ACTIVIDADE AMBIENTAL NO IES
A entrega de notas para o alumnado de ESO e 1º de Bacharelato será o martes 7 de setembro ás 13 horas. A partir deste día e ata o 10 de setembro será o pazo de matrícula para o alumnado que non o fixo en xuno/xullo.
O 17 de stembro, venres, será a presentación do alumnado, coa da Dirección do Centro, de 1º ESO (ás 12 horas) e 2º ESO (ás 13 horas).
O 20 de stembro, luns, será a presentación do alumnado, coa Dirección do Centro, de 3º ESO (ás 12 horas), 3º ESO (ás 12,30 horas), 1º Bacharelato diúrno (ás 13 horas) e 2º Bacharelato diúrno (ás 13,30 horas).
Este mesmo día, e en horario a comunicar, entregaranse os libros de texto, en sistema de préstamo, ao alumnado de 1º e 2º ESO na Biblioteca do Centro.
O 21 de setembro,á 1ª hora (8:20) os titores e titoras entregarán os horarios aos grupos. A partir da 2ª hora(9:10) clases en horario normal.
Este mesmo día, a partir da 2ª hora, entregaranse os libros de texto, en sistema de préstamo, ao alumnado de 3º e 4º ESO, na Biblioteca do Centro.
Tamén serán as presentacións dos Ciclos Formativos ás 12 horas, PCPI ás 17 horas, 1º e 2º ESA ás 18 horas, 3º e 4º ESA e 2º PCPI ás 19 horas e 1º e 2º Bacharelato nocturno ás 20 horas.
O 22 de setembro, mércores, comenzo das clases dos Ciclos Formativos e Adultos/nocturno.
O 23 de setembro, xoves, é festa local (Sta. Tegra).
No vindeiro curso 2010-2011, que está a piques de comenzar, continuará o sistema de préstamo de libros de texto, como en pasados cursos, en secundaria, pero pola aplicación do decreto do plurilingüismo, hai unha serie de textos que hai que cambiar como son os das materias de matemáticas, tecnoloxía e física e química que se impartiran en castelán e que o IES non pode prestar, xa que non están nese idioma.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocará nos vindeiros días a orde de axudas para a adquisición de libros que cambian de idioma, e que só afecta a matemáticas, tecnoloxías e física e química, para os estudantes de 3º e 4º de primaria, así como os catro cursos de secundaria, e poderán solicitarse a partir do 1 de setembro.
As familias poderán presentar as solicitudes para optar ás axudas no mes de setembro nos centros docentes sostidos con fondos públicos nos que estean matriculados os seus fillos e fillas, presentando unha solicitude diferente por cada un dos nenos.
Os centros tramitarán as solicitudes no momento da matrícula ou posteriormente. Os formularios tamén poderán obterse a través do apartado de gratuidade solidaria de libros de texto- plurilingüísmo no enderezo web http://www.edu.xunta.es.
O sistema informático recuperará de forma automática os datos asociados ao NIF do solicitante, e que constan na base de datos informática da Consellería de Educación. Co fin de axilizar o proceso, e unha vez estea introducida a solicitude, este ano o sistema permite a xeración dun vale por cada alumno ou alumna beneficiario.
O centro educativo entregará os vales ás familias, que poderán con el adquirir os libros e material escolar no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento. Unha vez entregados os materiais, os establecementos presentarán as facturas na Xefatura Territorial da Consellería de Educación en cada provincia, para que lles sexa ingresados os importes correspondentes aos vales tramitados.
O obxectivo deste sistema é que as familias non teñan que desembolsar contía algunha polo importe das axudas, facendo máis fácil ademais os pagamentos, ao se reducir considerablemente o número de transferencias bancarias que ten que facer a Consellería. Por outra banda, a xeración automática dos datos da familia polo sistema informática simplifica considerablemente o labor dos centros educativos, elemento fundamental no proceso de tramitación das bolsas.
Constelacións / Imaxe:estrelloria.iespana.es
O próximo venres, 27 de agosto os veciños e visitantes do concello de A Guarda terán a oportunidade de vivir unha nova actividade medioambiental, desta vez no Puntal da Praia do Muíño. Trátase dunha observación a simple vista do ceo nocturno, no que participará unha astrónomo experto, que explicará as principais constelacións que se poden ver nunha noite de verán. Acompañado dun láser verde, e coa axuda da imaxinación, tentará debuxarnos no ceo as principais figuras mitolóxicas que eran capaces de distinguir os pobos da Antigüidade, especialmente gregos e chineses.
Para esta actividade, que dará comezo ás 22.30 horas, é preciso inscrición previa chamando ao teléfono 986.614.546 ou a través dun email: turismo@aguarda.es
Participa!
Dende hoxe esta blog cambia pequenos aspectos na súa presentación: unha cor distinta, reloxo con día da semana, mes e ano, aspectos atmosférico de A Guarda (aínda que para máis precisión tedes os enlaces: O tempo en Galicia e O tempo no mundo) e as noticias da portada dun xornal galego La Voz de Galicia.
Cada día un chisco máis!
Para o próximo curso escolar 2010/2011, na materia de Ciencias da Natureza, non haberá variación nos libros de texto, tanto en 1º como en 2º da ESO. A saber:
1º ESO:
Ciencias da Natureza 1 Educación Secundaria. S. Balibrea, M. Reyea, A. Álvarez, A. Sáez, J.M. Vílchez. ANAYA. ISBN: 978-84-667-5975-5
2º ESO:
Ciencias da Natureza 2 Educación Secundaria. S. Balibrea, M. Reyea, A. Álvarez, A. Sáez, J.M. Vílchez. ANAYA. ISBN: 978-84-667-7041-5
Indicar que como anos anteriores, a Biblioteca do Centro entregará a cada alumno-a os libros citados en sistema de préstamo.
Para o alumnado de 1º ESO indicar que para o próximo ano, previsiblemente e do que falaremos máis amplamente en próximos días, estaremos no proxecto ABALAR (proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria) polo que o libro non será a única ferramenta de traballo no curso.
Hoxe luns, 12 de xullo, e o día de matrícula en Educación Secundaria para Persoas Adultas (ESA) no IES A Sangriña
As persoas interesadas en obter o título de Graduado en Educación Secundaria teñen a posibilidade de cursar estes estudos no Instituto da Guarda. O horario durante o curso é de sete da tarde a dez da noite de luns a venres.
Estes estudos ofrecen a posibilidade de compatibilizar a asistencia ás clases co horario de traballo. Están dirixidos a persoas maiores de dezaoito anos ou de dezaseis con contrato de traballo vixente no momento da matrícula.
Para o vindeiro curso o IES A Sangriña contará cun grupo co nivel de 1º e 2º de Educación Secundaria, e outro grupo co nivel de 3º e 4º de Educación Secundaria, podendo rematar estes estudos en 2 cursos académicos.
Para máis información pódese chamar ao teléfono do instituto 986 60 90 15, de dez da mañá a dúas da tarde.
E unha posibilidade moi interesante. Anímate!
Viiñeta, de O Carrabouxo no xornal "La Región", publicada neste blog o 16/01/2010
Alá polo 25 de maio do presente ano, publicárase no DOGA o Decreto para o Plurilingüismo no ensino non universitario. Nel establecíanse un cupo de materias a impartir en galego e castelán na ESO: "Impartiranse en galego as materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Ciencias da Natureza e Bioloxía e Xeoloxía, e en castelán as materias de Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química"
Cada centro educativo, decidíu a lingua en que se impartirán o resto de materias de cada curso, garantindo que as materias en galego e en castelán se distribúan na mesma porcentaxe de horas semanais. O noso centro así o fixo no Consello Escolar a principios do mes en curso e o resultado para 1º e 2º ESO é o seguinte:
1º ESO:
L. Galega:Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, L. e Literatura Galega (obritarioas), E. Física, Proxecto Interdisciplinar.
L. Castelá:Matemáticas, L. e Literatura Castelá, Educación Plástica e Visual, Relixión/Aternativa, Titoría.
Evidentemente as Linguas Estranxeiras (Inglés, Francés e Portugués) serán neses idiomas.
Haberá 1 grupo bilingüe no que se impartirán Matemáticas e E. Plástica e Visual en Inglés.
2º ESO:
L. Galega:Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, L. e Literatura Galega (obritarioas), Música, Educación para a Cidadaná e Titoría.
L. Castelá:Matemáticas, L. e Literatura Castelá, E. Física, Tecnoloxía, Relixión/Aternativa.
Evidentemente as Linguas Estranxeiras (Inglés, Francés e Portugués) serán neses idiomas.
Haberá 1 grupo bilingüe no que se impartirán Matemáticas e Música en Inglés.