Blogia
vgomez

COMUNICADOS

CALENDARIO ESCOLAR PRÓXIMO CURSO

CALENDARIO ESCOLAR PRÓXIMO CURSO

O DOGA do pasado 15 de xuño publica a Orde do 3 de xuño de 2010 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2010-2011, nos centros sostidos con fondos públicos.

A grandes rasgos este é o seu contido:

O curso para Infantil, E. Especial e Primaria as clases comenzarán o 10 de setembro de 2010 e rematarán o 22 de xuño de 2011. Para ESO, Bacharelato, F. Profesional e Ensinanzas de réxime especial, as clases comenzarán o 17 de setembro de 2010 e rematarán o 23 de xuño de 2011 (salvo alumnado de 2º Bacharelato que rematará antes para asistir ás probas da Selectividade).

As vacacións de Nadal serán do 23 de decembro de 2010 ata o 7 de xaneiro de 2011, ambos os dous inclusive. As de Entroido serán os días 7, 8 e 9 de marzo de 2011. As de Semana Santa serán dende o 18 de abril ata o 25 de abril de 2011, ombos os dous inclusive.

Os días non lectivos serán o 7 de decembro de 2010 (Día do Ensino), o 23 de setembro de 2010 (Día de Santa Tegra) e outro día a propoñer polo Centro.

Se queres coñecer polo míudo o contido desta orde pincha en CALENDARIO ESCOLAR 2010/2011.

EXAMES DE SETEMBRO 2010

EXAMES DE SETEMBRO 2010

As datas dos exames da convocatoria extraordinaria de setembro 2010 para as materias de Ciencias da Natureza e Bioloxía-Xeoloxía son:

1 de setembro ás 9:00- Alumn@s con CCNN pendentes de 1º ESO (Aula 16), con CCNN pendentes de 2º ESO (Aula 4) e  pendentes con Bioloxía-Xeoloxía de 3º ESO (Aula 5).

2 de setembro ás 9:00- Alum@s suspensos en CCNN en xuño de 1º ESO (Salón de Actos), con CCNN suspensas en xuño de 2º ESO (Aula 3), con Bioloxía-Xeoloxía suspensas en xuño de 3º ESO (Aula 5) e con Ámbito CT (Aula11).

Para o resto das materias deberedes de consultar os taboleiros de anuncios ou cristaleiras no IES, que en resumo serán do seguinte xeito:

1 de setembro (entre as 9 e as 22 horas): Exames de pendentes de cursos anteriores e exames de 2º bacharelato e ESA.

2 de setembro (entre as 9 e as 22 horas): Exames de materias suspensas en xuño de 1º, 2º, 3º e 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato e ESA.

3 de setembro (entre as 9 e as 20:30 horas): Exames de materias suspensas en xuño de 1º, 2º, 3º e 4º ESO, e 1º de Bacharelato.

ENTREGA DE NOTAS E PRAZOS DE MATRÍCULA

ENTREGA DE NOTAS E PRAZOS DE MATRÍCULA

ENTREGA DE NOTAS

O próximo venres, 25 de xuño ás 11 horas, entregaranse as notas da convocatoria e xuño do curso 2009-20010.

Sería bo que recollerades os impresos de matrícula en Conserxería os alumn@s que aprobastes en xuño.

 

PRAZOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 20010/2011

con todo aprobado en xuño

1º ESO : 28 e 29 de xuño. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI (en caso de non telo fotocopia libro de familia), impreso de transporte subvencionado con 2 fotos (co nome e apelidos no reverso).

2º ESO: 30 xuño e 1 de xullo. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI (en caso de non telo fotocopia libro de familia), impreso de transporte subvencionado con 2 fotos (co nome e apelidos no reverso).

3º ESO: 2 e 5 de xullo. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI, impreso de transporte subvencionado con 2 fotos (co nome e apelidos no reverso), recibo do abono do seguro escolar (1,12 €) en Caixanova na conta do Centro (facendo constar nome do alumno e curso en que se matricula), impreso  (TA-1) de solicitude de asignación do nº de afiliación á Seguridade Social (NUSS). 

4º ESO: 6 e 7 e xullo. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI, impreso de transporte subvencionado con 2 fotos (co nome e apelidos no reverso), recibo do abono do seguro escolar (1,12 €) en Caixanova na conta do Centro (facendo constar nome do alumno e curso en que se matricula).

1º Bacharelato (diurno e nocturno): 8 de xullo. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI, recibo do abono do seguro escolar (1,12 €) en Caixanova na conta do Centro (facendo constar nome do alumno e curso en que se matricula).

2º Bacharelato (diurno e nocturno): 9 de xullo. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI (en caso de non telo fotocopia libro de familia), recibo do abono do seguro escolar (1,12 €) en Caixanova na conta do Centro (facendo constar nome do alumno e curso en que se matricula).

2º Curso de Ciclos Formativos : 9 de xullo. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI, recibo do abono do seguro escolar (1,12 €) en Caixanova na conta do Centro (facendo constar nome do alumno e curso en que se matricula).

ESA (Graduado ESO Adultos): 12 de xullo. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI, recibo do abono do seguro escolar (1,12 €) en Caixanova na conta do Centro (facendo constar nome do alumno e curso en que se matricula),.

Sempre en horario de 9 a 13 horas.

Para máis información Secretaria do Centro ou non 986609015.

