Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

A NAVE PROGRESS-59 CAERÁ Á TERRA PROBABLEMENTE HOXE

A NAVE PROGRESS-59 CAERÁ Á TERRA PROBABLEMENTE HOXE

Unha nave de carga da serie Progress atracando na Estación Espacial Internacional / NASA

A nave rusa Progress 59, descontrolada no espazo dende o seu lanzamento falido o pasado 28 de abril, caerá á Terra hoxe, venres, aínda que os expertos definen aínda unha forquita ampla en canto á hora. Segundo o cálculo máis recente da web especialista en seguimento de obxectos espaciais Satflare.com, o artefacto non tripulado caerá ás 8.10 (hora peninsular española), cunha marxe de seis horas máis e seis horas menos. A axencia espacial rusa Roscosmos estimara o mércores pasado unha ventá temporal de 21 horas en torno ás 10.39 (hora peninsular). En calquera caso, sobre o momento da caída e, polo tanto, o lugar exacto, inflúen as condicións atmosféricas e solares.

O cargueiro espacial leva case tres toneladas de subministracións que ían dirixidas á Estación Espacial Internacional (ISS). O fallo na operación de lanzamento, probablemente debido a un problema na separación da terceira etapa do foguete Soyuz que o puxo en órbita, pero aínda sen confirmar polos expertos, impediu o despregamento correcto de varias antenas da nave, o que imposibilitou tanto a aproximación automática á ISS para engancharse alí como a debida comunicación co centro de control en Terra.

Horas despois do contratempo a nave, estaba indebidamente en rotación sobre si mesma (cumprindo un xiro completo cada cinco segundos) e, tras múltiples intentos dos expertos rusos para recobrar o control da nave, deuse por perdida. Os expertos en seguimento de artefactos e fragmentos espaciais identificaron ata 40 anacos de material (da propia nave e da última etapa do foguete) arredor do cargueiro.

Na reentrada na atmosfera terrestre, a Progress-59 queimarase, pero non se descarta que non se destrúan algunhas pezas, como o sistema de enganche á ISS. A franxa terrestre de caída está comprendido entre os 52 graos de latitude Norte e os 52 Sur. De calquera forma, os expertos afirman que o risco que pode supoñer para persoas 1 entre 10.000) é moi baixo xa que o máis probable é que se algún anaco da Progress-59 chega á superficie terrestre sexa sobre o mar ou nalgún territorio deshabitado.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

LUGARES "·EXTRATERRESTRES" NO NOSO PLANETA

LUGARES "·EXTRATERRESTRES" NO NOSO PLANETA

Lago Natron / BOREDPANDA

Existen no noso planeta Terra lugares sorprendentes que parecen quitados doutro planeta ou galaxia, facéndoos fascinantes e incribes.

É o caso do lago Natron, situado no Grande do Rift de Tanzania, preto da fronteira con Kenya, de auga salgada. A característica cor avermellada das súas augas débese ás algas que habitan nel. A alta cantidade de sal que contén, así como a súa alta temperatura fano inhabitable para a maioría dos animais, salvo para os peixes Alcolapia alcalica, que se poden adaptar ás súas duras condicións, e para os flamencos que poden filtrar as súas augas.

FONTE: Xornal abc/ciencia

25 ANOS DO TELESCOPIO ESPACIAL HUBBLE

 

Un 24 de abril 1990 foi posto en órbita o telescopio espacial Hubble (HST), que orbita no exterior da atmosfera, en órbita circular arredor da Terra a 593 km sobre o nivel do mar, cun período orbital entre 96 e 97 min.

A NASA e a Axencia Espacial Europea (ESA), que colaborou con EUA nesta multimillonaria misión, celebraron a semana pasada os 25 anos de fascinantes descubrimentos do Hubble.

Unha das actividades foi o concurso Ode to Hubble, consistente en presentar nun vídeo curto relacionado co legado do telescopio, expresando como “Hubble” o que se convertirá nunha fonte de inspiración.

Dous vídeos con firma española acadaron o primeiro e segundo premio dete concurso: Bariónica, o vídeo presentado pola gaditana Desiré de Palacio levou o primeiro premio e o segundo premio foi para o Observatorio Astronómico da Universitat de València, co vídeo titulado Hubble’s Time Machine (A máquina do tiempo do Hubble).

Podedes velo naparte superior.

A CONTA ATRÁS DA SONDA MESSENGER

A CONTA ATRÁS DA SONDA MESSENGER

Recreación da sonda Messenger na órbita de Mercurio / University of Colorado Boulder

A sonda Messenger da NASA chegou a Mercurio en marzo de 2011 tras unha viaxe de sete anos e case 8.000 millóns de quilómetros, converténdose no primeiro artefacto humano en orbitar o planeta máis próximo ao Sol do noso sistema. Dende entón, os seus instrumentos realizaron detallados mapas da superficie deste mundo misterioso, estudaron a súa composición, o seu campo magnético e a súa case inexistente atmosfera, arrancando os segredos do planeta. Agora, chegoulle o seu final. A axencia espacial americana anunciou que a nave estrelarase contra a superficie de Mercurio o próximo xoves, día 30 a 12.000 quilómetros por hora tras esgotar o seu propulsor e cumprir a súa misión científica. A Messenger caerá no lado do planeta afastado da Terra, polo que os enxeñeiros non serán capaces de ver en tempo real a situación exacta do impacto.

Os operadores da misión na Johns Hopkins University Applied Physics Laboratory (APL) completaron a semana pasada a cuarta dunha serie de manobras de corrección de órbita deseñadas para atrasar o impacto da nave espacial contra a superficie de Mercurio. A última manobra realizouse o venres, día 24.

Aínda que Mercurio é un dos veciños planetarios máis próximos da Terra, o planeta era un misterio case absoulto antes da chegada da misión Messenger.

A primeira misión da nave cando alcanzou Mercurio foi orbitar o planeta e recoller datos durante un ano terrestre. O bo estado dos instrumentos, suficiente combustible e a aparición de novas preguntas serviron para deseñar dúas extensións da misión, ata completar case catro anos e varias primicias científicas.

Un achado clave proporcionou apoio convincente para a hipótese de que Mercurio alberga abundante auga conxelada e outros materiais volátiles nos seus cráteres polares permanentemente en sombra. Os datos indicaron que o xeo nas rexións polares de Mercurio sería de máis de dous quilómetros de espesor. Por primeira vez, os científicos comezaron a ver con claridade un capítulo na historia de como os planetas interiores, incluída a Terra, adquiren a auga e algúns dos compoñentes químicos básicos para a vida.

Unha capa escura que cobre a maior parte dos depósitos de xeo de auga apoia a teoría de que os compostos orgánicos, así como a auga, chegaron dende o exterior do sistema solar ata os planetas interiores e puideron dar lugar á síntese química prebiótica e, en consecuencia, á vida na Terra.

FONTE: Xornal abc/ciencia

ANIMAIS CON LINGUA AZUL

ANIMAIS CON LINGUA AZUL

Característica lingua azul do Tiliqua scincoides / Imaxe:upload.wikimedia.org

Existen algunhas especies animais cunha característica: lingua de cor azul, morada ou lavanda que os fan particularmente especiais. Entre eles encóntranse o lagarto lingua-azul, o can Chow Chow ou o oso negro. Pero, por que teñen as súas linguas esta cor azulada tan rechamante e irregular?

Lagarto de lingua azul: Para empezar a lingua nunha cor tan rechamante serve de protección contra os depredadores, como xa acontece con outras especies que usan as vivas cores para amedrentar os que buscan alimentarse destas criaturas. Os lagartos coa lingua azul, concretamente o escinco de lingua azul (Tiliqua scincoides) son moi comúns nas sabanas e rexións semidesérticas de Australia e o feito de que sobresaia tanto a súa lingua e a expoñan tanto ao exterior é porque teñen a capacidade de ulir a través delas.

Chow Chow: Descoñécese por que esta robusta raza de can orixinaria de China ten a lingua azulada ou mesmo púrpura ou negra pero o xene con esta tonalidade na lingua adoita ser dominante nesta raza e a súa cor depende tamén da coloración do pelo do can. Outra das razas de can que comparten este pintoresco trazo cos Chow Chow (que significa can león inchado) son os Shar Pei (ou Pel de area), tamén de orixe chinesa.

Oso negro: O Ursus americanus é o oso máis común de Norteamérica e cun tamaño entre os 100-130 cms de alto e os 140-200 cms de longo. A cor da súa pelaxe varía do negro ao branco, pasando marrón, canela ou louro. Estes osos son capaces de terse de pé e de andar sobre as súas patas traseiras. A pesar do seu tamaño poden chegar a correr ata 55 km/h. A súa media de vida é de 10 anos aínda que poden chegar a vivir ata os 30 anos.

FONTE: Revista Muy Intersante/Natureza

ILI PIKA: O PEQUENO MAMÍFERO CHINÉS

ILI PIKA: O PEQUENO MAMÍFERO CHINÉS

Este exemplar de Ili pika foi visto o pasado verán nas montañas chinesas de Tianshan / LI WEIDONG (NATIONAL GEOGRAPHIC)

O pequeno mamífero da imaxe con orelliñas redondas, cara de oso de peluche e mirada tenra chámase Ili pika e podería exintinguirse en calquera momento. Durante anos escondeuse nas montañas de Tianshan, ao noroeste de China, ata que en 1983 o científico Weidong Li atopouse cun exemplar por accidente. O ano pasado descubridor e descubrimento volvéronse ver outra vez por casualidade. O encontro foi breve, pero tras varios días de expedición xunto a outros expertos concluíron que só quedan uns 1.000 individuos desta especie, segundo recolle National Geographic.

