CRUCIGRAMA XXXIX
VERTICAIS: 1. Ferramenta que consta dunha prancha de aceiro co bordo cortante duns dez centímetros, unida a un mango curto, que se usa para desbastar a madeira 2. Instrumento que consta dunha delgada barra de ferro ou aceiro rematada en espiral nun extremo, e no outro nun cabo de madeira para agarralo, que se emprega para facer furados na madeira e noutros materiais non moi duros 3. Mesa dotada con diversos mecanismos sobre a que se realizan os traballos dun carpinteiro, entre outros 4. Utensilio de madeira de forma alongada, que leva incrustada, atravesándoo, unha coitela, empregado en carpintaría para quitarlle pequenas láminas á madeira e tornala lisa 6. Ferramenta de carpinteiro que se emprega para desbastar a madeira e está formada por un mango e unha folla plana de metal, grosa, longa e afiada no extremo 9. Ferramenta de carpinteiro semellante ao escoupro, pero de folla máis larga e menos grosa.
HORIZONTAIS: 5. Ferramenta composta dunha peza de material forte e pesado como o ferro encaixada nun mango, que se utiliza para dar golpes con diferentes fins 7. Serra de man empregada polo carpinteiro 8. Aparello constituído por unha manivela dobrada en dous cóbados, en forma de asa, cunha barrena no extremo inferior, utilizado en carpintaría para facer furados na madeira 10. Ferramenta do carpinteiro máis longa ca o cepillo e con puño, que serve para labrar ou tornar lisas as superficies de madeira.
0 comentarios