Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

TEST: CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL (IV)

TEST: CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL (IV)

Cbalo pacendo / Imaxe:euroresidentes.com

A contestación á terceira pregunta do test é:  MÁIS DE 4500.

Xa sabemos o poder destrutivo que teñen os dentes dunha quenlla. No caso do quenlla balea (Rhincodon typus) podemos contar máis de 4.500 dentes na súa enorme boca; uns dentes implantados directamente nas encías, tremendamente finos e cortantes. É o peixe existente máis grande do mundo pero, a pesar do seu tamaño e a súa enorme boca, non hai nada que temer pois esta especie aliméntase fundamentalmente de plancto.

Imos coa pregunta de hoxe:

4. É un pouco escatolóxico pero... que animais son incapaces de vomitar?

- As ras, os cabalos e as ratas.

- Os cabalos, os elefantes e os suricatos.

- Os osos formigueiros, as Xirafas e os cabalos

A solución o próximo día e una nova pregunta.

FONTE: Sarah Romero/ Revista Muy Interesante/Natureza

TEST: CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL (III)

TEST: CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL (III)

 

A contestación á segunda pregunta do test é:  AVISPA CAZA TARÁNTULAS.

O tremendo insecto da imaxe era a Avispa Caza Tarántulas (Pepsini) que, como o seu nome indica, trátase dunha avispa araña que caza tarántulas como alimentos. A especie máis coñecida mide ata cinco centímetros de lonxitude, o que a converte nunha das avispas de maior tamaño. O aguillón da femia pode medir 7 mm de longo e a súa picadura é unha das máis dolorosas do mundo.

Imos coa pregunta de hoxe:

3. Cantos dentes posúe un quenlla balea de media?

- MáIs de 3.500

- MáIs de 4.500

- MáIs de 5.500

A solución o próximo día e una nova pregunta.

FONTE: Sarah Romero/ Revista Muy Interesante/Natureza

TEST: CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL (II)

TEST: CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL (II)

 

A contestación á primeira pregunta do test é: O PORCO.

O certo é que os porcos non poden mirar cara arriba. A forma do seu pescozo impídelles realizar este movemento, polo que para mirar o ceo o único que poderiamos facer sería... poñelos boca arriba. Certamente a súa morfoloxía prívalles deste pracer.

Imos coa pregunta de hoxe:

2. Como se chama o insecto da foto?

- Avispa Titán

- Avispa Weta

- Avispa Caza Tarántulas

A solución o próximo día e una nova pregunta.

FONTE: Sarah Romero/ Revista Muy Interesante/Natureza

TEST: CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL (I)

TEST: CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL (I)

 

Entre animais anda o xogo. Poñer a proba os teus coñecementos máis insólitos sobre o mundo animal é esta nova serie de artigos que hoxe comezo. Estás preparado? Comezamos!

1. Encántanos mirar ao ceo pero hai un mamífero ao que esta acción élle fisicamente imposible. De que animal se trata?

- Xirafa.

- Porco.

- Rinoceronte.

A solución o próximo día e una nova pregunta.

FONTE: Sarah Romero/ Revista Muy Interesante/Natureza

UN CHALECO QUE NOS PERMITE FALAR CO NOSO CAN

 

Os cans poden, literalmente, cambiar as nosas vidas. Poden salvar vidas. E xa o están facendo. Só lles faltan os medios para comunicarse”. Ese é o obxectivo dos seus experimentos dentro do proxecto FIDO (Facilitating Interactions for Dogs with Occupations), do que é creadora e directora Melody Jackson (Doctora en Ciencias Informáticas pola universidad de Georgia).

Aqueles que comparten a súa vida cun can saben que estes son moi capaces de comunicarse con eles e facerlles entender que é o que queren en cada momento a través de ladridos e a linguaxe corporal. Iste proxecto vai máis aló destas barreiras lingüísticas ao ofrecer aos animais os medios tecnolóxicos necesarios para que as súas mensaxes sexan máis precisos.

O que o equipo de FIDO deseñou son uns chalecos equipados con sensores que poden ser activados mediante a mordedura do can ou tocándoos co fuciño. Estes sensores envían sinais auditivas ou mensaxes de texto a un Smartphone para traducir o que o animal está a indicar. A súa habilidade está ademais documentada no feito de que poden aprender como funciona o chaleco en menos dun minuto. Trátase, asegura Melody Jackson, do primeiro paso para conseguir traducir á nosa linguaxe o que os animais queren dicirnos e conseguir unha comunicación máis eficaz con eles. A fantasía de Stapleton está moi preto e entón, talvez, os cans poidan ensinar aos humanos como entenden eles a lealdade.

FONTE: Xornal El País

ERROS CIENTÍFICOS QUE SE REPITEN UNHA E OUTRA VEZ NO CINEMA (VI)

 

Continúo coa sexta entrega dos erros relacionados coa ciencia que parecen quedarse na pantalla para non irse xamais: O meu coche é un submarino.

Na Espía que me amou, Roger Moore/James Bond lánzase á auga cunha chati a bordo dun Lotus que se afunde como unha pedra para logo transformarse nun submarino. Non contento con iso, lanza un mísil que se carga á malvada Caroline Munro no seu helicóptero. Ao deste desperdicio non alegaremos nada, pero un coche está cheo de aire e cando cae á auga pode tardar ata uns minutos en afundirse. Tería que encher uns tanques con auga para adquirir peso e mergullarse, como os submarinos.

Sorry, James.

FONTE:FONTE: Xornal Público.es/strambotic

ESPECIES ASOMBROSAS DO 2016: LAIA, UN NOVO HOMINOIDEO

 

Sigo co Top 10 das especies máis asombrosas entre as descubertas durante os últimos 12 meses e que o Instituto Internacional para a Exploración de Especies publica cada ano.  Desta vez tócalle a un novo hominoideo que nos achega aos xibóns

O Pliobates cataloniae viviu hai máis de 11,5 millóns de anos no que hoxe é Cataluña. O seu descubrimento expón a posibilidade de que os primeiros humanos poderían estar máis estreitamente relacionados cos xibóns que cos grandes simios. Laia, bautizada así polos científicos en honra á patroa de Barcelona, pesaba entre 4 e 5 quilos e medía uns 45 centímetros. No vídeo superior un dos seus descubridores ofrece máis detalles e imaxes.

FONTE: Revista Consumer

ERROS CIENTÍFICOS QUE SE REPITEN UNHA E OUTRA VEZ NO CINEMA (V)

 

Continúo coa quinta entrega dos erros relacionados coa ciencia que parecen quedarse na pantalla para non irse xamais: As armas non teñen retroceso.

O da acción e reacción? Pois pasa cando disparas ao tolo unha arma, como en boa parte da produción de Hollywood, onde sálranse o famoso "retroceso" á  toureira. É o caso de Predator, no que vemos a un tipo disparar unha metralladora Gatlin á altura da cadeira case sen inmutarse.

FONTE:FONTE: Xornal Público.es/strambotic