COMENZO DO VERÁN

COMENZO DO VERÁN

Hoxe luns, 21 de xuño, ás 13:28 hora galega, comenza o verán no hemisferio Norte. Durará 93 días e 15 horas. O outono iniciarase o día 23 de setembro ás 05:09.

Refrente ao tempo a última actualización do modelo a longo prazo do Centro Europeo de Pronóstico ECMWF, indica que , para os meses de xullo, agosto e setembro, prevese un ascenso nos valores térmicos medios.

Bo verán para tod@s!

FOTO GAÑADORA III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21EG

FOTO GAÑADORA III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21EG

Foto gañadora (Álvaro Portela Pereira)

Onte, 7 de xuño, á 12 horas, celebrouse o acto de entrega dos premios de fotografía do III Concurso de Fotografía A21EG. Os gañadores foron:

1º Premio: Álvaro Portela Pereira (Alumno de 2º de Bacharelato)

2º Premio: Esther Silva Rodríguez (Alumna de 2º de Bacharelato)

3º Premio: Ricardo Silva Rodríguez (Pai dunha alumna)

Felicidades a todos!

RECTA FINAL

RECTA FINAL

Iniciado o mes de xuño, ao curso pouco lle queda: o día 23, mércores, rematan as clases. Ese mesmo día comenzas as avaliacións (3ª e Ordinaria de Xuño). No que afecta a 1º e 2º serán 1ºA/B/C e D o xoves 24 pola máña, o mesmo que 2ºA. O resto dos 2º /B/C) serán pola tarde.

A entrega de notas será o venres 25 ás 11 horas.

Poñede os medios, neste días que quedan con tantos exames, para que os resultados sexan os mellores.

Sorte a to@s!

EXPOSICIÓN: BALEA COMÚN

EXPOSICIÓN: BALEA COMÚN

Dende hai uns días, e con motivo do Ano Internacional da Biodiversidade, no pasillo do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e do Departamento de Física e Química, temos exposta unha costela e unha vértebra dun rorcual común ou balea commún (Balaenoptera physalu).


Este mamífero ten a seguinte clasificación:
Reino: Animal
Filo: Cordado
Clase: Mamífero
Orde: Cetáceo
Familia: Balaenopteridae

A balea común é o segundo animal máis grande do planeta. É unha especie oceánica, distribuída en todos os océanos do mundo. Presenta unha lonxitude de 19m nas femias e 18 nos machos. A talla máxima é de 24m. O peso pode chegar ata 70 toneladas. Ten cor dorsal gris e ventral branca. A aleta dorsal está situada no tercio posterior do corpo. Presenta de 70 a 100 sucos ventrais. O aventador sitúase no centro da cabeza e consta de dúas aberturas. Aliméntase de pequenos crustáceos (krill) e peixes. A xestación dura de 11 a 12 meses e a cría mide 6m ao nacer. É unha nadadora velóz, capaz de superar a velocidade de 30km/h. Estímase que poden vivir ata 50 anos.

Esta é parte da información que alí se ofrece. Non dudes en pasar a vela!

 

 

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 

A AXENDA 21 EG do IES  "A Sangriña", por terceiro ano consecutivo, convoca un concurso de fotografía, coas seguintes BASES:


Participantes: Poderán participar tódolos membros da comunidade educativa (alumnos, pais, profesores e persoal non docente).

Datas de presentación: Entre o 22 de abril e o 24 de maio de 2010.

Temática: O Monte Santa Tegra e a súa contorna.

Presentación: Os traballos serán orixinais, presentándose en formato 20 X 25. Sería aconsellable que tamén se presente en formato dixital a efectos de facer  un álbum fotográfico nese formato. En caso de non ser presentado deste segundo xeito serán escaneadas as fotos, perdendo polo tanto cualidade á hora de facer o citado álbum.

Cada fotografía ira acompañada dun  título e un pequeño texto ou  pequeño relato, onde o autor explique a idea que plasma a fotografía.

Entregarase nun sobre   e compañánda doutro cerrado que conteña o nome  e apelidos e teléfono de contacto. Á entrega, que se fará na

secretaría do centro, numerarase a fotografía e o sobre cerrado, para manter identificada a foto e manter anónimo a identidade do autor.

O nº máximo de fotografías por persoa será de 3.

Exposición e resultados: Desde o 27 de maio  ao 4 de xuño haberá unha exposición pública dos traballos. Tódolos membros da comunidade educativa do centro serán xuíces de tal evento, podendo depositar a súa votación  en urna (1 por persoa na que aparezan 2  números distintos correspondentes a 2 fotografías) o  día 4 de xuño, en horarios que se farán públicos o día anterior. Entre os votantes farase o sorteo dun agasallo:  pen drive.

Categorías e premios : Existirá unha única categoría. Entregaranse 3 premios:

1º clasificado – Diploma e unha cámara dixital.

2º clasificado – Diploma e un marco dixital

3º clasificado- Diploma e MP3.

A entrega de premios será o último día 7 de xuño (data na que no Centro celebramos o Día Mundial do Med Ambiente).

Bases: A participación no presente concurso leva consigo a plena aceptación destas bases.

As fotografías pasaran a ser propiedade da Axenda 21 Escolar de Galicia/IES A Guarda, podendo ser utilizadas en calquera campaña que a Axenda 21 faga a nivel escolar ou supraescolar.


DENDE AQUÍ, ANÍMOVOS A PARTICIPAR.