Blogia
vgomez

A NAVE PROGRESS-59 CAERÁ Á TERRA PROBABLEMENTE HOXE

A NAVE PROGRESS-59 CAERÁ Á TERRA PROBABLEMENTE HOXE

Unha nave de carga da serie Progress atracando na Estación Espacial Internacional / NASA

A nave rusa Progress 59, descontrolada no espazo dende o seu lanzamento falido o pasado 28 de abril, caerá á Terra hoxe, venres, aínda que os expertos definen aínda unha forquita ampla en canto á hora. Segundo o cálculo máis recente da web especialista en seguimento de obxectos espaciais Satflare.com, o artefacto non tripulado caerá ás 8.10 (hora peninsular española), cunha marxe de seis horas máis e seis horas menos. A axencia espacial rusa Roscosmos estimara o mércores pasado unha ventá temporal de 21 horas en torno ás 10.39 (hora peninsular). En calquera caso, sobre o momento da caída e, polo tanto, o lugar exacto, inflúen as condicións atmosféricas e solares.

O cargueiro espacial leva case tres toneladas de subministracións que ían dirixidas á Estación Espacial Internacional (ISS). O fallo na operación de lanzamento, probablemente debido a un problema na separación da terceira etapa do foguete Soyuz que o puxo en órbita, pero aínda sen confirmar polos expertos, impediu o despregamento correcto de varias antenas da nave, o que imposibilitou tanto a aproximación automática á ISS para engancharse alí como a debida comunicación co centro de control en Terra.

Horas despois do contratempo a nave, estaba indebidamente en rotación sobre si mesma (cumprindo un xiro completo cada cinco segundos) e, tras múltiples intentos dos expertos rusos para recobrar o control da nave, deuse por perdida. Os expertos en seguimento de artefactos e fragmentos espaciais identificaron ata 40 anacos de material (da propia nave e da última etapa do foguete) arredor do cargueiro.

Na reentrada na atmosfera terrestre, a Progress-59 queimarase, pero non se descarta que non se destrúan algunhas pezas, como o sistema de enganche á ISS. A franxa terrestre de caída está comprendido entre os 52 graos de latitude Norte e os 52 Sur. De calquera forma, os expertos afirman que o risco que pode supoñer para persoas 1 entre 10.000) é moi baixo xa que o máis probable é que se algún anaco da Progress-59 chega á superficie terrestre sexa sobre o mar ou nalgún territorio deshabitado.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios