xermes patóxenos no sangue 9. Prestación da actividade laboral realizada de maneira preponderante no domicilio do traballador ou no lugar libremente elixido por este, de maneira alternativa ao seu desenvolvemento presencial no centro de traballo da empresa ou do empregador.

SOLUCIÓN CRICIGRAMA LETRAS GALEGAS 2020 (III FIN)

VERTICAIS: 1. Xaén 3. Reintegracionismo 5. Madrid 7. Fingoi.

HORIZONTAIS: 2. Ferrol 4. Trinitarias 6. Santiago 8. Scórpio.

Sobre Ricardo Carballo [Carvalho] Calero.

CRUCIGRAMA LETRAS GALEGAS 2020 (III FIN)

VERTICAIS: 1.  Unha vez rematada a Guerra Civil, foi condenado en consello de guerra a 12 anos por separatista e recluído nun cárcere dunha provincia andaluza... 3. Postura lingüística, tamén coñecida como lusismo, que el defendeu, na que o galego, xunto co resto de variedades da lingua portuguesa, son unha única lingua e, por tanto, as diferentes falas galegas serían, como as portuguesas, parte da mesma lingua, e non dúas linguas do mesmo diasistema lingüístico como defende a RAG 5. A sublevación do 18 de xullo de 1936 sorprendeulle nunha cidad española, no momento en que concorría ás probas para profesor de instituto en Lingua e Literatura Española, manténdose fiel á República, no batallón Félix Bárzana dá FETE-UXT, o sindicato no que militaba, co grao de tenente e participou na defensa desa mesma cidade... 7. Entre 1950 e 1965 estivo na educación privada, no colexio... de Lugo, no que exerceu como conselleiro delegado, pois non estaba autorizado para ser director.

HORIZONTAIS: 2. Alí naceu o 30 de outubro de 1910 4. En 1928 publicou un libro de poesía en castelán titulado... 6. Licenciouse en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de... 8. En 1987 publicou unha novela moderna cunha alta dose de ironía literaria e que contén numerosos elementos autobiográficos ...

Escritor homenaxeado niste ano 2020.

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA LETRAS GALEGAS 2020 (II)

VERTICAIS: 1. BalcoAmor (Eduardo Blanco Amor, 1897-1979) 2. Piñeiro (Ramón Pineiro López, 1915-1990) 4. OteroPedrayo (Ramón Otero Pedrayo, 1888-1976) 5. Dieste (Rafael Francisco Antonio Olegario Dieste Gonçalves, 1899-1981) 6. Pimentel (Luis Benigno Váquez Fernández-Pimentel, 1895-1958).

HORIZONTAIS: 3. Fole (Ánxel Fole Sánchez, 1903-1986) 7. ManuelAntonio (Manuel Antonio Pérez sánchez, 1900-1930) 8. MaríaMariño (María Marió Carou, 1907-1967) 9. Murguia (Manuel Antonio Martínez Murguía, 1833-1923) 10. Curros (Manuel Curros Enríquez, 1851-1908).

Outro grupo de escritores homenazeados ao longo da historia do Día das Letras Galegas!