Blogia
vgomez

COMUNICADOS

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO

Libros de texto / Imaxe:colegiodelajara.blogspot.com

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria continúa a prestar o seu apoio ás familias que máis o necesitan a través do programa de Gratuidade Solidaria, co fin de salvagardar o dereito á educación en igualdade de oportunidade de todos os escolares galegos no actual contexto de crise económica.

Deste xeito, onte publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) as convocatorias de axudas para a adquisición dos libros de texto para o curso 2011/2012, coas que se favorece que os escolares das familias con menos recursos poidan ter manuais en propiedade totalmente subvencionados.

Ademais a nova convocatoria blinda as axudas dirixidas neste sentido ao alumnado de todos os niveis de educación especial, con independencia da renda per cápita familiar.

Cómpre sinalar o importante esforzo que estas axudas supoñen para a Administración Pública galega, cuxos orzamentos se están a ver igualmente afectados pola importante crise pola que atravesa a economía. Con todo, a Consellería volve dar así mostra do seu compromiso para desenvolver actuacións que favorezan unha educación de calidade para todas as galegas e galegos con independencia da súa situación económica.

Axudas á adquisición de libros

O programa de Gratuidade Solidaria para o curso 2011/2012 mantén os umbrais da renda das convocatorias anteriores, tomando como referencia a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2009 e o exercicio fiscal 2009.

A convocatoria de axudas á adquisición de libros de texto en 1º e 3º da ESO, cursos que se incorporan este ano por primeira vez ao programa e nos que os manuais teñen un prezo superior, mantén bolsas de 180 euros por estudante para as familias monoparentais cunha renda per cápita de ata 6.000 euros, 5.400 euros para o resto das familias, é dicir, para o primeiro tramo dos contemplados; e de 104 para as monoparentais cunha renda por persoa de entre 6.001 e 9.000 euros, 5.401 e 9.000 no caso do resto das familias (segundo tramo).

Ademais, como xa se sinalou, o alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios poderá percibir axudas de 250 euros con independencia da renda pér cápita familiar.

 

Plurilingüismo e  reposición

A Consellería volve ademais convocar axudas para a adquisición dos libros de 3º e 4º de ESO que cambian de idioma para dar cumprimento ao establecido polo Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Desta forma, e atendendo as mesmos umbrais para os devanditos tramos de renda per cápita, establécense bolsas de 25 e 14  euros en educación secundaria.

Doutra banda, e co fin de garantir o mellor estado dos manuais nos que aínda está vixente o sistema de préstamo, os centros poderán solicitar beneficiarse do programa de reposición de libros de texto nos niveis de 2º e 4º da ESO.

Procedemento

O prazo de solicitude será do 25 de xuño ao 26 de xullo para a ESO que formalice matrícula no prazo ordinario, e o 1 ao 30 de setembro para os que a formalicen no extraordinario. As solicitudes e demais información poderán consultarse pinchando AQUÍ e no portal educativo da Xunta de Galicia, www.edu.xunta.es .

Ao igual que o pasado curso as familias que cumpran os requisitos para ser beneficiarios do programa recibirán nos seus respectivos centros educativos un vale co que poderán adquirir os libros no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento. Unha vez entregados os manuais, os establecementos presentarán as facturas na Xefatura Territorial da Consellería de Educación en cada provincia, para que lles sexan ingresados os importes correspondentes aos vales tramitados.

O obxectivo deste sistema é que as familias non teñan que desembolsar contía algunha polo importe das axudas, facendo máis fácil ademais os pagamentos, ao se reducir considerablemente o número de transferencias bancarias que ten que facer a Consellería. Por outra banda, a xeración automática dos datos da familia polo sistema informático simplifica considerablemente o labor dos centros educativos, elemento fundamental no proceso de tramitación das bolsas.

FONTE: Consellería de Educación e O. Universitaria

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA: OUTONO 2011

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA: OUTONO 2011

O Ministerio de Educación convoca axudas destinadas a alumnos segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria para o desenvolvemento dun Programa de “Inmersión Lingüística” durante o outono de 2011.

Estes cursos, dunha semana de duración en réxime de internado, de domingo pola tarde a sábado pola mañá, celebraranse entre o 2 de outubro e o 3 de decembro. Galicia contará con 12 grupos, para un total de 300 alumnos-as.

Paramáis información pincha AQUÍ, ou fala co teu profesor/a de inglés.

IV CONCURSO FOTOGRÁFICO A21

IV CONCURSO FOTOGRÁFICO A21

Axenda 21 do IES "A Sangriña" convoca por cuarto ano consecutivo o concurso de fotografía que nesta ocasión ten por tema: A COSTA DE A GUARDA, coas seguintes BASES:

PARTICIPANTES: profesorado, alumnado, pais e nais, persoal non docente e persoas alleas ó Centro que queiran participar.

OBXECTIVOS: Fomentar o respecto polo entorno e a conservación do medio natural. Denunciar as situacións de dano no medio natural e colaborar no cambio de mentalidade da sociedade e na súa actuación na natureza.

TEMÁTICA: A costa d´A Guarda

PRESENTACIÓN: Os traballos serán orixinais, en formato 20x25. Tamén seentregará un CD cos traballos en formato dixital a efectos de facer un álbum fotográfico.

Cada fotografía irá acompañanda dun título e dun pequeno texto onde o autor explique a idea que plasma na fotografía. Entregarase nun sobre, e acomañandoa doutro pechado que conteña o nome, apelidos e teléfono de contacto do autor.