A principios dos oitenta, o Goberno chinés enviou a Li, científico no Instituto de Ecoloxía e Xeografía de Xinjiang, ás montañas para que estudase os recursos naturais da zona. O investigador percorría a zona de Jilimalale cando viu unha pequena cabeza emerxer dunha das rochas. Ao achegarse foi incapaz de identificar ese pequeno animal, duns 20 centímetros. Atrapouno e levouno á Academia chinesa de Ciencias onde certificaron que se trataba dunha nova especie. Li viaxou en máis ocasións a esta rexión ata que en 1985 encontrou máis espécimes que remataron de confirmaron o descubrimento. Os Ili pika, tamén coñecidos como Ochotona iliensis, son pequenos mamíferos que viven en grandes elevacións montañosas (entre 2.800 e 4.100 metros de altura), alimentándose de herba. Pouco máis se sabe destes animais, dos que se avistaron só 29.

Nos noventa estimouse que a súa poboación estaba en torno aos 2.000 individuos, segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza. En 2008, esta mesma organización, incluíu estes animais na lista de perigo de extinción. Agora, tras a última viaxe de Li ás montañas, a estimación baixa aos 1.000 exemplares. O problema xa non é só o efecto do quentamento global - "Xa non viven nas zonas que adoitaban estar", apunta-, senón como explica o científico en CNN e National Geographic, "non" existe "un equipo de expertos estudando e protexendo a especie". O traballo deste defensor dos Ili Pika está financiado do seu peto e as doazóns ocasionais que recibe de institucións como World Wide Fund for Nature.

Á espera dos fondos, este animalillo conseguiu a atención dos medios. Dende que National Geographic publicara a imaxe do último Illi pika avistado por Li, xornalistas e internautas interesáronse por coñecer a súa historia. Ademais dos detalles científicos, novas teorías empezan a alongar a súa lenda. Algúns cren que se trata do inspirador do personaxe de Pikachu en Pokemon.

FONTE: Xornal El País/verne

UNHA NOVA ILLA NO PACÍFICO SUR

UNHA NOVA ILLA NO PACÍFICO SUR

Ao atlas do mundo saíulle unha penca. Concretamente, a nova terra emerxida está situada a 45 quilómetros de Nuku’alofa, a capital de Tonga, país insular da Polinesia.

Trátase dunha illa (ou por ser máis precisos, un illote) de medio quilómetro de lonxitude que se formou a consecuencia da erupción do Hunga-Tonga, activo dende o mes de decembro.

O violento espertar deste volcán submarino creou a illa número 176 do arquipélago, como proclamou oficialmente o ministro de Terras de Tonga. De momento, non é recomendable ir a visitala, xa que a actividade volcánica continúa (cae chuvia ácida nun radio de dez quilómetros) e a nova mancha no mapa, feita de magma fragmentado, é inestable.

FONTE: Revista Muy Interesante/Natureza

MAÑÁ HAI UNHA ECLIPSE DE SOL

MAÑÁ HAI UNHA ECLIPSE DE SOL

Mañá, venres 20, poderemos apreciar como se escurece o día, debido ao paso da Lúa diante do Sol, nun fenómeno coñecido como eclipse de Sol. En Europa e en concreto no noso país será de forma parcial.

Datos da eclipse:

Horario e duración da eclipse (A Guarda)

Inicio da eclipse: 9h 3min 51s

Máximo da eclipse: 10h 6min 31s

Fin da eclipse: 11h 14min 39s

Duración da eclipse: 2h 11min

Características da eclipse parcial no máximo local:

Magnitude: 0,782

Oscurecemento: 73,4 %

Altura sobre o horizonte: 25,6º

Razón do diámetros entre a Lúa e o Sol: 1,046

Distancia entre os centros da Lúa e o  Sol: 7,77´

Precacións:

Non se debe mirar directamente ao Sol a non ser que dispoñas de filtros especiais homologados para tal efecto, nunca caseiros. Xamais debes utilizar radiografías, cristais de soldadura ou similares. Sen a protección axeitada, aínda que non se sintan molestias, a retina absorbe unha grande cantidade de enerxía infravermella e ultravioleta podendo sufrir graves lesións nos ollos, como cegueiras temporais e mesmo definitivas. Non é para tomalo por a broma. Mesmo con protección é aconsellable mirar ao Sol por períodos curtos, nunca de forma continuada e con descansos entre medio.

Hai unha solución para evitar riscos, seguilo por medio da internet en directo premedo AQUÍ.

FONTE: Datos do Instituo Xeográfico Nacional