Blogia
vgomez

COMUNICADOS

CAMBIO DE HORA: HORARIO DE VERÁN

Na madrugada de hoxe, sabado 26 de marzo, ao domingo, 27 de marzo, producirase o cambio de hora para entrar no horario de verán.

Ás 2:00 adiantaremos os reloxos ata as 3:00, polo que teremos unha hora menos para durmir.

A modificación horaria de primavera aplícase en todos os países da Unión Europea (UE), coa intención de axustar a xornada laboral ás horas de luz natural. A partir de hoxe, amencerá e anoitecerá máis tarde, ata outono. 

COMEZA A PRIMAVERA

Hoxe, domingo, 20 de marzo, ás 16:33 horas, comeza a primavera. Durará 92 días, ata o 21 de xuño, as 11:14 horas, momento que entrará o verán.

O equinoccio, que ten lugar dúas veces ao ano (marzo e setembro) marca o inicio da nova estación. Cando sucede o equinoccio o día e a noite teñen a mesma duración. É dicir, ás 16:33 horas do 20 de hoxe, os dous polos da Terra estarán á mesma distancia do Sol. Nese día, só unha metade exacta da Terra estará iluminada e en todos os puntos do noso planeta, salvo nas rexións polares, a noite durará o mesmo que o día: 12 horas.

Esperemos unha boa estación e con máis auga, aínda que esta aburra pronto, que boa falta fai!

#DígochoEu: Apúntate ao premio especial do xurado!

 

Última oportunidade! Ante a gran cantidade de propostas que recibimos, argallamos un novo concurso! #DígochoEu O premio especial do xurado! Lede ben as bases en digochoeu.gal e que a vosa imaxinación non teña límites!

O ANO DE FLORENTINO DELGADO GURRIARÁN

Comezan os actos do Día das Letras Galegas 2022, á figura homenaxeada iste ano: Florencio Manuel Delgado Gurriarán.

Para contextualizar, Florentino Manuel naceu en Córgomo-Villamartín de Valdeorras-Ourense o 27 de agosto de 1903 e morreu en Fair Oaks-Estados Unidos o 14 de maio de 1987.

Realizou estudos universitarios na Universidade de Valladolid, onde se licenciou en Dereito, pasando a exercer como avogado no Barco de Valdeorras. En 1933 ingresou no Partido Galeguista. Tras estalar a Guerra Civil, logrou escapar da represión iniciada na comarca de Valdeorras polos sublevados en xullo de 1936, ata alcanzar Porto, en Portugal, desde onde puido trasladarse a Bordeus (Francia) para chegar á Barcelona republicana en xaneiro de 1938.

Nese mesmo ano accedeu á executiva do Partido Galeguista como Secretario de Propaganda. Tras finalizar a Guerra Civil marchou ao exilio en México, país no que se estableceu definitivamente. Foi un dos fundadores da revista Vieiros.

Volveu temporalmente a Galicia en 1968, 1976 e 1981. Foi membro non numerario da Real Academia Galega.
Na súa obra destacan:

  • Bebedeira, 1934 (poemario).
  • Poesía inglesa e francesa vertida ao galego. 1949 (en colaboración con Plácido R. Castro e Lois Tobío Fernández).
  • Galicia infinda, 1963 (poemario).
  • Cantarenas. Poemas (1934-1980), 1981 (poesía).
  • O Soño do Guieiro. Opúsculos de poesía, 1986 (poemario).

Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño.

Profundizaremos máis sobre a súa figura, alá polo 17 de maio!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxe: academia.gal

FELIZ 2022

 

Remata o ano 2021 e que deus vaia con el, pois non só a pandemia, senón desgrazas familares empañaron iste ano, no meu caso!

Pero a vida segue e pido para todos vós e para min e as nosas familas un 2022 con alegrías e de mellor sorte! E que isto do coronavirus remate e volvamos a una nova normalidade que tanto necesitamos.

Unha aperta para tod@s!

VÍCTOR

BO NADAL

Debería ser Nadal todo o ano, así non teriamos que buscar estes días especiais para dicirnos o que de bo somos, temos e facemos.

En todo caso, cualquera ocasión é boa.

Bo Nadal!

Victor

COMEZA O INVERNO

Hoxe, 21 de decembro, martes, ás 16:48 horas, entre o inverno, segundo o Instituto Xeográfico Nacional, alargándose ata o 20 de marzo de 2022.

Hoxe é o día do solsticio de inverno, o momento do ano no que a posición da Terra fronte ao Sol fai que o noso hemisferio estea máis afastado do Sol que nunca, si temos en conta o eixo. É o momento no que as horas do día e da noite son máis diferentes, a noite máis largo e o día máis curto. A partir de hoxe, o tempo de iluminación solar comeza a prolongarse cada día un pouco máis, tendencia que se sostén durante o seguintes seis meses  ata que chega a primavera.

Toca frío e mal tempo!

Imaxe: muyinteresante.es

Apúntate aos premios #DígochoEu

 

Esther Estévez ten unha moi boa noticia! Tráenos o primeiro concurso do #DígochoEu!!! E os premios non teñen desperdicio ningún! A que esperas? Anímate e participa! Tes toda a información en digochoeu.gal