Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

CANTO SABES SOBRE A INTERNET VIII

A contestación correcta á pregunta do día anterior é LinkedIn . Esta rede social profesional foi fundada en decembro de 2002 e lanzada ao público en maio de 2003. O seu éxito foi meteórico. Saíu rápido a Bolsa e en outubro de 2008 xa tiña máis de 25 millóns de usuarios rexistrados. Actualmente a cifra supera os 400 millóns de usuarios.

E imos coa pregunta de hoxe:

8. En que ano situamos o nacemento da  Wifi como estándar?

- 1998

- 1999

- 2000

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es

CANTO SABES SOBRE A INTERNET VII

A contestación correcta á pregunta do día anterior é o Cóndor. Iste era o alias de Kevin Mitnick é un dos  hackers estadounidense máis famosos da historia, senón o que máis. Esta “pantasma dos cables” comezou a súa carreira como hacker aos 16 anos, rompendo a seguridade do sistema administrativo do seu colexio. Cunha historia que saltou á gran pantalla, Mitnick foi considerado polo Departamento de Xustiza de Estados Unidos como “o criminal informático máis buscado da historia dos EEUU”.

E imos coa pregunta de hoxe:

7. Das que che presento, que rede social naceu primeiro?

- LinkedIn

- Facebook

- Twitter

- Instagram

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es

CANTO SABES SOBRE A INTERNET VI

A contestación correcta á pregunta do día anterior é un hacker que penetra nos sistemas dunha empresa, localiza e soluciona os problemas de seguridade, cobrando por este servizo. Os hackers de chapeu gris, ou greyhat hackers, caracterízanse polo seu interese lucrativo na procura de problemas de seguridade dunha empresa. Penetran nos seus sistemas, localizan as brechas de seguridade e solicitan unha cantidade de diñeiro por reparar este dano. Esta figura está dacabalo entre os blackhats (pirata informático de chapeu negro que viola a seguridade da computadora por poucas razóns máis aló da malicia ou para beneficio persoal) e os whitehats (pirata informático de chapeu branco ou ético, un experto de seguridade informática, quen se especializa en probas de penetración e noutras metodoloxías para asegurar a seguridade dos sistemas informáticos dunha organización). 

E imos coa pregunta de hoxe:

6. Cal é o alcume do hacker máis famoso da historia?

-  "RTM"

- "Mafiaboy

- "O Cóndor

- "O Mentor"

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es 


CANTO SABES SOBRE A INTERNET V

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Non é o mesmo. A diferenza reside en que os bloggers crean contido escrito e os vloggers ou videobloggers xeran contido en formato vídeo que adoitan subir tanto ás súas propias webs como ás plataformas de vídeo máis populares como Youtube.

E imos coa pregunta de hoxe:

5. A que fai referencia un GreyHat Hacker?

- A un hacker que adoita traballar dentro da área de seguridade informática das empresas para protexer o seu sistema.

- A un hacker que se dedica a romper a seguridade dos sistemas, entrar en zonas restrinxidas e apoderarse da rede, xa sexa para infectar unha rede ou con outro motivo.

- A un hacker que penetra nos sistemas dunha empresa, localiza e soluciona os problemas de seguridade, cobrando por este servizo.

- Ningunha das anteriores.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es

CANTO SABES SOBRE A INTERNET IV

A contestación correcta á pregunta do día anterior é 1997. Nese ano a palabra weblog, actualmente simplemente “blogue”, foi acuñada para definir o sitio no que as persoas escribían unha especie de diario persoal ou bitácora.

E imos coa pregunta de hoxe:

4. Un  blogger é o mesmo que un vlogger?

- Claro que si

- Definitivamente non

- Ebenezer Scrooge teríao claro: Paparruchas!

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es

METOO: UN NOVO CARACOL MARIÑO

Caracol ’Metoo’, que, ao ser conservado en alcol, adquire un tono violeta, símbolo da loita por la igualdade de xénero / Imaxe: EFE/Jesús Ángel Ortea/Leopoldo Moro

Un pequeno caracol mariño de apenas 3 milímetros descuberto na Palma. Unha nova especie para a ciencia do xénero "Gibberula" (encorvado) foi bautizado como ’Metoo’ porque, ao ser conservado en alcol, a súa cor vira ao violeta, símbolo da loita pola igualdade de xénero.

O animal foi achado en decembro de 2018 nas covas submarinas do Inferno, na illa canaria da Palma. Os investigadores colleitaron tres exemplares que foron depositados no Museo da Natureza e Arqueoloxía de Santa Cruz de Tenerife e nos exemplares secos e co animal dentro da cuncha, a superficie é opaca,  estriada e cunha tonalidade rosada, que é máis acentuada cando o animal está conservado en alcol porque o manto adquire unha  coloración púrpura.

Nos animais vivos, a última volta é de cor castaña, case uniforme e pouco transparente, aínda que se poden distinguir tres bandas claras que desaparecen cando secan ou se conservan en alcol.

Ao fixalos en alcol, o corpo dalgúns exemplares vólvese de cor púrpura e por iso os investigadores decidiron bautizar a nova especie coa palabra ’metoo’, o berro de denuncia da impunidade dos actos contra a dignidade das mulleres e pola súa cor violeta púrpura, o da loita pola igualdade.

Os investigadores publicaron o achado na revista científica "Avicennia, revista de Biodiversidade tropical" un artigo titulado "Novos datos sobre Gibberula epigrus nas illas Canarias (Gastropoda:Cysticidae)".

O caracol "Gibberula  metoo" é o último en recibir unha denominación relacionada coa loita pola igualdade nas especies que dedicaron ambos os biólogos mariños a mulleres, entre elas ás 21 gañadoras do premio Príncipe de Asturias e que foron recadadas na caribeña illa de Guadalupe, e as dedicadas en 2017 ás Raíñas dos Entroidos de Gran Canaria e Tenerife.

FONTE: farodevigo.es

CANTO SABES SOBRE A INTERNET III

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Tim Berners-Le. Cabaleiro Comandante da Orden Imperial Británica dende 1997, este científico inglés estableceu a primeira comunicación entre un cliente e un servidor usando o protocolo HTTP. Corría o ano 1989. En 1994 fundou o Consorcio da World WideWeb (W3C) para supervisar e homoxeneizar o desenvolvemento das tecnoloxías nas que se basea a Web.

E imos coa pregunta de hoxe:

3. En que ano xurdiu a palabra weblog?

- 1997

- 2000

- 2009

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es

CANTO SABES SOBRE A INTERNET II

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Vinton Cerf. Este científico estadounidense está considerado un dos ’pais’ da internet xunto a Bob Kahn. Mestre e doutor en ciencias pola UCLA, foi co-deseñador do protocolo TCP/IP. Recibiu innumerables premios e condecoracións como o Premio Turing (compartido con Robert Kahn) en 2004 ou o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica (compartido con Lawrence Roberts, Robert Kahn e Tim Berners-Le) en 2002.

E imos coa pregunta de hoxe:

2. E o pai da World Wide Web ou Web?

- Richard Stallmann

- Steve Jobs

- Stephen Wozniak

- Tim Berners-Le

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es