Á entrega, que se fará na secretaría do centro, numerarase a

fotografía e o sobre pechado,para manter a identificada a foto e o anonimato do autor.

O número máximo de fotografías por persoa será de 3.

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS: Dende o 16 de maio ao 3 de xuño permanecerán expostas no vestíbulo do centro. A Resolución dos premios fárase por votación de tódolos membros da comunidade educativa nunha urna, en horarios que se farán públicos,e que terán lugar o día 1 de xuño de 2011 (cada persoa votará por dúas fotografías).

Entre os votantes sortearase un pendrive.

: Existe unha única categoría. Entregaránse 3 premios:

1º clasificado: Diploma e cámara dixital.

2º clasificado: Diploma e marco dixital.

3º clasificado: Diploma e mp4

A participación no presente concurso leva consigo a aceptación destas bases. As fotografías pasarán a ser propiedade da A21 do IES A Sangriña d´AGuarda, podendo ser utilizadas en calquera campaña da A21 tanto a nivel escolar coma supraescolar

O PRÓXIMO CURSO O PROXECTO ABALAR CHEGA A 2º DA ESO

O PRÓXIMO CURSO O PROXECTO ABALAR CHEGA A 2º DA ESO

Portátil do alumnado do Proxecto Abalar / Imaxe: codigocero.com

Máis de 31.500 alumnos galegos beneficiaranse o vindeiro curso 2011-2012 dun renovado Proxecto Abalar, que duplicará as aulas, ao entrar por primeira vez en centros novos e estender a súa área de actuación a 6º de primaria e 2º da ESO, manténdoa en 5º e 1º.

Deste xeito, as alumnas e alumnos dos centros Abalar aproveitaranse da estratexia de integracións das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no sistema educativo de Galicia. En datas próximas a Consellería sacará a concurso público a subministración do equipamento informático necesario, especificando as características técnicas requiridas para os novos ultraportatiles que se sumarán aos existentes, ata completar a cifra de 31.500.

FONTE: Conselleria de Educación e O. U.

MAÑÁ, MÉRCORES 16, HAI CLASES

MAÑÁ, MÉRCORES 16, HAI CLASES

Ante a confusión que poidan crear novas referente a suspensión de clases para mañá,  fago público o comunicado da Consellería de Educación, onde  queda claro que mañá SI HAI CLASES:

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de comunicar aos centros educativos a decisión de suspender no día de mañá, 16 de febreiro, as actividades extraescolares e ao aire libre nos centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra, e na Mariña lucense, por mor da alerta laranxa que entra esta medianoite. Deste xeito a Consellería transmite aos centros a recomendación da Comisión de Alertas Meteorolóxicas, que celebrou hoxe a súa primeira reunión.

Ao abeiro da aprobación do protocolo sobre adversos meteorolóxicos o pasado xoves no Consello da Xunta, hoxe quedou constituída a Comisión de Alertas Meteorolóxicas, encargada de realizar propostas decisións relativas á suspensión de actividade docente nos centros ou, de se lo caso, do transporte escolar.

A Comisión está formada polo director xeral de Emerxencias e Interior, polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias, o secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, e o director xeral de Centros.

A Comisión de Alertas constitúese como órgano de apoio e asesoramento á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a adopción, por parte desta, das medidas que procedan ante situacións de risco por fenómenos meteorolóxicos adversos.

FONTE: Consellería de Educación e O. Universitaria

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA: COLONIAS DE VACACIÓNS 2011

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA: COLONIAS DE VACACIÓNS 2011

 

A Secretaria de Estado de Educación e FP do Ministerio de Educación, convoca axudas para o Programa de Inmersión Lingüística en colonias de vacacións para o verán 2011.

Se convocan 2.200 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, durante o mes de agosto de 2011. Os requisitos: Cursar 5º ou 6º curso de Ensinanza Primaria ou 1º curso de Ensinanza Secundaria Obrigatoria, non podendo superar os 13 anos a data 31 de decembro de 2011.

As actividades terán lugar en 11 colonias, en instalacións situadas en distintos puntos da xeografía española. Desenvolveranse en réxime de internado e impartiranse clases de lingua inglesa; estas complementaranse con actividades lúdicas, deportivas, etc., que se utilizarán como situacións de aprendizaxe dos aspectos orais da lingua inglesa.

O prazo de solicitude remata o 7 de marzo.

Para coñecer polo miúdo os detalles desta convocatoria, pinccha  AQUÍ.

TEXTO DO BORRADOR

TEXTO DO BORRADOR

Aquí tedes o texto do BORRADOR DE ANTEPROXECTO DE LEI DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA para que podades lelo e ter unha opinión.

Para velo pincha AQUÍ.

SEGUNDA AVALIACIÓN

SEGUNDA AVALIACIÓN

Iniciada esta segunda avaliación, cómpre matizar a duracion da mesma. Se tradicionalmente abrangue  dende o remate das vacacións de Nadal ata ás de Semana Santa, este ano non é así no noso Centro: a 2ª avaliación rematará o día 25 de marzo, venres (día da entrega de notas).

Durante esta avaliación só teremos vacacións os días 7, 8 e 9 de marzo (luns, martes e mércores de Entroido).

As vacacións de Semana Santa serán polo tanto na 3ª avaliación, do 18 ao 25 de abril, ámbolos dous inclusive.