Blogia
vgomez

DESCOBREN UN NOVO TIPO DE CÉLULAS NO CORPO DA MULLER

Imaxe de glándulas mamarias. Estes órganos atravesan profundos cambios ao longo da vida, nos que os macrófagos recentemente descubertos desempeñan un papel moi importante /  Dr Caleb Dawson, Walter and Eliza Hall Institute

As tecnoloxías máis avanzadas de toma de imaxes en 3D permitiron descubrir un novo tipo de célula que pasara desapercibida ata o de agora. Científicos da Universidade de Melbourne (Australia), acharon unha célula inmune especializada en manter san o tecido dos condutos mamarios, onde se produce e transporta o leite e onde aparecen a maioría dos cancros de mama. Estes achados publicáronse e  Nature Cell Biology.

"Descubrimos unha poboación completamente nova de células inmunes especializadas, ás que chamamos macrófagos dos condutos, apertadas entre dúas capas da parede dos condutos mamarios», explica un dos coautores do traballo.

Grazas ás imaxes tridimensionais, os investigadores observaron como estes macrófagos buscan ameazas nestes condutos e traballan para mantelos sans e limpos, "coméndose", é dicir, fagocitando, ás células produtoras de leite mortas, unha vez que finaliza a lactación.

"Sorprendeunos descubrir que estas células xogan un papel esencial no proceso coñecido como  involución, no que a lactación finaliza, as células produtoras de leite morren e o tecido mamario necesita volver á súa situación orixinal", dixo o investigador.

Os autores están convencidos de que comprender o funcionamento destas células é esencial para atopar novas vías coas que tratar o cancro de mama, posto que estes condutos son a orixe de moitos deles. Ademais, observaron que non hai outras células que poidan levar a cabo o traballo que fan estes macrófagos dos condutos.

"Como investigadores de cancro de mama, sabemos que é necesario comprender que células fan cada cousa, de forma que podamos identificar os intrincados procesos celulares que desregúlanse nos casos de cancro", dixo outra das coautoras.

Os investigadores tratarán de explorar as funcións destes macrófagos nas distintas etapas do desenvolvemento das glándulas mamarias, como a maduración ou o embarazo. Ademais, tratarán de pescudar que papel teñen estes macrófagos no crecemento e dispersión dos tumores.

"A medida que o cancro medra, estes  macrófagos multiplican o seu número". Sospeitamos que estes reducen a resposta inmune do organismo, o que podería ter perigosas implicacións para o crecemento e o desenvolvemento do cancro nestes lugares que xa de seu teñen tendencia a xeralo", indican.

Os investigadores agora traballarán en pescudar como bloquear a actividade destes macrófagos, debido a que cren que isto podería ser unha terapia contra o cancro de mama.

Convén lembrar que a maioría dos órganos do corpo, incluíndo o cerebro, o fígado, os pulmóns ou a pel, teñen a súa propia poboación de macrófagos. Estes son fundamentais para regular as primeiras etapas da resposta inmune e controlan a inflamación e o funcionamento dos órganos.

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios