O CORAL PLUMOSO
Coral plumoso / Michael Janes (WWF)
Os científicos atoparon fronte ás costas de Tailandia esta nova especie de coral brando con tentáculos como plumas.
FONTE: Xornal El país/Ciencia
Coral plumoso / Michael Janes (WWF)
Os científicos atoparon fronte ás costas de Tailandia esta nova especie de coral brando con tentáculos como plumas.
FONTE: Xornal El país/Ciencia
A Axencia Espacial Europea (ESA) difundíu hai uns días este vídeo que amosa a Peninsula ibérica e a Canarias iluminadas pola noite, con imaxes captadas da Estación Espacial Internacional (ISS). O vídeo componse de fotografías realizadas pola astronauta italiana Samantha Cristoforetti, que actualmente se encontra vivindo a bordo da ISS, unidas nunha soa secuencia mediante a técnica de estafe-lapse.
Espectacular!
Seguindo co “Top 10" de 2015 das especies destacadas das 18.000 que se descubren cada ano e seleccionadas polo Instituto Internacional para a Exploración de Especies, tócalle hoxe a iste animal en forma de cogomelo: Dendrogramma enigmática.
Aparentemente relacionados coas augamares e as corais, son pequenos animais parecidos aos cogomelos, cunha boca no extremo do “talo” e o outro extremo coa forma dun disco aplanado. Encontráronse nos fondos mariños de Point Hicks (Australia) a máis de 1.000 metros de profundidade. Miden de 8 mm de longo e o disco superior apenas supera os 10 mm.
FONTE: Revista Muy Interesante
Seguindo co “Top 10" de 2015 das especies destacadas das 18.000 que se descubren cada ano e seleccionadas polo Instituto Internacional para a Exploración de Especies, tócalle hoxe a esta babosa mariña do arquipélago xaponés sorprende polas súas rechamantes cores azul, vermello e ouro.
Bautizada como Phyllodesmium acanthorhinum, é considerada considera como "o elo perdido" entre as babosas de mar que se alimentan de corais e as que dependen de hidroides, unha etapa da vida de varias especies mariñas.
FONTE: Xornal El País/Ciencia
Cada ano para celebrar o aniversario do nacemento de Carlos Linneo (o botánico sueco do século XVIII considerado pai da taxonomía moderna), o 23 de maio, un comité internacional de investigadores dá a coñecer a selección da lista "Top 10" de novas especies máis destacadas, entre as preto de 18.000 que se descobren cada ano.
Hoxe falaremos da primeira, atopada en Marrocos, a Cebrennus rechenbergi é unha araña moi áxil que foxe dos seus depredadores con acrobacias.
Ao detectar algún sinal de perigo adopta primeiro unha actitude ameazante pero, se esta estratexia non non funciona, sae correndo e dá pinchacarneiros para acelerar a súa fuxida.
Dado que vive no deserto, onde non hai lugar para esconderse, os investigadores consideran que esta estratexia é a última baza do arácnido para librarse dos seus depredadores.
FONTE: Xornal el Mundo/Ciencia
"Opah" / Imaxe: NOAA FISHERIES WEST COAST
A diferenza das aves e os mamíferos, a maioría dos animais está á mesma temperatura que hai no exterior. Adóitase dicir deles que son de sangue frío, porque dan esa sensación ao tacto, pero sería máis correcto dicir que son poiquilotermos (de feito algúns poden estar bastante quentes se lles dá o sol). Caracterízanse en que, en vez de manter unha temperatura interna estable como os humanos, permanecen máis ou menos á mesma que hai no ambiente. Pero como a calor aumenta a velocidade das reaccións bioquímicas que acontecen nos animais, estes ás veces necesitan moverse para refrescarse ou quentarse. Nalgúns casos mesmo deben desenvolver compostos anticonxelantes para non morrer.
E aínda que o 99 % das especies de peixes recorren a esta estratexia, algúns deles (como o atún, a quenlla peregrina e o peixe espada), non son considerados como «animais de pura raza frío». O motivo é que son tan rápidos e musculosos que manteñen quentes algunhas partes do seu corpo, grazas tamén á existencia de radiadores internos que rescatan a calor do seu sangue. Agora, un grupo de investigadores do NOAA (Administración Nacional Oceánica e Atmosférica) descubriu que o peixe lúa real, (tamén coñecido como «xitana», Lampris guttatus ou "opah") é o primeiro peixe de sangue quente ao 100 por cento, ao igual que as aves e os mamíferos. Segundo o achado, publicado o pasado xoves na revista Science, o seu corpo está a uns 5 graos centígrados máis que a auga fría de arredor, aquilo que lle permite nadar máis rápido e ver mellor.
Para descubrir se os "opahs" eran ou non peixes de sangue quente, os investigadores recolleron datos das súas temperaturas nos animais que capturaron na Costa Oeste de Estados Unidos, e tamén seguiron as súas temperaturas cando se somerxían despois.
Pero o descubrimento produciuse cando o coautor do estudo, recolleu unha mostra das branquias dun "opah". Alí encontrou un novo tipo de «radiador» similar os que usan eses peixes que «non son de pura raza frío», como as quenllas, e que lles permiten manter quentes algunhas zonas do seu corpo.
En concreto, observaron que os vasos sanguíneos das branquias estaban deseñados para minimizar a perda de calor, seguindo un sistema de contracorrente, que consiste en poñer en contacto o sangue frío coa quente nalgunhas zonas para evitar que se perda enerxía a través da pel. Isto consegue manter todo o corpo máis quente que a auga do exterior.
Aínda nos quedan moitas cousas por aprender!
FONTE: Xornal abc/ciencia
Cova, situada en Nova Zelandia / Imaxe: Waitomo.com
A Arachnocampa luminosa é unha especie de mosquito única en Nova Zelandia, e tanto a súa larva coma o imago son luminiscentes. Miles destas pequenas criaturas irradian a súa brillante luz dando a esta cova, situada no norte de Nova Zelandia, unha imaxe totalmente onírica.
FONTE: Xornal abc/ciencia
Monte Roraima / LARESERVA
Outro deses lugares que parecen quitados doutro planeta é o Monte Roraima, coñecido tamén como Tepuy Roraima, que é o punto máis alto da cadea de mesetas tepuyes (montañas tabulares) da serra de Pacaraima. Os cumes das mesetas do parque considéranse algunhas das formacións xeolóxicas máis antigas da Terra, que se remontan a uns dous mil millóns de anos, no Precámbrico.
FONTE:Xornal abc/ciencia