Blogia
vgomez

CRUCIGRAMA XXXV

VERTICAIS: 1. Cadea que pendura dunha viga ou elemento similar situado no alto da lareira, cun gancho na parte inferior para suxeitar o pote sobre o lume 2. Peza estreita de madeira que, colocada nun furado que hai na parte anterior da cabezalla do carro ou do arado, serve para suxeitar esta ao xugo 6. Pedra plana situada a pouca altura do chan, onde se fai o lume para cociñar, nas casas tradicionais, e sobre a que adoita ir colocada unha cambota 8. Especie de plataforma ou piso do carro, dun remolque etc., en que se coloca a carga 9. Aparello de madeira ao que se suxeita, polo pescozo ou pola cabeza, unha parella de animais de tiro para enganchalos ao carro ou ao arado.

HORIZONTAIS: 3. Moble de cociña formado por un ou varios estantes onde se pon a louza, vasos, botellas e outros obxectos de uso doméstico 4. Cada unha das estacas que se colocan polos lados do carro para suxeitar a carga 5. Peza de ferro, cortante, situada na punta do arado, que é a que penetra na terra e vai abrindo sucos ao arar 7. Utensilio formado por un mango que ten nun dos seus extremos unha táboa perpendicular en forma de semicírculo e que se utiliza para xuntar as brasas ou a cinsa no forno, o gran na eira etc. 10. Peza longa de pau que sobresae da parte anterior do chedeiro do carro e queda situada entre os dous animais da xugada, ao xunguilos, no extremo da cal vai unido o xugo.

Mañá a solución!

0 comentarios