Blogia
vgomez

A PENSAR

CRUCIGRAMA LETRAS GALEGAS 2020 (II)

VERTICAIS: 1. Apelidos (xuntos) dos escritor ourensán, homenaxeado no ano 1993, autor na novela A esmorga  4. Apelidos (xuntos) do escritor ourensán, homenaxeafo no ano 1988, autor da novela Arredor de si 5. Primeiro apelido do escritor rianxés, homenaxeado no ano 1995, autor do libro de contos Dos arquivos do trasno. Contos do monte e do mar 6. Segundo apelido do escritor lucense, homenaxeado no ano 1990, autor do libro de poemas Sombra do aire na herba.

HORIZONTAIS: 3. Primeiro apelido do escritor lucense, homenaxeado no ano 1997, autor do libro de relatos Á luns do candil. Contos a carón do lume 7. Os seus nomes (xuntos) do escritor rianxés, homenaxeado no ano 1979, o principal poeta das vangardas galegas, autor de De catro a catro: follas sin data d’un diario d’abordo 8. Nome e primeiro apelido (xuntos) da escritora noiesa, homenaxeada no ano 2007, autora do poemario Palabra no tempo 9. Último apelido do escritor e historiador arteixán, homenaxeafo no ano 2000, e que casou con Rosalía de Castro 10. Primeiro apelido do escritor celanovés, homenaxeado no ano 1967, autor do poemario A virxe do Cristal.

Continuará...

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA LETRAS GALEGAS 2020 (I)

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA LETRAS GALEGAS 2020 (I)

VERTICAIS: 2. Cunqueiro (Álvaro Cunqueiro Mora, 1911-1981) 4. Cabanillas (Ramón Cabanillas Enríquez, 1876-1959) 7. Fraguas  (Antonio Fraguas Fraguas, 1905-1999) 8. Xocas (Xaquín Lorenzo Fernández, 1907-1989).

HORIZONTAIS: 1. Risco (Vicente Risco e Agúero, 1884-1963) 3. Pondal (Eduardo María González-Pondal e Abente, 1835-1917) 5. CarballoCalero (Ricardo Carballo /Carvalho/ Calero, 1910-1990) 6. Novoneyra (Uxio Novoneyra/Eugenio Novo Neira, 1930-1999) 9. Castelao (Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, 1886-1950) 10. Rosalía (María Rosalía Rita de Castro, 1837-1885).

Algúns dos escritores homenaxeados ao longo da historía do Día das Letras Galegas!

CRUCIGRAMA LETRAS GALEGAS 2020 (I)

CRUCIGRAMA LETRAS GALEGAS 2020 (I)

VERTICAIS: 2. Primeiro apelido do escritor mindoniense, homenaxeado no ano 1991, autor do conxuto e relatos Xente de aquí e de acolá 4. Primeiro apelido do escritor cambadés, homenaxeado no ano 1976, alcumado como Poeta da Raza 7. Primeiro apelido do poeta ourensán, homenaxeado o ano pasado, 2019 8. Nome polo que se coñecía ao etnógrafo ourensán Xaquín Lorenzo Fernández, homenaxeado no ano 2004.

HORIZONTAIS: 1. Primeiro apelido do escritor ourensán, homenaxeado no ano 1981, autor da novela O porco de pé 3. Primeiro apelido do "bardo de Bergantinos", homenaxeado no ano 1965 e autor da letra do nos himno 5. Apelidos (xuntos) do escritor ferrolán homenaxeado iste ano 2020 6. Apelido utilizado polo escritor lugués (resultado da unión dos seus dous apelidos), homenaxeado no ano 2010, autor dun libro de poemas titulado Os eidos 9. Primeiro apelido do escitor, considerado un dos pais do nacionalismo galego, e que se lle adicou o segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964 10. Adicóuselle o primeiro Día das Letras Galegas (nome), no ano 1963. 

Continuará...

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XL

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XL

VERTICAIS: 1. Trade 3. Cicel 5. Maceta 7. Martelo

HORIZONTAIS: 2. Pa 4. Nivel 6. Maza 8. Paleta 9. Metro 10. Carretilla

Ferramentas do albanel!

CRUCIGRAMA XL

CRUCIGRAMA XL

VERTICAIS: 1. Instrumento eléctrico cunha broca de aceiro para facer buracos 3. Ferramenta recta e plana, acabada en corte, que se utiliza para labrar metal, pedra ou madeira, golpeándoa cun martelo 5. Martelo de ferro, de mango curto, e cabeza xeralmente troncocónica, usado polos canteiros 7. Ferramenta composta dunha peza de material forte e pesado como o ferro encaixada nun mango, que se utiliza para dar golpes con diferentes fins.

HORIZONTAIS: 2. Utensilio constituído por unha lámina de madeira ou doutro material, xeralmente de forma cadrada ou arredondada e na maior parte dos casos cunha certa concavidade, que se adapta a un mango máis ou menos longo e se utiliza para coller e trasladar dun lugar a outro unha cousa, remexer a terra etc 4. Instrumento para verificar se un plano está horizontal ou vertical 6. Ferramenta de madeira ou doutro material, que consta dunha peza maciza de formas e tamaños diferentes, inserida polo centro ou por un lateral nun mango, utilizada para pisar, machucar ou golpear 8. Utensilio que consta dunha prancha de aceiro de forma xeralmente triangular e un mango de madeira, usado polos albaneis para coller e aplicar a masa 9. Fita, vara etc., dun metro ou máis de longo, na que se sinalan os decímetros, centímetros e milímetros, que se emprega para medir 10. Aparello para o transporte de cousas formado por un recipiente para a carga que ten forma aproximada de artesa, unha roda, e dúas barras na parte posterior, por onde se colle para ser conducido.

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXXIX

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXXIX

VERTICAIS: 1. Aixola 2. Trade 3. Banco 4. Cepillo 6. Trencha 9. Formón.

HORIZONTAIS: 5. Martelo 7. Serrón 8. Berbequí 10. Garlopa.

Ferramentas de carpinteiro!

CRUCIGRAMA XXXIX

VERTICAIS: 1. Ferramenta que consta dunha prancha de aceiro co bordo cortante duns dez centímetros, unida a un mango curto, que se usa para desbastar a madeira 2. Instrumento que consta dunha delgada barra de ferro ou aceiro rematada en espiral nun extremo, e no outro nun cabo de madeira para agarralo, que se emprega para facer furados na madeira e noutros materiais non moi duros  3. Mesa dotada con diversos mecanismos sobre a que se realizan os traballos dun carpinteiro, entre outros 4. Utensilio de madeira de forma alongada, que leva incrustada, atravesándoo, unha coitela, empregado en carpintaría para quitarlle pequenas láminas á madeira e tornala lisa  6. Ferramenta de carpinteiro que se emprega para desbastar a madeira e está formada por un mango e unha folla plana de metal, grosa, longa e afiada no extremo 9. Ferramenta de carpinteiro semellante ao escoupro, pero de folla máis larga e menos grosa.

HORIZONTAIS: 5. Ferramenta composta dunha peza de material forte e pesado como o ferro encaixada nun mango, que se utiliza para dar golpes con diferentes fins 7. Serra de man empregada polo carpinteiro 8. Aparello constituído por unha manivela dobrada en dous cóbados, en forma de asa, cunha barrena no extremo inferior, utilizado en carpintaría para facer furados na madeira 10. Ferramenta do carpinteiro máis longa ca o cepillo e con puño, que serve para labrar ou tornar lisas as superficies de madeira.

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS DO PANADEIRO

Imprescindibles para o pan de cada día!