Blogia
vgomez

COMUNICADOS

ATA SEMPRE MAGDALENA

ATA SEMPRE MAGDALENA

Unha triste noticia para a comunidade educativa de A Guarda: o pasamento de Magdalena Garabatos Cuadrado. Foi compañeira miña no IES da Sangriña e profesora de lingua catelá de moitos de vós.

Ata sempre Magdalena!

XIV ANIVERSARIO

14 aniversario / Imaxe: freepik.es

Cumpre este blog 14 anos de vida. Comenzou alá polo 5 de agosto de 2007 e dende aquela pasaron moitas cousas: traballaba, xubileime, a pandemia coa que seguimos, a morte do meu pai... En datos, iste é o resumo:

Visitas ata hoxe: 344.388

Visitas no último ano: 10.166                    

Promedio mensual: 847 visistas/mes

Nº artigos publicados no último ano: 1.216

Promedio mensual: 101 artigos/mes

Visitas ata agosto de 2020: 334.222

Visitas ata agosto de 2019: 324.516

Visitas ata agosto de 2018: 305.593

Visitas ata agosto de 2017: 265.645

Visitas ata agosto de 2016: 216.744

Visitas ata agosto de 2015: 165.935

Visitas ata agosto de 2014: 137.408

Visitas ata agosto de 2013: 117.568

Visitas ata agosto de 2012: 89.980

Visitas ata agosto de 2011: 56.615

Visitas ata agosto de 2010: 20.746

Visitas ata agosto de 2009: 13.780  

Visitas ata agosto de 2008:   5.588  

A todos e todas moitas grazas, pois sen vós esto non tería ningún sentido. Seguirei traballando sempre que estedes detrás.

COMEZA O VERÁN 2021

Verán, verán... / Imaxe: okdiario.com

Hoxe, luns, 21 de xuño, comeza o verán 2021. Concretamente comezou ás 5 horas e 32 minutos.

Durará 93 días e 15 horas, ata o mércores, 22 de setembro, no que comezará o outono, exactamente ás 21 horas e 21 minutos.

A data de comezo do verán é variable e depende do solsticio de verán, neste caso o 21. É xusto o día máis longo do ano e tamén a noite máis curta. A partir deste intre os días comezan a acurtarse aos poucos.

Tempo de descanso e vacacións, esperando que a COVID vaia a menos e desapareza definitivamente.

Bo verán!

CALENDARIO ESCOLAR PARA O PRÓXIMO CURSO 2021/2022

Segundo recolle a orde publicada no Diario Oficial de Galicia de hoxe, venres, o calendario escolar para o curso 2021/2022, en educación infantil, primaria e especial as actividades lectivas realizaranse do día 9 de setembro ao 22 de xuño, ambos os incluídos. En secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e formación profesionais as clases comezarán o 15 de setembro e acabarán o 22 de xuño, igual que nos outros niveis. En todo caso, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva das aulas acabará de acordo coas datas previstas para a selectividade. 

En canto aos ensinos de réxime especial, as súas actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro e 30 de xuño de 2022, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.

As vacacións quedan deste xeito:

- Nadal: Empezarán o 22 de decembro (en lugar do 23) e estenderanse ata o 7 de xaneiro, os dous incluídos.
- Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo.
- Semana Santa: desde o día 11 ata o 18 de abril de 2022, ambos os incluídos.

Tampouco serán días lectivos as declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade autónoma, así como o Día da Educación, que se celebrará o 11 de outubro de 2021. Outra novidade é que por primeira vez instaurarase a celebración do Día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro de 2022, cando se conmemora o seu nacemento.

A normativa de calendario escolar para o próximo curso establece por primeira vez o adianto a xuño das probas finais da convocatoria extraordinaria que ata o de agora se realizaban tradicionalmente en setembro, "cun axuste nas datas definitivas tal e como solicitaban as asociacións de nais e de pais", asegurou a Consellería de Educación nun comunicado.

Así pois, as probas finais da convocatoria extraordinaria para a ESO, 1º de Bacharelato (en 2º xa se fai en xuño) e o primeiro curso de Formación Profesional Básica realizaranse entre o 20 e o 22 de xuño de 2022. Aténdese así, afirma Educación, unha demanda da comunidade educativa avalada pola Xunta Autonómica de Directores e pola Mesa Sectorial Docente.

Ademais, o período comprendido entre o 6 e o 22 de xuño de 2022 dedicarase á preparación e realización das probas extraordinarias, así como a actividades de apoio, reforzo recuperación, ampliación e  tutorización para estes alumnos.

Se queres consultar a citada orde, publicada no DOGA preme  AQUÍ.

FONTE: farodevigo.es/faroeduca e DOGA

CAMBIO DE HORA: HORARIO DE VERÁN

Esta noite do sábado 27 ao domingo 28, os reloxos deberán adiantarse unha hora para entrar no horario de verán. Como manda a tradición, esa noite durmiremos unha hora menos.

Cando as agullas do reloxo marquen as dúas da madrugada, teranse que avanzar ata as tres. A modificación horaria de primavera aplícase en todos os países da Unión Europea (UE), coa intención de axustar a xornada laboral ás horas de luz natural. A partir do domingo amencerá e anoitecerá máis tarde, ata outono.

CHEGA A PRIMAVERA

Chega a primavera / Imaxe: blogo.it

Hoxe, 20 de marzo, comeza a primavera. Será ás 10 horas 37 minutos hora oficial peninsular.

Durará 92 días e 18 horas e terminará o 21 de xuño, data de comezo do verán.

A nivel astronómico, a chegada da primavera relaciónase co  equinoccio, que no caso do hemisferio norte, sitúase entre o 20 e 21 de marzo.

O equinoccio de primavera é particularmente especial xa que nesta estación, a Terra atópase no centro da órbita do Sol e leste cruza o ecuador celeste cara ao norte, co que o planeta toma unha posición tal que ten a mesma distancia con respecto ao Sol en ambos os hemisferios.

De acordo á posición e á inclinación da Terra, os raios do Sol teñen a mesma distancia polo que no equinoccio a duración do día é a mesma que a da noite e entón hai máis luz solar que durante o inverno, propiciando tamén a posibilidade de realizar máis actividades ao aire libre.

CHEGOU O INVERNO

Plantas con xeada / eltiempo.com

Hoxe, 21 de decembro, ás 11:02 horas, comeza o inverno, prolongándose ata o 20 de marzo de 2021, no que comezará a primavera.

Pero este día non destaca só por ser o inicio dunha nova estación, senón que tamén proclámase como o día máis curto do ano en España e pola contra a noite máis longa.

Que non veña moi frío!

CAMBIO DE HORA: HORARIO DE INVERNO 2020

Esta noite atrasaremos unha hora os reloxos / Imaxe: elcomercio.com

Esta noite, producirase en España o cambio ao horario de inverno. Ás 03:00 da madrugada (na Península) os reloxos atrasaranse unha hora e serán de novo as 02:00.

Como ocorre cada ano, o cambio de hora produce controversia entre partidarios e detractores. En todo caso, e ao contrario do que parecía, parece que o de 2020 non será o último.

O cambio de hora realízase en España desde a década dos 70. O seu propósito é adecuar as horas de sol cos horarios dos traballadores e así favorecer o aforro de enerxía. Na práctica, supón que amenza e anoiteza antes, algo que se nota especialmente nos meses de decembro e xaneiro, cando os días son máis curtos.

Paciencia!